O Consello da Cultura Galega presenta esta nova edición de A muller do porvir, de dona Concepción Arenal Ponte, con ocasión da conmemoración do segundo centenario do seu nacemento (Ferrol, 31 de xaneiro de 1820). Trátase non só dunha obra de alto valor intrínseco e importancia histórica incuestionable, de coñecemento necesario para comprender e facer xustiza ao pensamento e labor de Concepción Arenal no seu tempo, senón tamén dunha obra plenamente vixente que contribúe a desmontar ese discurso contraditorio, nas leis e nos costumes, que privou e priva as mulleres de viviren en plenitude, desenvolvendo as súas capacidades, aspiracións e responsabilidades en condicións de igualdade coa outra metade da humanidade.
A publicación ten un valor engadido, porque reúne a crónica das Conferencias dominicales celebradas na Universidade de Madrid para a educación das mulleres —«un traballo de preparación indispensable e como o labor que se fai antes de botar o gran», di ela— e as Cartas aos delincuentes, destinadas a instruír acerca das nocións máis básicas que fundamentan o dereito, en especial o dereito penal.
Título muller do porvir, A
Autoría Concepción Arenal Ponte
Limiar María Dolores Ramos
Obxecto de estudo Concepción Arenal Ponte
Presentación Rosario Álvarez
Tradución María Alonso Seisdedos
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª edición
Descrición física 207 p; 24 cm.
Notas Título orixinal:La mujer del porvenir por Doña Concepción Arenal. Artículos sobre las conferencias dominicales para la educación de la mujer, celebradas en el Paraninfo de la Universidad de Madrid. Sevilla, Eduardo Perié; Madrid, Félix Perié, 1869.-- Imaxe da cuberta do libro de Francisco Mañach Couceiro (1907): Concepción Arenal. La mujer más grande del siglo XIX, Bos Aires, s.n..--Este libro acabouse de imprimir o 8 de marzo de 2020, ano en que se celebra o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal.
ISBN 978-84-17802-12-7
Depósito Legal C 409-2020
Url externa Catálogo RBG
Colección Autores & textos
Materias
Código QR

Presentamos unha fermosa lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quere homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.