MAPAS
As linguas en Europa

1  2  3  4  5  6  >>

En Europa fálanse moitas máis linguas das que son consideradas oficiais. Neste mapa, que non pretende ser exhaustivo senón servir de mostra de que a realidade das linguas é moito máis complexa do que puidera parecer a simple vista, podemos contar máis de 40 variedades distintas. En total, calcúlase que no vello continente, fálanse máis de 80 linguas, pero no mundo máis de 4.000! A protección da que gozan as linguas de Europa é moi distinta e a situación de cada unha das linguas minoritarias, diversa. Isto supón que linguas consideradas minoritarias, coma o catalán, teñan máis falantes que algunhas linguas oficiais, coma o danés, ou que haxa comunidades cunha literatura e unha educación obrigatoria na lingua propia e outras das que só se conservan uns poucos falantes.