500 anos de Asemblea de Melide
O 4 de decembro de 1520 representantes das principais casas nobiliarias de Galicia reuníronse en Melide para reclamar a El-Rei a recuperación do voto en Cortes para Galicia, a participación do reino nas novas oportunidades da era dos descubrimentos e a mellora das súas capacidades militares e defensivas co nomeamento dunha Capitanía Xeral. Foi un importante acto de afirmación política do Reino de Galicia, que reclamaba máis capacidade de autogoberno, de xestión e oportunidades para o futuro.500 anos despois, o Consello da Cultura Galega quere contribuír á difusión deste evento histórico coa publicación dun especial no que se analiza a relevancia do acontecemento, o seu contexto histórico e as súas consecuencias. O Concello de Melide e o Museo de Melide son os promotores das celebracións locais en homenaxe á data.
Descarga a ilustración.
Coordinación: Manuel Gago
Ilustración: Alberto Taracido
1. Unha voz decidida na metade do Reino
Coñece nesta reportaxe de culturagalega.gal as claves desta xuntanza na que se demandou á Coroa maior poder e capacidade de xestión para Galicia
Consulta a reportaxe

2. A Xunta de Melide: o contexto e os feitos
Pegerto Saavedra, catedrático da Universidade de Santiago, explica o contexto histórico e as claves da xuntanza.
Consulta o artigo

3. A nobreza galega entre o século XV e o XVI
Antonio Presedo Garazo, da Universidade de Vigo, explícanos quen son os aristócratas que participan na xunta.
Consulta o artigo

4. As outras demandas dos poderosos: A Casa da Especiaría da Coruña
Ofelia Rey Castelao, da Universidade de Santiago de Compostela, repasa a historia dunha das consecuencias da Asemblea: a organización de expedicións navais na procura das Molucas desde Galicia.
Consulta o artigo

5. As decisións dunha ilustración
Coñece a documentación e o proceso de concepción da ilustración de Alberto Taracido que recrea a Asemblea de Melide.
Accede ao vídeo
