Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego.

O contido desta páxina require unha versión máis recente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player


Premio Mestre Mateo 2010
     
  • Vídeos
  • Textos

Orgullo dos nos@s

Falar galego:
Onde, Cando e Por que

ENDL-1º, 2º, 4º Primaria
CEIP San Clemente


Falo galego
Co galego a todas partes

Vídeo feito por 3ºA
CEIP de Aguiño


Orgullos@s do noso

IES Pedras Rubias
Salceda de Caselas (Pontevedra).


Orgullos@s do galego

ENDL do IES Pintor Colmeiro
Silleda (Pontevedra).


Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Alumnado do 1º Ciclo.
IES A Paralaia de Moaña.


Orgullosas e orgullosos do galego

Lidia, Belén e Uxía están orgullosas do galego.
ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.


A hortiña

Pais, nais e nen@s comentan o seu achegamento á lingua galega.
Ana Mª Pérez Rico


Galegando

Alumnado do
IES Pintor Colmeiro-Silleda


Orgullosa da miña lingua

Patricia Neira
IES Félix Muriel de Rianxo


A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego
Grupo 3ºD
CPI Vicente Otero Valcárcel


 


Orgullos@s do galego

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.


Enviar a amig@s a ligazón Gústame (399 persoas)

 

En galego, proba e verás

Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.

Enviar a amig@s a ligazón Gústame (259 persoas)


Aíd
Cantante
      
Descargar

Fermín Bouza
Sociólogo
 

Ramón Chao
Xornalista

Xosé Chao
Teólogo

Rafa Cuíña

Empresario

Ánxeles Cuña
Dramaturga

Kiko Da Silva
Debuxante

Suso De Toro
Escritor
 

Manuel Dios
Presidente Ed.para a Paz

Xoán Docampo
Xornalista
 

Xosé Antón Fraga
Dir. Casa das Ciencias
 
 

Xulio Fernández
Profesor Enxeñaría de Telecomunicacións
 

Xosé Larrosa
Xadrecista
 

Xurxo Lobato
Fotógrafo

Alexo López
Médico


Pedro Nimo
Deportista

Javi Olleros
Cociñeiro

Mercedes Peón
Cantante
 

Xavier Queipo
Científico

Anxo Queiruga
Presidente COGAMI

   

José Manuel Vez
Catedrático de Universidade
 


Orgullo dos nos@s


  Iolanda Teijeiro Rey - Pedagoga
O galego é a raigame e a semente. O sucalco da terra e a lentura. O cerne que nos ergue e nos axunta nesta Terra sen patria, na tenrura.
A fala ecoa en nós dende os antergos, batendo o noso sangue polas veas dun mar enxebre Atlante que nos leva aos soños que nalgures serán certos.
Falar galego é de lei para os ben nacidos. É amar o que nos compre. Acaroar aos fillos ata que sexan homes!
Falar o que falamos dende que somos nados. Delongar a espranza de alentar o berce.
Falar coa voz dos mortos, emprestada, a cada saiva nova, abrir a ollada rexa dos nosos devanceiros, eternamente vivos!
  Pedro Alberto Padín Solla - Mestre
Orgulloso é unha expresión plena da que un síntese cheo e ledo de sentir e falar nesta lingua, pero nós imos máis alá moito pero que moito máis, é máis que unha satisfación e moito máis que unha ledicia, e poder ter a honra de pertecer a esta Terra a este País que dende séculos escuros e profundos coma longas noites de inverno segue a sufrir a tiranía. Tristura aquela que invade os corpos de almas en pena que se avergoñan da nosa lingua.
  ENDL do IES Ponte das Moas da Coruña - - IES Ponte das Moas da Coruña

  EDNL do CPI Dr. Daniel Monje - - CPI Dr. Daniel Monje - Navia de Suarna

Unha Historia para un Futuro Libro que recolle máis de 1800 fotos antigas de Navia de Suarna
  Inés - 4º ESO - IES Alexandre Bóveda (Clube de Lectura)
"Impresionante". Esta foi a primeira palabra que chegou á miña mente cando me atopei rodeada desa natureza verde e intimidante da que gozamos na viaxe ao Courel. Foi incrible ler os versos de Novoneyra ante a terra que os inspirou. Unha viaxe inesquecible e moi amena que espero repetir nalgún momento da miña vida.

Por certo... creo que é importante dicir que este ambiente da Galicia profunda espertou nos corazóns de certos alumnos de 4º (nos que me inclúo) a iniciativa de falar galego. Dende ese día, un grupiño que vai en aumento estamos falando en galego entre nós sempre que podemos, coa intención de rexurdir o uso da nosa lingua na mocidade e converternos nun exemplo a seguir.

Saúdos

http://biblioboveda.blogspot.com/2010/05/viaxe-ao-courel-lembrando-novoneyra.html

PD: grazas a Inés e a Benigno, o coordinador do Clube de Lectura do IES Alexandre Bóveda de Vigo, por deixarnos colgar estas palabras de Inés e porque, efectivamente, estades facendo algo moi ben.
  Eloi - trato de ensinar algo a quen se deixe
Cando algúns falan de liberdade de idioma e de imposición do galego, dáme por lembrar una canción de Cucharada, grupo rockeiro madrileño dos 70.Nesa canción fálase da "liberdade" durante a etapa da transición, "libertad para mirar los escaparates, libertad para eludir al fastidioso mendigo..."

Hummm, ¿non representará para algúns o idioma galego ese "fastidioso mendigo" ao queren eludir?
  Xosé Ramón Farinós López - Profesor

  CEIP de Aguiño - - CEIP de Aguiño

  Nela Abella - mestra
Falemos coma galeg@s!!!
  Anisia Fernández Monjardín - Mestra
Lingua galega, fermosa e feiticeira.
Lingua galega, revoar de bolboretas.
Lingua galega, rechouchío de paxaros na primavera.
lingua galega, a loita dos galegos e galegas,
do pobo que te sente, e que sementa
na conciencia dos seus fillos e as súas fillas
as palabras desta lingua feiticeira.
Lingua galega, o teu futuro está en nós,
que por atrancos no camiño que nos poñan
sementaremos, regaremos e florecerás
a pesares deles todos, LINGUA GALEGA.
  IES Marco Camballon-Vila de Cruces

  BRUNO CENTELLES GARCIA - MESTRE (Orgulloso de ser galego. Orgulloso do galego)
Nigrán (Pontevedra, Galicia, España, Europa…) a 9 de febreiro de 2009.
(Xusto despois da manifestación de "Galicia bilingüe"

BILINGÜISMO e LIBERDADE nun país “NORMALâ€

Bilingüismo?... Liberdade?... No título aparecen con maiúscula e en negriña… Comezo esta carta en minúscula e, por suposto, sen negriña. Mesmo cun tamaño de letra máis pequeniño… coma se fose inferior!
É esta, probablemente, unha boa maneira de ilustrar dúas -entre outras moitas- maneiras de entender a realidade lingüística do noso país. Pretendo expoñer a miña modesta -e tal vez molesta- opinión desde a miña condición de técnico e cidadán.
Nacín en Lugo (Galicia, España, Europa…) en marzo de 1962. Levo cáseque 47 anos como galego e máis da metade deles adicado á miña profesión de funcionario da Xunta de Galicia como mestre de ensino primario especialista en linguas. Son, ademais, licenciado en filoloxía románica.
A miña muller tamén é mestra e hai máis de vinte anos que pretendemos ser BILINGÜES -así, con maiúsculas e negriña-. Ambos os dous fomos educados en perfecto castelán e as nosas respectivas familias son fundamentalmente castelanfalantes.
O feito de ser BILINGÜES implica, necesariamente, a capacidade das persoas para comunicarse (emitir e recibir mensaxes) de modo LIBRE, espontáneo, eficaz, NORMALIZADO e NORMATIVIZADO en dous idiomas diferentes. No noso caso en galego e en castelán.
Quero deixar moi claro que me sinto moi orgulloso da miña familia, da miña educación e tamén da miña condición de español e castelanfalante. Exactamente o mesmo que da miña condición de galego e galegofalante. E non renuncio nin renunciarei nunca ao meu BILINGÜISMO. Non consentirei nunca que me impoñan unha das opcións en contra da outra.
Somos plenamente conscientes do enorme esforzo e traballo que nos custa manter cada día a nosa precaria condición de BILINGÜES nun país pretendidamente BILINGÜE. Principalmente porque non somos LIBRES para decidir, en condicións de igualdade, entre as dúas opcións lingüísticas que nos son propias: O galego por seren galegos e o castelán por seren, ademais, españois.
Ser galego e ser español non son, para min, condicións excluíntes. Eu non querería discutir iso. Pero se me vexo obrigado a elixir… Primeiro son galego e despois español! … e tamén europeo, e cidadán do mundo… e moitas máis cousas!
Quixemos aforrar parte deste traballo á nosa filla primeiro e ao noso fillo tres anos máis tarde. Nos seus primeiros aniños falaban coa naturalidade da súa inocencia infantil de cousas exóticas coma “nenoâ€, “nenaâ€, “vermelloâ€, “amareloâ€, “teitoâ€, “cabaloâ€, “canâ€, “crocodilo†(Ai o crocodilo! Canto deu que falar o bo do crocodilo!).
Pero foron chegando para eles os tempos da interacción con outros galegos e galegas que viven tamén neste pais pretendidamente BILINGÜE. Chegaron os tempos da gardería e da escola co seu papel socializador (e aínda menos mal que no seu colexio público traballan moito e ben a prol da normalización lingüística do galego)…
A miña filla e o meu fillo, nacidos en Galicia, vivindo en Galicia, non son BILINGÜES en galego e castelán. Non son realmente LIBRES para escoller xogos, xoguetes, lecturas, publicacións infantís, televisión, cine…
A miña opinión é moi clara: As persoas galegas, nacidas e residentes en Galicia, non gozamos nin das condicións individuais nin das ambientais que nos permitirían manexarnos como BILINGÜES. Non gozamos, en xeral, da formación académica nin do coñecemento necesarios para escoller libremente o noso idioma nin temos tampouco as condicións sociais e ambientais que nos permitan decidir en LIBERDADE.
É necesario manter as posicións. No noso país BILINGÜE non é NORMAL ler prensa, escoitar radio, ver televisión, ir ao cine, xogar, escoitar música, facer a compra, ir ao banco, ao notario, ao centro de saúde, ver letreiros, publicidade… na lingua propia do noso pais.
Nesta situación de evidente desequilibrio e desavantaxe da lingua galega con respecto a lingua castelá e tendo en conta o noso obxectivo de acadar unha sociedade moderna, culta e BILINGÜE o NORMAL sería unha DISCRIMINACIÓN POSITIVA que prestase unha ATENCIÓN PREFERENTE a opción máis debilitada considerando, ademais, a excelente saúde da máis forte.
Levamos en Galicia moitos anos de Lei de Normalización Lingüística da lingua galega. Aquel marco legal naceu da constatación clara de que, naquel momento, en Galicia o galego non era unha lingua “NORMALâ€.
A aplicación daquela Lei de Normalización está moi lonxe de ser “normalâ€.
O “NORMAL†sería cumprir -e facer cumprir- a Lei. Digo eu.
Pode hoxe algún galego ou galega, logo dunha mínima reflexión, pensar que o galego é en Galicia unha lingua NORMAL?
O obxectivo fundamental de acadar unha sociedade na que as persoas empregasen con NORMALIDADE a lingua galega non está conseguido.
E aínda está moi lonxe. Probablemente cada vez máis lonxe!
A conclusión é moi clara: Non abonda. Precisamos máis. Máis medidas, máis axudas, máis atención, máis concienciación… MÃIS LIBERDADE!
Moitas tivemos que pasar para chegar, en 2003, a un ACORDO NORMATIVO DE CONSENSO que nos ofrecese unha referencia clara á hora de resolver as nosas constantes dúbidas lingüísticas e ortográficas pero… en cantos organismos públicos ou privados, en cantas empresas, en cantos comercios ou centros comerciais, en cantas notarías, en cantas entidades bancarias, en cantas redaccións informativas, en cantas garderías, escolas, institutos, centros universitarios… EN CANTOS DOMICILIOS FAMILIARES é posible manexar con NORMALIDADE un dicionario galego (ou galego-castelán) posterior ao 2003?

En cantos destes lugares se sabe da existencia do tal ACORDO NORMATIVO de 2003?
Cantos galegos e galegas teñen acceso inmediato a estes textos normativos?
Fagámonos estas preguntas pensando no castelán. As respostas serán ben diferentes. Seguro!
Hai, de verdade, alguén que opine -logo dunha mínima reflexión- que o castelán, como opción lingüística real, NORMALIZADA, NORMATIVIZADA e LIBRE está en perigo Galicia ou en calquera outro punto do estado español?
Neste escenario aparecen movementos como “Galicia bilingüe†que levan adiante campañas e convocan manifestacións coma a de onte en Santiago defendendo e mantendo, por dicilo suavemente, posicións claramente equivocadas.
Ser BILINGÜE non é escribir pancartas, panfletos, manifestos e autocolantes en dous idiomas! Iso é ser “bilingüe en minúsculaâ€.
Ser BILINGÜE é algo máis!... Moito máis!. SER BILINGÜE é SER LIBRE!
Arrepía ver como no minoritario grupo de manifestantes de “Galicia bilingüe†aquel home, paraugas en man e completamente fóra de si, reclamaba insistentemente “liberdade, liberdade, liberdade…†enfrontándose ao outro minoritario grupo que berraba consignas coma “españois e fascistas†e amosaba os seus cartaces amarelos portando a lenda “EN GALIZA, SÓ EM GALEGOâ€.
Minoritarios uns, minoritarios os outros, MINORITARIOS TODOS XUNTOS! A maioría do país non está en ningún deses dous grupos.
Realmente penoso e lamentable!
É realmente penoso e lamentable ver como hai galegos e galegas que renuncian voluntariamente á súa LIBERDADE conformándose coa súa “liberdade†(así, pequeniña, con minúsculas… acomplexada, cutre…). Persoas que, consciente ou inconscientemente son enganadas e manipuladas con argumentos demagóxicos e malintencionados como os que manexan, entre outros, persoas coma Rosa Díez!
As galiñas da casa dos meus pais tamén son “libres†para deambular ao seu aire por toda a finca, son libres para escoller entre varias opcións á hora de comer. Poden beber (ou non) en diferentes lugares, son libres de entrar e sair dos seus cortellos, e de poñer os seus ovos onde mellor lles parece (ou non poñelos)… sen chegar nunca a decatarse de que, en realidade, NON SON LIBRES!
PENSÃDEO!
UN PAÃS QUE PENSA É UN PAÃS LIBRE!
UN PAÃS BILINGÜE É UN PAÃS LIBRE!
Moitas grazas polo voso tempo.
Bruno Centelles García.
  Mónica Muñoz Sobrino - Mestra
Eu estou orgullosa de atopar no camiño da miña vida compañeiros e compañeiras que me teñen aprendido a valorar a cultura dos meus devanceiros, E estou orgullosa dos meus alumnos e alumnas da Illa de Arousa, que me deron a oportunidade de aprender a expresarme e a pensar en galego. Espero poder sentirme orgullosa, a miña vez, de saber transmitir esta valiosa herencia.
  Manuel Pereira Valcárcel - Mestre
Estaba antes ca nós.
E se nós estamos con el.
Seguirá estando despois ca nós.
  Lois García Carballido
Estou orgulloso do idioma dos meus pais de Vilalba, dos meus avós de Xermade, dos meus bisavós chairegos, e do meu fillo de Ponteceso.
  Miguel Roma
"Se somos o que somos, é por obra e gracia da nosa Lingua", non fai falla dicir máis, xa o sabía ben Castelao, e tantos outros e outras que pasaron a súa vida dignificando unha lingua... que hai que lembrarlle a tantos "desinformados" que hai por aí que hai uns cantos séculos foi a lingua de prestixio e cultura, que logo foi tapada, silenciada, marxinada e prohibida(xa se ve que o Castelán está en perigo...).

Estou orgulloso de que meus pais e meus avós me alimentaran co noso Idioma. A vida é diversidade, as Linguas liberdade... e a liberdade sempre hai que defendela.
  Iria Barreiro
Orgullosos de todo, a lingua, a xente, os paisaxes, o marisco, as praias, o mar, o verde dos campos, as nosas casas rurais, Ferrol, Santiago, Ourense, Vigo, A Coruña, os pequenos pobos escondidos, as dunas de Corrubedo, a praia de Ponzos, Cobas, San Xurxo, en fin, de todo, de responder sempre cunha pregunta, da retranca... que temos, do noso acento cantarín, dese "boas noites", dos biquiños, etc. Vivamos como galegos.

Boas Noites Galiciaaaaaaaaaaaaaaaa
  Xaínza Bóveda Pacheco
No colo de miña nai escoitei todos os nomes e recibín todos os agarimos, sempre en galego; igual que o meu pai. Que ninguén nos roube o que nos é máis propio.
  Verónica Martínez Pedreira (2)
A miña filla Henar, que agora ten seis anos, comezou o cole en Galiza en galego, pero logo tivemos que que ir viver a Salamanca. Comezou a ler na casa, con catro anos e cun libro en galego que pertencía ao seu irmán: "Leo con bubela". Foi a primeira da clase en aprender a ler e a escreber. Hoxe Henar le perfectamente en galego e en castelán. A mestra di que é unha nena alegre e esperta que escribe todo o que pensa e, o máis importante, que emprega un vocabulario moi amplo para comunicarse.

Os meus pequerrechos son nenos orgullosos de ser galegos, de falar galego, de soñar galego, de querer galego, de viver en galego.

Bicos e apertas para todos.
  Verónica Martínez Pedreira
O meu fillo Daniel estudou as matemáticas en galego e sempre sacaba 9 e 10. A día de hoxe vivimos en Salamanca, as matemáticas son en castelán e segue a sacar 9 e 10. Os profesores do cole felicitárono polo alto nivel que tiña en tódalas asignaturas. Daniel, en Galiza, daba todas as asignaturas en galego menos a lingua castelá. Daniel ten 10 anos e bota de menos o galego. E dálle cen mil voltas a calquera neno de Salamanca no que a coñecementos se refire.

Orgullosos do noso, orgullosos de ser galegos
  Sara
Moitas veces cousas tan doadas como poder expresar o ORGULLO de ter unha lingua propia, se fan as máis difíciles cando te atopas coa xente que che pon impedimentos e intentan matar en ti ese sentimento. Aínda así, hai que seguir loitando por algo que é noso e non nos poden quitar.
  María Gontá
Grazas a xente do pobo humilde, que durante séculos mantivo viva a nosa lingua, a pesares do menosprezo e da imposión de outros. Grazas a eles, as nosas árbores seguen a ser o carballo, o castiñeiro, o abineiro.. os nosos paxaros segen a chamarse: rula, pega, peto, anduriña, os nosos animais son o can, raposo, teixo, comemos coa culler, o garfo e o coitelo, seguimos a ter morriña, carraxe, ledicia, tiberonme no colo, curaronme os xeonllos, bicaronme e deronme apertas. Porque a nosa lingua e moi digna e fermosa e merece do meu respeto e cariño por sempre, espero que un día os meus fillos deixen de ser "monolingües" e falen tamén en galego. Grazas os meus pais, os meus veciños, que me ensinaron a falar galego e sentirme orgullosa da nosa lingua, da lingua de Rosalia, de Castelao, de Cabanillas, de Otero Pedrayo, do querido Manuel María..... Poque hoxe, miña nai cos seus 80 anos cumpridos dixome, "o que eu non entendo e que haxa galegos que non queiran o GALEGO"... eu tampouco o entendo mamá.
  Coordinadora de ENDL do Barbanza

http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php?cod=85614
  Unha profesora de lingua - profesora de ensino secundario
A miña historia co galego comeza en 1975, con quince anos. Estudaba na Coruña nun colexio de monxas onde tiña un profesor de filosofía que nos propuxo darnos clases voluntarias de galego, os sábados. Comprei o libro galego 1, e a primeira palabra que aprendín foi “patrucioâ€. Chamábase Ricardo. A profesora de literatura mandounos facer un traballo e escollín a Castelao. Para preparar o traballo comprei un libro de Akal, pequeniño, vermello, que me custou 60 pesetas.
Máis tarde, en xullo do 77, recén chegada a Santiago, tomando un café cun amigo no Derby, vin por primeira vez a Ferrín, que viña encabezando unha manifestación. Intimidoume a súa enerxía e pregunteille ao meu amigo, compostelán e algo máis vello ca min, que quen era aquel tipo: é Ferrín, díxome. Eran tempos de loita e esperanza.
Despois lin os seus libros: Retorno a Tagen Ata, Con Pólvora e Magnolias (na edición de Rompente, coas páxinas de papel de embalaxe), O crepúsculo e as formigas, Elipsis e outras sombras, con Elipsis fotocopiado, porque non o incluía a edición, e moito despois Estirpe, que incluso me caeu na oposición.
Ultimamente veñen estes recordos a min, e retumban na miña cabeza algúns dos versos do colofón de Estirpe: Dille berce ao inimigo, e veralo esmaciar…Os beizos, as várceas, a saudade. Non esquenzas as verbas estirpe que son morte pró estranxeiro opresor, elas nos lavan. Sempre dirás:URCES. Repite: os carballos.
Só podemos defendernos coas nosas palabras do intento deste goberno indigno de facernos desaparecer. Sempre dirás, repite.

  O profesor de matemáticas - Profesor de matemáticas
Eu falaba e escribía en castelán, sempre o fixera ata aquel luns.
Era o ano 1981, eu cursaba 1º de BUP e por primeira bvez, despois de oito anos de escolarización íntegramente en castelán tiña un profesor que impartía as clases en galego. Era Ricardo, o profesor de matemáticas. Efectivamente, agás esta materia e a de lingua galega todas as demais continuaban a ser en castelán.
Lémbroo con perfecta claridade, sucedeu unha mañán de principios da semana, unha mañán de chuvia e frío. Na aula de 1ºB, ateigada con 40 alumnos, durante a clase de matemáticas entra un señor vestido con traxe e luvas. Eu nunca vira antes un home con luvas. Era o inspector, mantivo unha breve einaudible conversa co profesor. Tan pronto marcha, Ricardo respira aliviado e confesa:
- Menos mal que non había nada escrito no encerado.
- E logo? ,-preguntámoslle
- Este xa lle abriu expediente a máis dun profesor por dar as clases en galego.
Eran os tempos do decreto de bilingüismo que impoñía tantas trabas ao uso do galego no ensino que, na práctica, era imposible que se impartisen aulas en galego sen incumprilo, como sucedía con Ricardo, o meu profesor de matemáticas.
Non o sabía aínda, pero eu ese día acaba de recibir a máis importante lección de sociolingüística da miña vida pois a partir desta escena decidín dúas cousas. Unha, que a partir daquel momento desenvolvería a miña vida en galego, e así o fixen. A segunda, que eu tamén sería profesor de matemáticas, non porque as matemáticas sexan unha ceincia especialmente interesante (en confianza, son bastante pesadas e só uns poucos disfrutamos algo delas), senón por amor ao galego.
Agora eu son o profesor de matemáticas e sei que co meu exemplo é posible que algún alumno meu comprenda o mesmo que eu comencei a entender hai 30 anos.
  Laura Lizancos - Fotógrafa
Un rapaciño, recén chegado a Londres, é escolarizado nun centro público da rede do Ministerio de Educación no exterior. Alí percátase do fraude: 4 horas semanais durante 10 anos da súa vida aprendendo inglés nunha escola galega só dan como resultado frustración: non entende nada, incompetente na lingua inglesa mesmo para os requerimentos básicos. No colexio de Portobello atopa fillos e netos de españois –a maioría galegos. Tamén a moitos alumnos ingleses que proxectan o futuro en España (entre outros, fillos de famosos futbolistas, seres “de intelixencia superior†que aprenden axiña a usar a lingua que lles dá de comer, sexa galego ou chinés). Saben en qué falaban todos no patio do recreo? En galego! (xa ve, señora. Aguirre, o que para vostede é folklore para moitos é unión e identidade).

De volta na Coruña, o neno repara que a lingua galega é tratada coma estranxeira, relegada ao apartheid máis pacato: galego na aldea e castelán para os da cidade. O porqué freudiano ven dende o século XIII, cando o reino de Castilla dominara aos sumisos galegos. Aínda así, mesmo en tempo franquista, en 1967, só o 13% dos nacidos en Galicia eran monolingües en castelán, pero foron os galego parlantes quen aprenderon a ser bilingües, non os “superiores†casteláns. Así foi como a lingua propia da terra –e non minoritaria– foi minorizada. Así ata que o Consello de Europa reclama ás institucións galegas que garantan os procedementos administrativos e xudiciais na lingua do país: “estraño dereito “de quen decide vivir na lingua do territorio que pisa. Por certo, ¿falará Amancio Ortega galego tras décadas amasando aquí a súa fortuna? Ignoro por que a mesma empresa que valora a fala do francés na Francia e considera un plus nos empregados o coñecemento do catalán en Cataluña, coarta a posibilidade de relacionarse cos clientes en galego. Será porque mesmo a Wikipedia continúa estereotipando aos galegos como tontos, brutos e pechados de mente?

A lingua non é posesión dos que choven “galeguismo á medida†e están a mexar por nós, nin dos que nin valentía teñen para denominar abertamente á súa Galicia segregacionista e monolingüe. Os mesmos que tentan meter mán –“ou pataâ€â€“ na educación, elexindo o curriculum dos fillos. Iso permitiría, nun reducionismos básico, poder decidir que non lles ensinen a dividir –non están os tempos para quebrados– nin lles aprendan a xeografía mundial, xa a buscarán por internet cando toque ir de vacacións. Temos moitas autopistas da información, pero con buratos no camiño, no compromiso responsable coa educación. Tal vez, presidente, o seu correlixionario Sarkozy pode explicarlle o que propuxo nas aulas: recitar o himno patrio para fomentar a identidade. Máis teña presente o que di o noso: “Os bos e xenerosos, a nosa voz entenden, e con arroubo atenden, o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, nonâ€â€¦

Para rematar, propóñolles un “test†coa foto: nela, uns nenos contan confidencias ao oído. Pechen os ollos. Instálense nas emocións que lles traían pracer. Sintan, como cunha caracola na orella, a lingua coa que ríamos de pequenos. Agora, anote un calificativo para as seguintes “frases da semanaâ€: 1) Rosa Díez e o termo de galego como insulto; 2) o “Pepiño†amolante do chaqueteiro Paquet Camps; 3) o xenio do presidente Feijóo “malversando†a Castelao; 4) o traicioneiro “desván dos monxes†do “docto conselleiro†da cultura galega. Agora revise a lingua que usou para anotalas. Pode ser útil para percatarnos da nosa relación coa fala dos avós e, sobre todo, coa que lle imos deixar aos nosos netos, se é que perdura ata entón.

http://www.xornal.com/opinions/2010/03/17/Opinion/paquete-feijoo-fala-no-desvan/2010031716443000406.html

  Marita
As nosas carnes, as nosas verduras, os nosos peixes, mariscos..
Os nosos rios, regatos, os nosos montes..., as nosas primaveras con tan diversa vexetación,verdes distintos,flores silvestres...Pensamos alguha vez a de cantidade de flores silvestres que temos na nosa Galiza? que outros teñen unhas cuantas en fan delas un monumento, e nos?
Eu estou moi contenta e moi orgullosa de todo, absolutamente todo o que temos e de pertecer a esta terra. Viva Galiza!
  Pepa
Ãnimo e adiante, entre todos seremos capaces, pois como diciamos hai anos:
" Non, non, non nos moverán,
Non, non, non nos moverán,
como unha árbore firme xunto ó río,
Non, non, non nos moverán".
Somos moitos os que queremos galego.
  Xabi Trece Trece
RAP en galego, é dicícil escoitalo, é difícil entendelo, non o fago por diñeiro, é difícil comprendelo?, velo coma raro pero é máis que sinxelo, rapeo no idioma no que falaba de pequeno, soa a paleto? paleto é o que pensa en branco e negro e eu pénsoche en 3D neno, velo? teño tanto cerebro coma o teu rapeiro de portada de revista de canteo. De neno escoitaba ó meu abuelo e agora escoito a miña conciencia e dime que son galego, non hai máis, é sinceiro, carne e tempo, choiva e vento, sentimento natural coma os grelos. Era raro, eu falo de conservalo e ti disme que trato de impoñelo... eres lelo?... ou falo?, en calqera caso, non é certo, tratamos de protexelo, só señor Feijóo, deixe de fodelo..

non é de Cali nin Madrid,
non é gangsta nin bling bling
e dun galego coma min,
para un galego coma ti,

Non hai moito ke dicir
pero hai maneiras de o facer
eu fágoo así,
en galego ti

Mira, mira, escoita, moita rima minte, moita rima é fácil, a miña rima é áxil, a miña rima mastica mc´s con bocas maxi e mentes mini, lírica xl nene. Leo e estudo sen esperar exámen, mero instinto intelectual, nada rentable,
galego é cen por cen grátis, é de balde, falalo é conservalo, historia viva e vale máis ke ouro.
Cada língua é un tesouro, a vida tradúcese en códigos e os códigos en formas de vida, contra a uniformidade mental acrítica a diversidade será a única saída, por iso insisto, vivo en galego por principios, por respecto, por cultura, por estilo, cen por cen fashionable coma Rei Zentolo, Galiza é calidade en tódolos sentidos...
  Marcelino Fernández Mallo - Economista
non estou seguro se vos valerá o texto, poema doente e rabioso, que acabo de publicar no meu blogue http://atrenza.blogaliza.org

Quitade as vosas sucias mans da miña lingua
Metédeas no cu
ou facede con elas un vurullo.
Cortádeas e tirádeas ó vertedoiro
co resto de cargamento de prea.
Quitade as vosas mans e as vosas gorxas
Non a faledes
Non a invoquedes
Non a soñedes sequera
Non
a
toquedes.
Tocade os vosos membros corruptos
Sobádeos con saña
Ou facede con eles carne de canón.
Cortádeos e tirádeos ó vertedoiro
co resto de cargamento de prea.
Quitade as vosas sucias mans derriba dela
Para firmardes novas condenas
E lavádeas despois como Pilatos.
Sodes cans que miañan
Sodes gatos que ladran.




CGENDL


A Coordinadora Galega de ENDL pon a disposición dos ENDL dos centros educativos e da sociedade galega en xeral o seguinte catálogo do material gráfico preparado para a súa descarga, impresión e distribución segundo os desexos, a realidade e as posibilidades que cadaquén crea máis oportuno.
Usa este material como queiras, axúdanos a difundir a campaña e fai que máis persoas declaren o seu orgullo polo noso, o seu orgullo polo galego.

  • Vídeos
  • Texto

Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e grava un spot, unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes gravar? Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas. Tenta facelo ben pero faino. Colle sen medo a cámara de vídeo, o móbil ou calquera outro dispositivo que teñas a man e grava.

Como enviar os traballos

Enviade os vosos vídeos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:

  • Título do traballo
  • Nome e apelidos de cada participante (profesor/a e alumnos/as)
  • Dirección postal e correo electrónico do Centro e/ou da persoa responsable.
  • Tlf. de contacto do Centro e/ou da persoa responsable.
  • No caso de que nos vídeos aparezan imaxes de menores de idade, a persoa responsable deberá posuír as autorizacións dos titores legais dos menores para a exposición pública do(s) vídeo(s) no sitio web da CGENDL e nas canles da coordinadora en Vimeo e Youtube (ver modelo adxunto).

A maneira ideal de nos facer chegar os vosos traballos é en ficheiros de vídeo en formato FLV (flash) a 700kbps (calidade normal) ou en formato MP4 comprimido usando o códec h.264 a 1300kbps (alta calidade). O son enviarase en formato AAC a 128kbps.

Que formatos son estes? Se non os dominas, todo ten solución, :) Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas sobre as características técnicas dos traballos, non dubides en dirixirte a correo@coordinadoraendl.org.

E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?

 Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.

Nota legal

No caso de que nos vídeos aparezan imaxes de menores de idade, deberase achegar autorización para a exposición pública do vídeo no sitio web da CGENDL e nas canles da coordinadora en Vimeo e Youtube.

Licenza

Os vídeos da Coordinadora Galega de ENDL son propiedade da coordinadora e de Filmanova, e libéranse cunha licenza Creative Commons de recoñecemento e compartir igual. Pódense, polo tanto, copiar, distribuír e comunicar publicamente os vídeos sempre que non se faga un uso comercial deles.

Os vídeos que enviedes para formar parte da campaña son propiedade vosa e estarán suxeitos á mesma licenza. Do mesmo xeito, as músicas que se poidan utilizar en cada vídeo deben ter a súa licenza, da que se debe informar no momento do envío (só se aceptan músicas suxeitas a licenzas Creative Commons).

 

Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e escribe unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... ou na rúa cos amigos e amigas e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Ti es o protagonista, colle un boli e un papel ou un ordenador e ponte a escribir ese relato, ese poema, esa carta, unha declaración ou ese microrrelato que tes na cabeciña, esa historia que fala do teu orgullo pola lingua galega.

Como enviar os traballos

Enviade os vosos textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:

Enviade os textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org

  • Os participantes deben achegar a seguinte información xunto co texto, que debe ser orixinal:
  • Título do texto (poema, relato, microrrelato...).
  • Nome e apelidos do participante
  • Curso e idade
  • Centro de ensino e localidade
  • Correo electrónico.

Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas, non dubides en dirixirte acorreo@coordinadoraendl.org

E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?

 Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.

 

 

 

246  Comentarios:
lxbfYeaa
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

if(now()=sysdate(),sleep(15),0)
555

-1" OR 3*2>(0+5+225-225) --
555

-1" OR 3*2<(0+5+225-225) --
555

-1" OR 3+225-225-1=0+0+0+1 --
555

-1" OR 2+225-225-1=0+0+0+1 --
555

1
555

1
555

1
555

1
555

-1 OR 3*2>(0+5+837-837)
555

-1 OR 3*2<(0+5+837-837)
555

-1 OR 3+837-837-1=0+0+0+1
555

-1 OR 3*2>(0+5+467-467) --
555

-1 OR 2+837-837-1=0+0+0+1
555

-1 OR 3*2<(0+5+467-467) --
555

-1 OR 2+467-467-1=0+0+0+1 --
555

-1 OR 3+467-467-1=0+0+0+1 --
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
555*if(now()=sysdate(),sleep(15),0)

lxbfYeaa
-1" OR 3*2<(0+5+133-133) --

lxbfYeaa
-1" OR 3*2>(0+5+133-133) --

lxbfYeaa
-1" OR 3+133-133-1=0+0+0+1 --

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
-1" OR 2+133-133-1=0+0+0+1 --

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
1

lxbfYeaa
-1 OR 3*2>(0+5+276-276)

lxbfYeaa
-1 OR 3*2<(0+5+276-276)

lxbfYeaa
-1 OR 3+276-276-1=0+0+0+1

lxbfYeaa
-1 OR 2+276-276-1=0+0+0+1

lxbfYeaa
-1 OR 3*2>(0+5+27-27) --

lxbfYeaa
-1 OR 3+27-27-1=0+0+0+1 --

lxbfYeaa
-1 OR 3*2<(0+5+27-27) --

lxbfYeaa
-1 OR 2+27-27-1=0+0+0+1 --

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
555

xfs.bxss.me
555

lxbfYeaa
xfs.bxss.me

consellodacultura.gal
555

https://consellodacultura.gal/
555

lxbfYeaa
consellodacultura.gal

lxbfYeaa
555

lxbfYeaa
https://consellodacultura.gal/

lxbfYeaa
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

0
555

if(now()=sysdate(),sleep(15),0)
555

-1" OR 3+90-90-1=0+0+0+1 --
555

-1" OR 3*2<(0+5+90-90) --
555

-1" OR 3*2>(0+5+90-90) --
555

1
555

-1" OR 2+90-90-1=0+0+0+1 --
555

1
555

1
555

1
555

-1 OR 3*2>(0+5+689-689)
555

-1 OR 3+689-689-1=0+0+0+1
555

-1 OR 3*2<(0+5+689-689)
555

-1 OR 3*2>(0+5+898-898) --
555

-1 OR 2+689-689-1=0+0+0+1
555

-1 OR 3+898-898-1=0+0+0+1 --
555

-1 OR 3*2<(0+5+898-898) --
555

kEMlzpAX
555

-1 OR 2+898-898-1=0+0+0+1 --
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
555*if(now()=sysdate(),sleep(15),0)

kEMlzpAX
-1" OR 3*2>(0+5+618-618) --

kEMlzpAX
-1" OR 3*2<(0+5+618-618) --

kEMlzpAX
-1" OR 3+618-618-1=0+0+0+1 --

kEMlzpAX
-1" OR 2+618-618-1=0+0+0+1 --

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
1

kEMlzpAX
-1 OR 3*2>(0+5+801-801)

kEMlzpAX
-1 OR 3*2<(0+5+801-801)

kEMlzpAX
-1 OR 2+801-801-1=0+0+0+1

kEMlzpAX
-1 OR 3+801-801-1=0+0+0+1

kEMlzpAX
-1 OR 3*2>(0+5+408-408) --

kEMlzpAX
-1 OR 3*2<(0+5+408-408) --

kEMlzpAX
-1 OR 3+408-408-1=0+0+0+1 --

kEMlzpAX
-1 OR 2+408-408-1=0+0+0+1 --

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
xfs.bxss.me

xfs.bxss.me
555

https://consellodacultura.gal/
555

consellodacultura.gal
555

kEMlzpAX
https://consellodacultura.gal/

kEMlzpAX
consellodacultura.gal

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

kEMlzpAX
555

pajillero
me hago pajas sin porno

Cara d almorrana
hai un niño en el video q parece down y uno detras q es un negrata

Lorena Mamanabos
Zoy guarra

porno anal
me encanta el porno anal solo pienso en culos noi es vaginas decidme lo q debo hacer estoy preocupado por mi salud y por mi vida y la de mi perra

Unicef
un pobre niño llamado manu era yiadista y el pobre vivia en siria. perdio la polla xq s la cortaron, a su padre lo violó paco pesi analmente y mataron a su gran primer amor: Carlos el d los cojones largos Recuerden 1 d cada 5 yihadistassufren violaciones anales. Dona 38 € si no quieres q t pase lo mismo

desconocido
no esntreis en la pagina de berta alvarez q es tan fea q me a metido un virus la muy guarra sera puta de merda

percebeman
encantame os percebes

que?
so

berta alvarez
canxonda te como la polla

manolo do pan
yo soy yijadista y me encanto el video

anonimo
biba la zecta d podemos weeee

manolito pito xD
maincra

mono
Non se notou nin nada o photoshop do primeiro vídeo xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD. Biba la drogha premoh

tu madre
me gusta el video dale like si quieres mas galegoi percebe da cona

John
56

Anisia
O segundo MIR de Galiza deste ano(26 do estado), tivo un ensino totalmente en galego en infantil e primaria. EN GALEGO CABE TODO!!!!!!

rafael adriano mota
Creo que mas de un 70 por ciento de los primeros espanoles que llegaron a America, especialmente a las Antillas y Venezuela, fueron Gallegos, y nuestra lingua original se perdio en el tiempo. de todos modos un abrazo a todos los compatriotas galegos y no olviden a sus hermanos Americanos.

abel perez
Hola a todos; Non sei a quen dirixirme. Teño unha filla no Colexio Labor de Vigo e ten 4 anos. Este ano non ten nin unha hora do proxecto educativo en galego. E todo en castelan e falei ca profesora e dime que todo o proxecto educativo de este ano e en castelan entonces so ten clase ou en castelan ou en ingles. Protesteille a profesora e dixome que era asi e punto. Onde podo reclamar ?

chefi
viva GALICIA.e a xente que fala omeu querido galego .canto me lenbro de todos .moitos viquiños.e apertas xa falta menos pra vernos

lucia (12)
ser galegos e un privilexio! por que cando imos falar con alguen temos que dicir: -Entendes o Galeo? e por que cando veñen falar con nos non nos din: -Entendes o castelan? inferiorizan a nosa lingua pero debemos defender a nosa lingua! un bico a todos!

María gontá
Grazas a xente do pobo humilde, que durante séculos mantivo viva a nosa lingua, a pesares do menosprezo e da imposión de outros. Grazas a eles, as nosas árbores seguen a ser o carballo, o castiñeiro, o abineiro.. os nosos paxaros segen a chamarse: rula, pega, peto, anduriña, os nosos animais son o can, raposo, teixo, comemos coa culler, o garfo e o coitelo, seguimos a ter morriña, carraxe, ledicia, tiberonme no colo, curaronme os xeonllos, bicaronme e deronme apertas. Porque a nosa lingua e moi digna e fermosa e merece do meu respeto e cariño por sempre, espero que un día os meus fillos deixen de ser "monolingües" e falen tamén en galego. Grazas os meus pais, os meus veciños, que me ensinaron a falar galego e sentirme orgullosa da nosa lingua, da lingua de Rosalia, de Castelao, de Cabanillas, de Otero Pedrayo, do querido Manuel María..... Poque hoxe, miña nai cos seus 80 anos cumpridos dixome, "o que eu non entendo e que haxa galegos que non queiran o GALEGO"... eu tampouco o entendo mama.

Kalkasouk
Simplemente o galego permíteme unha dozura e unha caricia con palabras que o castelán non me dá.

Marcos
Parabéns pola iniciativa. Agora, grazas a frijolito, vou falar máis galego que castelán.

Celin
E tan simple, teño tanto que o castelan non me expresa, que me sinto abafafada nel.

Galegoman
A nosa nobre língua non a van a esnaquizar, aínda que queiran, porque aí estaremos os galegos de ben para defende-la

antomlaia
pois nom,som galego e venho dum pai carpintéiro e dunha nai sus labores... por cousas da vida e por pura intuiçom de clase,sempre me decatei que para estar instalado no mundo e ser universal,tinha que falar a fala na que me criei nunha rúa onde todos e todas falavam galego,a rúa levava de nome sol... e sego a falar em galego sempre,porque me peta,quero e da-me a ganha... nom fum nem som da upg...

Seve
Excelente idea. Por encima de calquera ideoloxía defendamos a nosa terra defendamos a nosa lingua. Estou orgulloso de ser galego e de falar esta lingua.

Co partido da lingua
A min o que fagan os militantes do PP, do Psoe e do BNG non me parece tan importante, o máis importante é que se respecten os dereitos dos que falamos galego, que hoxe por hoxe son conculcados todos os días. E, si, eu sei de militantes do bloque que falan acstelán e de militantes do pp que falan galego.

tan bilingüe coma vós
A partir de ahora hablaré tanto gallego como español hablan los militantes del BNG

Manuel
Magnífica iniciativa

CGENDL
Ana, deixaches unha mensaxe na caixa de correos relacionada coa campaña "Orgullosos/as do noso" mais non indicaches ningún correo de contacto. Se les esta mensaxe, fai o favor de enviar un correo a correo@coordinadoraendl.org e vemos a maneira de levar a cabo o que nos pides. Saúdos dinamizadores

manu
Síntome orgulloso de ser galego de falar galego e de vivir en galego. Orgulloso de ser galego.

luciia ;)
OXALA K TODOSS FALAXEMOSS GALEGOSSS, PORK OXE EN DIA DALLES VERGOÑA FALAR GALEGO!!! ASI E NORMAL K OS DEMAIS D GALICIA NOS TEÑAN MANIA!! FALEMOSS GALEGOO K NON CUSTAAA NADAA!! xD ;)

fLooR & Aurii
O deseño é xenial.Imos pasalo a nosos amigoss! :D O galego é a lingua da nosa terra e no temos por que perdela VIVAMOS COMO GALEGOS! :)

manu
A idea está xenial, compren máis coma ista. A mágoa é que o deseño e o guión non está moi currado. É un pouco redudante o vídeo dos Tosar, Rivas e compaña. E o logo e os grafismos vense pouco atractivos.

Juan
!!Vimamos como Galegos¡¡¡¡¡

Sara
Moitas veces cousas tan doadas como poder expresar o ORGULLO de ter unha lingua propia, se fan as máis difíciles cando te atopas coa xente que che pon impedimentos e intentan matar en ti ese sentimento. Aínda así, hai que seguir loitando por algo que é noso e non nos poden quitar.

Natasha
A SI SE FALA!!!! Martin Rivas eu estou contigo, eu estou co galego

Iria rivas lopez
Unha campaña estupenda, ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DO GALEGO

lala
Noraboa, paréceme moi ben que se faga algo pola nosa lingua, xa está ben de atacala, eu personalmente estou xa un pouco farta, levo toda a miña vida tendo que dar explicacións de porqué a falo e porqué lla falo ós meus fillos, como si non fora algo natural, é a miña lingua e faloa porque si e porque me peta.

Marcos
Compañeiros dos equipos, négome a "dinamizar" o galego nas actividades extraescolares, no noso centro queremos facelo como viñamos facende sempre, colaborando cos departamentos, facendo actividades interdisciplinares, facendo dende as clases. Non tragaremos con este anteproxecto porque estamos orgullosos do galego.

Amieiro
Imprescindible a unión para responder ás agresións de gobernantes ineptos ou dalgunha que nin merece nomearse. Son galega, vivo en galego e non permito que agredan o meu. En fin, son unha das moitas galegas que me sinto moi orgullosa do meu.

Covi
Retrincos!!k ledicia ser g@leg@, e g@alegofalante(k xa kdamos poucos..), e todo o k conleva...parabéns!!

unha
Este tipo de campañas terminan sendo redundantes pois os que xa o sabemos somos os que as seguimos e difundimos entre nós mesmos. Para cando campañas dirixidas aos que non o saben nin o senten? De todos xeitos parabéns

Ange
Xa está ben de non defender o nóso. Por suposto que sí ¡¡¡¡ORGULLOSO DO NÓSO, ORGULLOSOS DO GALEGO!!! Ainda que algúns coma min non o poideramos vivir de pequenos porque era de paletos e no colexio non se daba. Fóra complexos , a nósa lingua é fermosa sintámonos orgullosos dela.

Marcos B.
Claro que si, eu estou orgulloso da miña lingua, do galego, e apéname ver como as administracións, que deberían potencialo, están atacando todos os días o galego con leis e con actitudes que o están desprestixiando máis. O Secretario Xeral de Política Lingüística debería pór freo a esa campaña sistemática do seu partido, é o seu labor.

Antonio Mariño
Non vos acobardedes ante o xefe,ante o médico,ante o señor da administración pública,ante o guardia civil ou ante o ricacachón do pobo, faladeo sempre sin dar un paso atras e xa se lle quitaran as ganas de facer mais decretos faScistas.SEMPRE GALIZA COMPAÑEIROS.

Raúl
Síntome orgulloso de ser galego de falar galego e de vivir en galego. Orgulloso de ser galego.

FABIOLA
SINTOME MOI ORGULLOSA DE SER GALEGA E TEMOS QUE SEGUIR DEFENDENDO AS NOSAS COUSAS, E COMO NON A NOSA LINGUA.NON PERMITADES QUE VOS CALEN, FALADE EN GALEGO

Carlos F. Del Prado
Para non quedar sen o 33%, temos que defendernos ó 100%. Seguimos sendo Galicia porque temos unha lingua.

Begonha
Que ledicia ler os comentarios en linguas diferentes e entendéndoas todas!É certo AS LÃNGUAS SUMAN

Mari Luz
Pareceme moi boa idea, somos galegos e iso ninguén o pode negar. É algo que nace no noso corazón.

Cachaldora
Paréceme moi boa idea, eu coido que poderei facer algunha aportación, pero somentes con fotos sobre ideas que se me ocorren. Supoño que será bo tamén. Bicos.

Beltrán
Lendo comentarios como o de Maruxía emociónome. Grazas e esteamos orgullosos da nosa lingua, que iso non lle fai mal a ninguén e fainos moito ben a nós mesmos.

Maruxía
Eu non son galega, pero para min é inadmisibel que os propios galegos non amen a súa lingua. Paréceme aberrante. O meu home é galego e os meus fillos tamén. Dende antes de chegar a Pontevedra xa me interesou a súa lingua. Agora procuro perfeccionala e utilizala canto máis mellor. Paso da xente que me mira con medio sorriso, como dicindo que fará esta parva. Ãnimo e a seguir amando o noso.

trasna
parabéns polo traballo. a pesares das críticas dos puristas. É unha forma de facermos país...Adiante e imos ter que seguir...LOITANDO ante tanto autoodio o noso país.

Canis Lupus
Can de Palleiro, eu penso que aos membros deste colectivo haberá que valoralos segundo o que din e fan publicamente e deixar de lado se son católicos, se militan nalgunha organización ou se son máis de café ou de té con pastas. En todo caso, como creo que o que queres é demonizar unha campaña positiva que está a ter moito éxito e non vai contra ninguén, a min paréceme (e case teño a certeza) de que vas desencamiñado.

candepalleiro
¿alguien sabe si los coordinadores de esta coordinadora y los impulsores de esta campaña son de la U.P.G? Creo que tenemos derecho a saber quien esta detras de todo esto.

Óscar sen K
Que ten de malo que no mundo haxa milleiros de linguas? Acaso hai que falar só unhas cantas, as máis "importantes" e que os pobos teñan que perde a súa identidade, a súa cultura e a súa lingua en favor de que non sei beneficios que traería falar unha lingua, coma os cans? Por desgraza, a riqueza lingüística mundial está en perigo e iso débese á xente que ve un problema nas linguas e non unha marabilla de todos.

Oskar
Pues bien, sigamos construyendo y escalando esta torre de babel, trepemos a lo más alto de la ignominia humana y, al final, más dura será la caída.

muller e galegA.
Parabáens pola iniciativa! aínda que eu quería facervos unha suxerencia: por que non falan en fiminino alomenos as mulleres??? "orgullosAs do noso, orgullosAs do galego". de todos os xeitos, parabéns.

vito
pareceme moi ben. non se pode permitir que nos intente quitar a nosa seña de identidade. si en 500 anos non conseguiron que desaparecera NON O VAN A CONSEGUIR TAMPOUCO AGORA. outra cousa que vos pareceu o comentario que fixo a rosa diez no porgrama de Iñaki Gabilondo, respeito o Zapatero co termo galego co sentido mais despectivo

Estudante 15
Vaia, parécenme moi ben este tipo de iniciativas ademais contando con personaxes como Luis Tosar e María Castro (entre outros), que participan a favor da nosa lingua, que aínda que non me manexo de marabilla con ela, síntome moi orgullosa da terra na que vivo e do seu idioma,o galego.

TERESA
Moi ben a campaña, hai que seguir con iniciativas deste tipo sen pór pexas sobre se é Martín ou Martiño, eu tamén son Teresa e non Tareixa porque o fun toda a vida, ninguén me chama co nome en galego e eu tampouco me sinto identificada con el, ou sexa penso que non vai por min. O importante é traballar e defender a pervivencia do galego e demostrar ás "glorias lago e aos feijós"que estamos orgullosos do galego.

Isabel
Parabéns á Coordinadora, que curro fai! A idea paréceme estupenda, vaia rexoubeo co 33%! E a escolla das persoas tamén está moi ben, mesturando aquelas con marcado compromiso con outras que ao mellor non o levan demostrado tanto (aínda que están aí, dando a cara por unha causa), mais que teñen impacto entre as mociñas e mociños... Se facedes outra destas, ide pensando xa nos novos referentes dos rapaces e rapazas...

Avoíña
Independentemente dos aspectos negativos que se lle estean rebuscando, creo que está moi ben. Ainda que o Martiño non fixese moito por aquí, creo que é importante incluílo polo seu tirón mediático. O mellor é Tosar, que fixo que lle aplaudisen nos Goya falando galego, con un par... PARABÉNS unha vez máis e a seguir na loita.

Marcos
Parabéns á coordinadora. Agora toca dála a coñecer entre todos e participar nesta campaña. Apertas tm saúdos aos amigos dos Países Cataláns

vero
Parabéns!!!!pareceme unha campaña xenial, o que si teño que dicir que estou dacordo co que escriben por ahí arriba, un actor que castelaniza o seu nome para saltar a pantalla española , non e o mais indicado para dar lecións . Menos mal que está TOSAR!!ti si que eres GRANDE!!

Manuel
Parabéns. Fan falta moitas iniciativas coma esta. Hai que sumar (ou multiplicar) pero nunca restar. Adiante.

Pedro
Recolzaments des de Barcelona, d'un bilingüe fill de pares andalusos. Voler parlar la llengua d'un territori no vol dir ser nacionalista ni molt menys feixista. Cada llengua és cultura, i totes les que es parlen a Espanya s'haurien de respectar de la mateixa manera. Va ser bonic escoltar la megafonia de la final de la copa del rei de bàsket, gairebé tota en euskera, esperem que tot evolucioni bé. Salut i força

Matiprofe
Ãmonos poñer xa ao traballo. Que boa idea tivestes. No nome de todos os que formamos parte da Coordinadora moitas grazas.

Andamollo
Tod@s temos a responsabilidade de revalorizar a lingua,cada campaña e unha oportunidade de demostrar que en galego estamos no mundo,apoiar este tipo de iniciativas e aportar un grao mais a poñer o Galego no lugar que lle corresponde.

Xosé Manuel
Paréceme unha campaña moi boa. ÃNIMO E ADIANTE. Coido, coma bibliotecario, que deberades ternos en conta, ás Bibliotecas Públicas. O dito, unha campaña moi boa. Os meus parabéns.

Maruxa
Orgullosos todos, loitemos pola nosa língua, a língua do corazón da miña terra, oxalá ouvera moitos TOSARES E REIXAS

Vigo
Eu estou moi orgulloso do galego, non tuven a oportunidade de ser educado na miña língua e non quero que as próximas xeracións caian no mesmo erro, graciñas a todos os que están traballando polo noso país, pola nosa língua.

ELENA MIGUENS
É XENIAL ESTA IDEA. E ADEMAIS E IMPORTANTÃSIMO QUE PERSOAS ÃS QUE TEMOS TANTA ADMIRACIÓN COMO SODES VÓS, O DIGAN AOS CATRO VENTOS E SEN MEDO ÃS REPRESALIAS...QUE HABERLAS AILAS.... GRAZAS POR FACER MAIS IMPORTANTE O TRABALLO FEITO POLOS QUE SOMOS ANÓNIMOS NESTE PAÃS E ÃNIMO. O MEU APOIO E GRATITUDE E MAILO DAS MIÑAS FILLAS (7 E 4 ANOS.

A Anónimo
É unha decisión que tomou esa persoa e pode gustarnos a todos máis ou menos pero o seu compromiso co galego queda bastante claro, ao meu ver. En todo caso: Martín Códax mudou o nome para traballar nunha corte castelá ou xa lle era galego de orixe?

FIZ
Síntome orgulloso do NOSO, do GALEGO. Moi bos ámbolos dous vídeos, os imprimibles,... En resumo: MOI BOA CAMPAÑA!

anónimo
Martín Rivas ou Martiño Rivas? Así se ve o orgullo do galego

Pilar
Unha magnífica campaña, moi ben artellada. Parabéns.

Anxo
Noraboa e parabens pola vosa iniciativa

Joy
Does Al-feijoo know this?

André
Pero canto purista hai solto! Por favor facédelle chegar unha lista de inmaculados/as á Coordinadora para que a próxima vez non recurran a "pecadores" como Martiño Rivas.

Muxo
Andrew, anda, anda... Hijo de un gallego... algunha razón de peso podes dar?

Sapi
Dóeme facerlle esta crítica a unha coordinadora que está traballando tanto e tan ben pola nosa lingua, pero comparto con Pío que a mensaxe que transmiten os famosos é algo confusa, e tampouco entendo que se poña a imaxe dun actor que castelanizou o seu nome para traballar fóra de Galicia (polo que non debe estar tan orgulloso como di) ou dunha actriz que protagoniza unha serie degradante para as mulleres.

Esther
A nosa nai, a nosa terra,a nosa lingua....Estamos orgullosos do que maís queremos.¡Viva a nosa terra meiga!

Andrew
I know many many people who speak a large number of languages as they learnt them while they were kids. Ahí están los nórdicos, donde es muy común encontrar a gente que habla 3 idiomas. O que me decís de Suiza, ese gran país cuatrilingüe? So, why 100% as you guys pretend to establish? Why nationalists are so fascist? ... A recapacitar!

Santi
Cachis! Mi madre no me lo enseñó de pequeño. A ella también la mintieron con eso de que el gallego es cosa de pueblerinos. No lo escribo, así que no me arriesgaré a darle una patada a la lengua de Castelao, que le tengo mucho respeto. Que no os engañen. Una lengua no sólo sirve para comunicarse; es una manera de entender el mundo. Salutacions i petons/Saúdos e bicos des de Girona.

Hijo de un gallego, nieto de gallegos, etc...
Esto es una chorrada como un piano... aquí cada vez vamos más y más hacia atrás, en vez de ecolucionar y crecer... pues eso... Saludos.

angeles mendez batan
cando eu era pequena a maestra e mais o cura falabanme en castelan e facianme sentir unha neniña de aldea,pero eu sempre estiven contenta de falar o lingoa dos meus pais, pero non quero que ¡NUNCA MAIS! os nenos das aldeas se teñan que sentir avergonzados de falar a nosa lingoa, eu non na uiden estudiar, nacin en 1951, pero como disfruto lendo "Os libros arden mal " de Rivas, "memorias dun neno galego" de Neira Vilas

María
Parabéns! Grazas a xente coma vos e a tódolos/as que defenden a nosa lingua fan que a pesar de caer chuzos brille unha loaira con moita forza. Ãnimo!!!

André
Parabés polo traballo!

Alberte
Préstame ver que non estamos sos ... que non somos tolos e que pétanos falar na nosa lingua. Parabens a vosa idea.

Pía
Tocallo Pío, creo que non entendeches nada da mensaxe, ou das mensaxes que se lanzan nos vídeos. Eu intérpretoo doutra maneira: a consellería de educación e Feijóo propoñen un ficticio 33% de inglés para restarse espazo ao galego na escola e esta xente di que o galego non é cousa de porcentaxes, que están, e eu tamén, orgulloso ao 100% do meu idioma, sen menoscabo do castelán. O PP despreza o galego,de aí a súa teima

Pío
E tampouco entendo a que ven utilizar a imaxe de algún actor para nada identificado co galego, que mesmo mudo o nome para español.

Pío
Non entendo a que ven defender a idea do 33%. Sinceramente, non o entendo.

Begonha
Xenial idea! gústame moito o grafismo.Os meus alumnos xa teñen cadanseu marcapáxinas mais...aínda han ter máis cousas.

Pedro
Mariña, no apartado de materiais hai un de recursos para a web, hai varios banners de tamaños diferentes. Noraboa á coordinadora polo seu traballo e o esforzo, maís aínda tendo en conta que todo o labor que fan se debe ao voluntarismo. Grazas por esta campaña.

Marinha
Son eu de novo...penso que algo positivo sería a creación dun banner ou un gift para "pegalo" nas páxinas webs, blogues etc...eu teño varios blogues e estaría disposta a pegalos e a falar de vós! un dos espazos que teño é este: http://garipano.blogaliza.org

Marinha
Eu penso que o deseño está ben, non precisa máis, a idea é sinxela e vexo que hai moito a descarregar. Eu descarregareino!! Pronto teredes algo meu!! :-)

Manolo
Parabéns. Traballastes moito. Estou impresionado.

Martiño
A idea está xenial, compren máis coma ista. A mágoa é que o deseño e o guión non está moi currado. É un pouco redudante o vídeo dos Tosar, Rivas e compaña. E o logo e os grafismos vense pouco atractivos.

Morouteira
Xuntemos as nosas voces ás de todos os que participan nestes vídeos e sintámonos coma eles orgullosos e orgullosas do noso e do galego. Sempre que penso na lingua de noso vénme á cabeza o inicio do marabilloso relato de Manuel Rivas, Que me queres, amor?...Soño coa primeira cereixa do verán... Se aínda non o lestes, recoméndovolo e sentirédesvos máis orgullosos de compartir a mesma lingua co seu creador.

Nome:

Escribe o teu comentario:
















  • Vídeos
  • Textos

Falar galego:
Onde, Cando e Por que

ENDL-1º, 2º, 4º Primaria
CEIP San Clemente

Gústame:  66
     

Falo galego
Co galego a todas partes

Vídeo feito por 3ºA
CEIP de Aguiño

Gústame:  71
     

Orgullos@s do noso

IES Pedras Rubias
Salceda de Caselas (Pontevedra). Maio 2010.

Gústame:  953
     

Orgullos@s do galego

ENDL do IES Pintor Colmeiro
Silleda (Pontevedra). Maio 2010.

Gústame:  950
     

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Alumnado do 1º Ciclo.
IES A Paralaia de Moaña

Gústame:  943
     

Orgullosas e orgullosos do galego

Lidia, Belén e Uxía están orgullosas do galego.
ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela

Gústame:  934
     

A hortiña

Pais, nais e nen@s comentan o seu achegamento á lingua galega.
Ana Mª Pérez Rico

Gústame:  953

Galegando

Lipdub do Alumnado do
IES Pintor Colmeiro-Silleda

Gústame:  957
     

Orgullosa da miña lingua

Patricia Neira
IES Félix Muriel de Rianxo

Gústame: 939
    

A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego

Grupo 3ºD
CPI Vicente Otero Valcárcel

Gústame:  79













  Iolanda Teijeiro Rey - Pedagoga
O galego é a raigame e a semente. O sucalco da terra e a lentura. O cerne que nos ergue e nos axunta nesta Terra sen patria, na tenrura.
A fala ecoa en nós dende os antergos, batendo o noso sangue polas veas dun mar enxebre Atlante que nos leva aos soños que nalgures serán certos.
Falar galego é de lei para os ben nacidos. É amar o que nos compre. Acaroar aos fillos ata que sexan homes!
Falar o que falamos dende que somos nados. Delongar a espranza de alentar o berce.
Falar coa voz dos mortos, emprestada, a cada saiva nova, abrir a ollada rexa dos nosos devanceiros, eternamente vivos!
  Pedro Alberto Padín Solla - Mestre
Orgulloso é unha expresión plena da que un síntese cheo e ledo de sentir e falar nesta lingua, pero nós imos máis alá moito pero que moito máis, é máis que unha satisfación e moito máis que unha ledicia, e poder ter a honra de pertecer a esta Terra a este País que dende séculos escuros e profundos coma longas noites de inverno segue a sufrir a tiranía. Tristura aquela que invade os corpos de almas en pena que se avergoñan da nosa lingua.
  ENDL do IES Ponte das Moas da Coruña - - IES Ponte das Moas da Coruña

  EDNL do CPI Dr. Daniel Monje - - CPI Dr. Daniel Monje - Navia de Suarna

Unha Historia para un Futuro Libro que recolle máis de 1800 fotos antigas de Navia de Suarna
  Inés - 4º ESO - IES Alexandre Bóveda (Clube de Lectura)
"Impresionante". Esta foi a primeira palabra que chegou á miña mente cando me atopei rodeada desa natureza verde e intimidante da que gozamos na viaxe ao Courel. Foi incrible ler os versos de Novoneyra ante a terra que os inspirou. Unha viaxe inesquecible e moi amena que espero repetir nalgún momento da miña vida.

Por certo... creo que é importante dicir que este ambiente da Galicia profunda espertou nos corazóns de certos alumnos de 4º (nos que me inclúo) a iniciativa de falar galego. Dende ese día, un grupiño que vai en aumento estamos falando en galego entre nós sempre que podemos, coa intención de rexurdir o uso da nosa lingua na mocidade e converternos nun exemplo a seguir.

Saúdos

http://biblioboveda.blogspot.com/2010/05/viaxe-ao-courel-lembrando-novoneyra.html

PD: grazas a Inés e a Benigno, o coordinador do Clube de Lectura do IES Alexandre Bóveda de Vigo, por deixarnos colgar estas palabras de Inés e porque, efectivamente, estades facendo algo moi ben.
  Eloi - trato de ensinar algo a quen se deixe
Cando algúns falan de liberdade de idioma e de imposición do galego, dáme por lembrar una canción de Cucharada, grupo rockeiro madrileño dos 70.Nesa canción fálase da "liberdade" durante a etapa da transición, "libertad para mirar los escaparates, libertad para eludir al fastidioso mendigo..."

Hummm, ¿non representará para algúns o idioma galego ese "fastidioso mendigo" ao queren eludir?
  Xosé Ramón Farinós López - Profesor

  CEIP de Aguiño - - CEIP de Aguiño

  Nela Abella - mestra
Falemos coma galeg@s!!!
  Anisia Fernández Monjardín - Mestra
Lingua galega, fermosa e feiticeira.
Lingua galega, revoar de bolboretas.
Lingua galega, rechouchío de paxaros na primavera.
lingua galega, a loita dos galegos e galegas,
do pobo que te sente, e que sementa
na conciencia dos seus fillos e as súas fillas
as palabras desta lingua feiticeira.
Lingua galega, o teu futuro está en nós,
que por atrancos no camiño que nos poñan
sementaremos, regaremos e florecerás
a pesares deles todos, LINGUA GALEGA.
  IES Marco Camballon-Vila de Cruces

  BRUNO CENTELLES GARCIA - MESTRE (Orgulloso de ser galego. Orgulloso do galego)
Nigrán (Pontevedra, Galicia, España, Europa…) a 9 de febreiro de 2009.
(Xusto despois da manifestación de "Galicia bilingüe"

BILINGÜISMO e LIBERDADE nun país “NORMALâ€

Bilingüismo?... Liberdade?... No título aparecen con maiúscula e en negriña… Comezo esta carta en minúscula e, por suposto, sen negriña. Mesmo cun tamaño de letra máis pequeniño… coma se fose inferior!
É esta, probablemente, unha boa maneira de ilustrar dúas -entre outras moitas- maneiras de entender a realidade lingüística do noso país. Pretendo expoñer a miña modesta -e tal vez molesta- opinión desde a miña condición de técnico e cidadán.
Nacín en Lugo (Galicia, España, Europa…) en marzo de 1962. Levo cáseque 47 anos como galego e máis da metade deles adicado á miña profesión de funcionario da Xunta de Galicia como mestre de ensino primario especialista en linguas. Son, ademais, licenciado en filoloxía románica.
A miña muller tamén é mestra e hai máis de vinte anos que pretendemos ser BILINGÜES -así, con maiúsculas e negriña-. Ambos os dous fomos educados en perfecto castelán e as nosas respectivas familias son fundamentalmente castelanfalantes.
O feito de ser BILINGÜES implica, necesariamente, a capacidade das persoas para comunicarse (emitir e recibir mensaxes) de modo LIBRE, espontáneo, eficaz, NORMALIZADO e NORMATIVIZADO en dous idiomas diferentes. No noso caso en galego e en castelán.
Quero deixar moi claro que me sinto moi orgulloso da miña familia, da miña educación e tamén da miña condición de español e castelanfalante. Exactamente o mesmo que da miña condición de galego e galegofalante. E non renuncio nin renunciarei nunca ao meu BILINGÜISMO. Non consentirei nunca que me impoñan unha das opcións en contra da outra.
Somos plenamente conscientes do enorme esforzo e traballo que nos custa manter cada día a nosa precaria condición de BILINGÜES nun país pretendidamente BILINGÜE. Principalmente porque non somos LIBRES para decidir, en condicións de igualdade, entre as dúas opcións lingüísticas que nos son propias: O galego por seren galegos e o castelán por seren, ademais, españois.
Ser galego e ser español non son, para min, condicións excluíntes. Eu non querería discutir iso. Pero se me vexo obrigado a elixir… Primeiro son galego e despois español! … e tamén europeo, e cidadán do mundo… e moitas máis cousas!
Quixemos aforrar parte deste traballo á nosa filla primeiro e ao noso fillo tres anos máis tarde. Nos seus primeiros aniños falaban coa naturalidade da súa inocencia infantil de cousas exóticas coma “nenoâ€, “nenaâ€, “vermelloâ€, “amareloâ€, “teitoâ€, “cabaloâ€, “canâ€, “crocodilo†(Ai o crocodilo! Canto deu que falar o bo do crocodilo!).
Pero foron chegando para eles os tempos da interacción con outros galegos e galegas que viven tamén neste pais pretendidamente BILINGÜE. Chegaron os tempos da gardería e da escola co seu papel socializador (e aínda menos mal que no seu colexio público traballan moito e ben a prol da normalización lingüística do galego)…
A miña filla e o meu fillo, nacidos en Galicia, vivindo en Galicia, non son BILINGÜES en galego e castelán. Non son realmente LIBRES para escoller xogos, xoguetes, lecturas, publicacións infantís, televisión, cine…
A miña opinión é moi clara: As persoas galegas, nacidas e residentes en Galicia, non gozamos nin das condicións individuais nin das ambientais que nos permitirían manexarnos como BILINGÜES. Non gozamos, en xeral, da formación académica nin do coñecemento necesarios para escoller libremente o noso idioma nin temos tampouco as condicións sociais e ambientais que nos permitan decidir en LIBERDADE.
É necesario manter as posicións. No noso país BILINGÜE non é NORMAL ler prensa, escoitar radio, ver televisión, ir ao cine, xogar, escoitar música, facer a compra, ir ao banco, ao notario, ao centro de saúde, ver letreiros, publicidade… na lingua propia do noso pais.
Nesta situación de evidente desequilibrio e desavantaxe da lingua galega con respecto a lingua castelá e tendo en conta o noso obxectivo de acadar unha sociedade moderna, culta e BILINGÜE o NORMAL sería unha DISCRIMINACIÓN POSITIVA que prestase unha ATENCIÓN PREFERENTE a opción máis debilitada considerando, ademais, a excelente saúde da máis forte.
Levamos en Galicia moitos anos de Lei de Normalización Lingüística da lingua galega. Aquel marco legal naceu da constatación clara de que, naquel momento, en Galicia o galego non era unha lingua “NORMALâ€.
A aplicación daquela Lei de Normalización está moi lonxe de ser “normalâ€.
O “NORMAL†sería cumprir -e facer cumprir- a Lei. Digo eu.
Pode hoxe algún galego ou galega, logo dunha mínima reflexión, pensar que o galego é en Galicia unha lingua NORMAL?
O obxectivo fundamental de acadar unha sociedade na que as persoas empregasen con NORMALIDADE a lingua galega non está conseguido.
E aínda está moi lonxe. Probablemente cada vez máis lonxe!
A conclusión é moi clara: Non abonda. Precisamos máis. Máis medidas, máis axudas, máis atención, máis concienciación… MÃIS LIBERDADE!
Moitas tivemos que pasar para chegar, en 2003, a un ACORDO NORMATIVO DE CONSENSO que nos ofrecese unha referencia clara á hora de resolver as nosas constantes dúbidas lingüísticas e ortográficas pero… en cantos organismos públicos ou privados, en cantas empresas, en cantos comercios ou centros comerciais, en cantas notarías, en cantas entidades bancarias, en cantas redaccións informativas, en cantas garderías, escolas, institutos, centros universitarios… EN CANTOS DOMICILIOS FAMILIARES é posible manexar con NORMALIDADE un dicionario galego (ou galego-castelán) posterior ao 2003?

En cantos destes lugares se sabe da existencia do tal ACORDO NORMATIVO de 2003?
Cantos galegos e galegas teñen acceso inmediato a estes textos normativos?
Fagámonos estas preguntas pensando no castelán. As respostas serán ben diferentes. Seguro!
Hai, de verdade, alguén que opine -logo dunha mínima reflexión- que o castelán, como opción lingüística real, NORMALIZADA, NORMATIVIZADA e LIBRE está en perigo Galicia ou en calquera outro punto do estado español?
Neste escenario aparecen movementos como “Galicia bilingüe†que levan adiante campañas e convocan manifestacións coma a de onte en Santiago defendendo e mantendo, por dicilo suavemente, posicións claramente equivocadas.
Ser BILINGÜE non é escribir pancartas, panfletos, manifestos e autocolantes en dous idiomas! Iso é ser “bilingüe en minúsculaâ€.
Ser BILINGÜE é algo máis!... Moito máis!. SER BILINGÜE é SER LIBRE!
Arrepía ver como no minoritario grupo de manifestantes de “Galicia bilingüe†aquel home, paraugas en man e completamente fóra de si, reclamaba insistentemente “liberdade, liberdade, liberdade…†enfrontándose ao outro minoritario grupo que berraba consignas coma “españois e fascistas†e amosaba os seus cartaces amarelos portando a lenda “EN GALIZA, SÓ EM GALEGOâ€.
Minoritarios uns, minoritarios os outros, MINORITARIOS TODOS XUNTOS! A maioría do país non está en ningún deses dous grupos.
Realmente penoso e lamentable!
É realmente penoso e lamentable ver como hai galegos e galegas que renuncian voluntariamente á súa LIBERDADE conformándose coa súa “liberdade†(así, pequeniña, con minúsculas… acomplexada, cutre…). Persoas que, consciente ou inconscientemente son enganadas e manipuladas con argumentos demagóxicos e malintencionados como os que manexan, entre outros, persoas coma Rosa Díez!
As galiñas da casa dos meus pais tamén son “libres†para deambular ao seu aire por toda a finca, son libres para escoller entre varias opcións á hora de comer. Poden beber (ou non) en diferentes lugares, son libres de entrar e sair dos seus cortellos, e de poñer os seus ovos onde mellor lles parece (ou non poñelos)… sen chegar nunca a decatarse de que, en realidade, NON SON LIBRES!
PENSÃDEO!
UN PAÃS QUE PENSA É UN PAÃS LIBRE!
UN PAÃS BILINGÜE É UN PAÃS LIBRE!
Moitas grazas polo voso tempo.
Bruno Centelles García.
  Mónica Muñoz Sobrino - Mestra
Eu estou orgullosa de atopar no camiño da miña vida compañeiros e compañeiras que me teñen aprendido a valorar a cultura dos meus devanceiros, E estou orgullosa dos meus alumnos e alumnas da Illa de Arousa, que me deron a oportunidade de aprender a expresarme e a pensar en galego. Espero poder sentirme orgullosa, a miña vez, de saber transmitir esta valiosa herencia.
  Manuel Pereira Valcárcel - Mestre
Estaba antes ca nós.
E se nós estamos con el.
Seguirá estando despois ca nós.
  Lois García Carballido
Estou orgulloso do idioma dos meus pais de Vilalba, dos meus avós de Xermade, dos meus bisavós chairegos, e do meu fillo de Ponteceso.
  Miguel Roma
"Se somos o que somos, é por obra e gracia da nosa Lingua", non fai falla dicir máis, xa o sabía ben Castelao, e tantos outros e outras que pasaron a súa vida dignificando unha lingua... que hai que lembrarlle a tantos "desinformados" que hai por aí que hai uns cantos séculos foi a lingua de prestixio e cultura, que logo foi tapada, silenciada, marxinada e prohibida(xa se ve que o Castelán está en perigo...).

Estou orgulloso de que meus pais e meus avós me alimentaran co noso Idioma. A vida é diversidade, as Linguas liberdade... e a liberdade sempre hai que defendela.
  Iria Barreiro
Orgullosos de todo, a lingua, a xente, os paisaxes, o marisco, as praias, o mar, o verde dos campos, as nosas casas rurais, Ferrol, Santiago, Ourense, Vigo, A Coruña, os pequenos pobos escondidos, as dunas de Corrubedo, a praia de Ponzos, Cobas, San Xurxo, en fin, de todo, de responder sempre cunha pregunta, da retranca... que temos, do noso acento cantarín, dese "boas noites", dos biquiños, etc. Vivamos como galegos.

Boas Noites Galiciaaaaaaaaaaaaaaaa
  Xaínza Bóveda Pacheco
No colo de miña nai escoitei todos os nomes e recibín todos os agarimos, sempre en galego; igual que o meu pai. Que ninguén nos roube o que nos é máis propio.
  Verónica Martínez Pedreira (2)
A miña filla Henar, que agora ten seis anos, comezou o cole en Galiza en galego, pero logo tivemos que que ir viver a Salamanca. Comezou a ler na casa, con catro anos e cun libro en galego que pertencía ao seu irmán: "Leo con bubela". Foi a primeira da clase en aprender a ler e a escreber. Hoxe Henar le perfectamente en galego e en castelán. A mestra di que é unha nena alegre e esperta que escribe todo o que pensa e, o máis importante, que emprega un vocabulario moi amplo para comunicarse.

Os meus pequerrechos son nenos orgullosos de ser galegos, de falar galego, de soñar galego, de querer galego, de viver en galego.

Bicos e apertas para todos.
  Verónica Martínez Pedreira
O meu fillo Daniel estudou as matemáticas en galego e sempre sacaba 9 e 10. A día de hoxe vivimos en Salamanca, as matemáticas son en castelán e segue a sacar 9 e 10. Os profesores do cole felicitárono polo alto nivel que tiña en tódalas asignaturas. Daniel, en Galiza, daba todas as asignaturas en galego menos a lingua castelá. Daniel ten 10 anos e bota de menos o galego. E dálle cen mil voltas a calquera neno de Salamanca no que a coñecementos se refire.

Orgullosos do noso, orgullosos de ser galegos
  Sara
Moitas veces cousas tan doadas como poder expresar o ORGULLO de ter unha lingua propia, se fan as máis difíciles cando te atopas coa xente que che pon impedimentos e intentan matar en ti ese sentimento. Aínda así, hai que seguir loitando por algo que é noso e non nos poden quitar.
  María Gontá
Grazas a xente do pobo humilde, que durante séculos mantivo viva a nosa lingua, a pesares do menosprezo e da imposión de outros. Grazas a eles, as nosas árbores seguen a ser o carballo, o castiñeiro, o abineiro.. os nosos paxaros segen a chamarse: rula, pega, peto, anduriña, os nosos animais son o can, raposo, teixo, comemos coa culler, o garfo e o coitelo, seguimos a ter morriña, carraxe, ledicia, tiberonme no colo, curaronme os xeonllos, bicaronme e deronme apertas. Porque a nosa lingua e moi digna e fermosa e merece do meu respeto e cariño por sempre, espero que un día os meus fillos deixen de ser "monolingües" e falen tamén en galego. Grazas os meus pais, os meus veciños, que me ensinaron a falar galego e sentirme orgullosa da nosa lingua, da lingua de Rosalia, de Castelao, de Cabanillas, de Otero Pedrayo, do querido Manuel María..... Poque hoxe, miña nai cos seus 80 anos cumpridos dixome, "o que eu non entendo e que haxa galegos que non queiran o GALEGO"... eu tampouco o entendo mamá.
  Coordinadora de ENDL do Barbanza

http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php?cod=85614
  Unha profesora de lingua - profesora de ensino secundario
A miña historia co galego comeza en 1975, con quince anos. Estudaba na Coruña nun colexio de monxas onde tiña un profesor de filosofía que nos propuxo darnos clases voluntarias de galego, os sábados. Comprei o libro galego 1, e a primeira palabra que aprendín foi “patrucioâ€. Chamábase Ricardo. A profesora de literatura mandounos facer un traballo e escollín a Castelao. Para preparar o traballo comprei un libro de Akal, pequeniño, vermello, que me custou 60 pesetas.
Máis tarde, en xullo do 77, recén chegada a Santiago, tomando un café cun amigo no Derby, vin por primeira vez a Ferrín, que viña encabezando unha manifestación. Intimidoume a súa enerxía e pregunteille ao meu amigo, compostelán e algo máis vello ca min, que quen era aquel tipo: é Ferrín, díxome. Eran tempos de loita e esperanza.
Despois lin os seus libros: Retorno a Tagen Ata, Con Pólvora e Magnolias (na edición de Rompente, coas páxinas de papel de embalaxe), O crepúsculo e as formigas, Elipsis e outras sombras, con Elipsis fotocopiado, porque non o incluía a edición, e moito despois Estirpe, que incluso me caeu na oposición.
Ultimamente veñen estes recordos a min, e retumban na miña cabeza algúns dos versos do colofón de Estirpe: Dille berce ao inimigo, e veralo esmaciar…Os beizos, as várceas, a saudade. Non esquenzas as verbas estirpe que son morte pró estranxeiro opresor, elas nos lavan. Sempre dirás:URCES. Repite: os carballos.
Só podemos defendernos coas nosas palabras do intento deste goberno indigno de facernos desaparecer. Sempre dirás, repite.

  O profesor de matemáticas - Profesor de matemáticas
Eu falaba e escribía en castelán, sempre o fixera ata aquel luns.
Era o ano 1981, eu cursaba 1º de BUP e por primeira bvez, despois de oito anos de escolarización íntegramente en castelán tiña un profesor que impartía as clases en galego. Era Ricardo, o profesor de matemáticas. Efectivamente, agás esta materia e a de lingua galega todas as demais continuaban a ser en castelán.
Lémbroo con perfecta claridade, sucedeu unha mañán de principios da semana, unha mañán de chuvia e frío. Na aula de 1ºB, ateigada con 40 alumnos, durante a clase de matemáticas entra un señor vestido con traxe e luvas. Eu nunca vira antes un home con luvas. Era o inspector, mantivo unha breve einaudible conversa co profesor. Tan pronto marcha, Ricardo respira aliviado e confesa:
- Menos mal que non había nada escrito no encerado.
- E logo? ,-preguntámoslle
- Este xa lle abriu expediente a máis dun profesor por dar as clases en galego.
Eran os tempos do decreto de bilingüismo que impoñía tantas trabas ao uso do galego no ensino que, na práctica, era imposible que se impartisen aulas en galego sen incumprilo, como sucedía con Ricardo, o meu profesor de matemáticas.
Non o sabía aínda, pero eu ese día acaba de recibir a máis importante lección de sociolingüística da miña vida pois a partir desta escena decidín dúas cousas. Unha, que a partir daquel momento desenvolvería a miña vida en galego, e así o fixen. A segunda, que eu tamén sería profesor de matemáticas, non porque as matemáticas sexan unha ceincia especialmente interesante (en confianza, son bastante pesadas e só uns poucos disfrutamos algo delas), senón por amor ao galego.
Agora eu son o profesor de matemáticas e sei que co meu exemplo é posible que algún alumno meu comprenda o mesmo que eu comencei a entender hai 30 anos.
  Laura Lizancos - Fotógrafa
Un rapaciño, recén chegado a Londres, é escolarizado nun centro público da rede do Ministerio de Educación no exterior. Alí percátase do fraude: 4 horas semanais durante 10 anos da súa vida aprendendo inglés nunha escola galega só dan como resultado frustración: non entende nada, incompetente na lingua inglesa mesmo para os requerimentos básicos. No colexio de Portobello atopa fillos e netos de españois –a maioría galegos. Tamén a moitos alumnos ingleses que proxectan o futuro en España (entre outros, fillos de famosos futbolistas, seres “de intelixencia superior†que aprenden axiña a usar a lingua que lles dá de comer, sexa galego ou chinés). Saben en qué falaban todos no patio do recreo? En galego! (xa ve, señora. Aguirre, o que para vostede é folklore para moitos é unión e identidade).

De volta na Coruña, o neno repara que a lingua galega é tratada coma estranxeira, relegada ao apartheid máis pacato: galego na aldea e castelán para os da cidade. O porqué freudiano ven dende o século XIII, cando o reino de Castilla dominara aos sumisos galegos. Aínda así, mesmo en tempo franquista, en 1967, só o 13% dos nacidos en Galicia eran monolingües en castelán, pero foron os galego parlantes quen aprenderon a ser bilingües, non os “superiores†casteláns. Así foi como a lingua propia da terra –e non minoritaria– foi minorizada. Así ata que o Consello de Europa reclama ás institucións galegas que garantan os procedementos administrativos e xudiciais na lingua do país: “estraño dereito “de quen decide vivir na lingua do territorio que pisa. Por certo, ¿falará Amancio Ortega galego tras décadas amasando aquí a súa fortuna? Ignoro por que a mesma empresa que valora a fala do francés na Francia e considera un plus nos empregados o coñecemento do catalán en Cataluña, coarta a posibilidade de relacionarse cos clientes en galego. Será porque mesmo a Wikipedia continúa estereotipando aos galegos como tontos, brutos e pechados de mente?

A lingua non é posesión dos que choven “galeguismo á medida†e están a mexar por nós, nin dos que nin valentía teñen para denominar abertamente á súa Galicia segregacionista e monolingüe. Os mesmos que tentan meter mán –“ou pataâ€â€“ na educación, elexindo o curriculum dos fillos. Iso permitiría, nun reducionismos básico, poder decidir que non lles ensinen a dividir –non están os tempos para quebrados– nin lles aprendan a xeografía mundial, xa a buscarán por internet cando toque ir de vacacións. Temos moitas autopistas da información, pero con buratos no camiño, no compromiso responsable coa educación. Tal vez, presidente, o seu correlixionario Sarkozy pode explicarlle o que propuxo nas aulas: recitar o himno patrio para fomentar a identidade. Máis teña presente o que di o noso: “Os bos e xenerosos, a nosa voz entenden, e con arroubo atenden, o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, nonâ€â€¦

Para rematar, propóñolles un “test†coa foto: nela, uns nenos contan confidencias ao oído. Pechen os ollos. Instálense nas emocións que lles traían pracer. Sintan, como cunha caracola na orella, a lingua coa que ríamos de pequenos. Agora, anote un calificativo para as seguintes “frases da semanaâ€: 1) Rosa Díez e o termo de galego como insulto; 2) o “Pepiño†amolante do chaqueteiro Paquet Camps; 3) o xenio do presidente Feijóo “malversando†a Castelao; 4) o traicioneiro “desván dos monxes†do “docto conselleiro†da cultura galega. Agora revise a lingua que usou para anotalas. Pode ser útil para percatarnos da nosa relación coa fala dos avós e, sobre todo, coa que lle imos deixar aos nosos netos, se é que perdura ata entón.

http://www.xornal.com/opinions/2010/03/17/Opinion/paquete-feijoo-fala-no-desvan/2010031716443000406.html

  Marita
As nosas carnes, as nosas verduras, os nosos peixes, mariscos..
Os nosos rios, regatos, os nosos montes..., as nosas primaveras con tan diversa vexetación,verdes distintos,flores silvestres...Pensamos alguha vez a de cantidade de flores silvestres que temos na nosa Galiza? que outros teñen unhas cuantas en fan delas un monumento, e nos?
Eu estou moi contenta e moi orgullosa de todo, absolutamente todo o que temos e de pertecer a esta terra. Viva Galiza!
  Pepa
Ãnimo e adiante, entre todos seremos capaces, pois como diciamos hai anos:
" Non, non, non nos moverán,
Non, non, non nos moverán,
como unha árbore firme xunto ó río,
Non, non, non nos moverán".
Somos moitos os que queremos galego.
  Xabi Trece Trece
RAP en galego, é dicícil escoitalo, é difícil entendelo, non o fago por diñeiro, é difícil comprendelo?, velo coma raro pero é máis que sinxelo, rapeo no idioma no que falaba de pequeno, soa a paleto? paleto é o que pensa en branco e negro e eu pénsoche en 3D neno, velo? teño tanto cerebro coma o teu rapeiro de portada de revista de canteo. De neno escoitaba ó meu abuelo e agora escoito a miña conciencia e dime que son galego, non hai máis, é sinceiro, carne e tempo, choiva e vento, sentimento natural coma os grelos. Era raro, eu falo de conservalo e ti disme que trato de impoñelo... eres lelo?... ou falo?, en calqera caso, non é certo, tratamos de protexelo, só señor Feijóo, deixe de fodelo..

non é de Cali nin Madrid,
non é gangsta nin bling bling
e dun galego coma min,
para un galego coma ti,

Non hai moito ke dicir
pero hai maneiras de o facer
eu fágoo así,
en galego ti

Mira, mira, escoita, moita rima minte, moita rima é fácil, a miña rima é áxil, a miña rima mastica mc´s con bocas maxi e mentes mini, lírica xl nene. Leo e estudo sen esperar exámen, mero instinto intelectual, nada rentable,
galego é cen por cen grátis, é de balde, falalo é conservalo, historia viva e vale máis ke ouro.
Cada língua é un tesouro, a vida tradúcese en códigos e os códigos en formas de vida, contra a uniformidade mental acrítica a diversidade será a única saída, por iso insisto, vivo en galego por principios, por respecto, por cultura, por estilo, cen por cen fashionable coma Rei Zentolo, Galiza é calidade en tódolos sentidos...
  Marcelino Fernández Mallo - Economista
non estou seguro se vos valerá o texto, poema doente e rabioso, que acabo de publicar no meu blogue http://atrenza.blogaliza.org

Quitade as vosas sucias mans da miña lingua
Metédeas no cu
ou facede con elas un vurullo.
Cortádeas e tirádeas ó vertedoiro
co resto de cargamento de prea.
Quitade as vosas mans e as vosas gorxas
Non a faledes
Non a invoquedes
Non a soñedes sequera
Non
a
toquedes.
Tocade os vosos membros corruptos
Sobádeos con saña
Ou facede con eles carne de canón.
Cortádeos e tirádeos ó vertedoiro
co resto de cargamento de prea.
Quitade as vosas sucias mans derriba dela
Para firmardes novas condenas
E lavádeas despois como Pilatos.
Sodes cans que miañan
Sodes gatos que ladran.


CGENDL




  • 2010-05-23 - €nVieiros Corenta textos cheos de orgullo€

  • 2010-05-23 - €nXornal de Galicia Cuiña, Peón e Lobato, entre os novos â˜orgullosos do galego€

  • 2010-05-23 - €nMarcelino Fernández Mallo asina o primeiro texto orgulloso que chega á web da campaña€

  • 2010-05-23 - €nO IES Pintor Colmeiro de Silleda participa cun novo vídeo orgulloso€

  • 2010-05-23 - €nNovos vídeos orgullosos do IES As Fontiñas de Santiago e A Paralaia de Moaña€

  • 2010-05-23 - €nOrgullosos/as do alumnado do IES Pintor Colmeiro de Silleda polo seu marabilloso Galegando€

  • 2010-05-23 - €nFacebook. Lolo Fenández López€ Eu tamén estou orgulloso do noso galego

  • 2010-05-23 - €nFacebook. Rafael Cuíña€ Dende a caldeira do inferno sanvicenteña dos máis de 30º, honrado da participación na campaña "orgullos@s do galego"

  • 2010-05-23 - €nWeb da campaña Seve: Excelente idea. Por encima de calquera ideoloxía defendamos a nosa terra defendamos a nosa lingua. Estou orgulloso de ser galego e de falar esta lingua€

  • 2010-05-23 - A campaña do Orgullo no €nGalicia Hoxe: 8 castelán-5 galego€

  • 2010-04-08 - Web campaña Noraboa, paréceme moi ben que se faga algo pola nosa lingua, xa está ben de atacala, eu personalmente estou xa un pouco farta, levo toda a miña vida tendo que dar explicacións de porqué a falo e porqué lla falo ós meus fillos, como si non fora algo natural, é a miña lingua e faloa porque si e porque me peta. Asdo. Lala.

  • 2010-04-08 - Tuenti Eutamsóeu Tam Só Eu: Graciñas por convidarme!! Encántame a vosa campaña!!!! Moita sorte con ela!! Cando teña un tempiño seguro que recibides algo da miña parte!! Saúdos!

  • 2010-03-28 - Tuenti Marcos Folgueiras Rodríguez: Por suposto!! Orgulloso do noso, orgulloso do galego! Forza ;)

  • 2010-03-28 - Tuenti uxia hermida sobral-fiuza moldes-gomez: Orgullosa do noso orgullosa do GALEGO!! :D

  • 2010-03-28 - Tuenti Pablo Belay Fernández: Parabéns polo traballo feito para reclamar a dignidade da nosa lingua.

  • 2010-03-28 - Tuenti Clube Instituto Rosalía de Castro: gústanos a campaña! parabéns!

  • 2010-03-28 - Tuenti Evento orgullo Francisco Barros Fernandez: isto é a verdade TEMOS K PROTEXER A NOSA LINGUA!

  • 2010-03-28 - Tuenti Evento orgullo Sabela Caridad García: orgullosa a morte de miña linguaaaaaaaaaaa!

  • 2010-03-28 - Facebook Evento orgullo Eva María García Rei: Orgullosa é pouco, orgullosísima estou! E de iniciativas coma esta aínda máis.

 



Presentación da campaña

Por que deseñamos esta campaña?

Para transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, raza, orixe ou cor de pel que teñamos.

O que queremos transmitir?

Que ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...

Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.

Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHENDEAR da nosa lingua.

E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca

o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.

o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.

o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con millóns de persoas no mundo.

o ORGULLO de ter unha lingua de noso.

Como se materializa esta campaña?

Nesta primeira fase, consta de dúas partes:

  • Campaña gráfica
  • Vídeos

A campaña gráfica componse de materiais nos que vai estampado o lema da campaña, que elaborou de maneira totalmente desinteresada un deseñador profesional, ao que lle estamos inmensamente agradecidos, xa que sen el, en realidade, non teriamos campaña. Os distintos modelos de materiais están dispoñibles nesta páxina web a disposición dos diferentes ENDL, e mais de todos os que mostren interese neles, para que poidan escoller, imprimir e difundir os que queiran. Trátase de modelos de camisolas, chapas, adhesivos, cartaces, marcapáxinas, colantes para coches e banners para páxinas web. Estes son os materiais que xa están á disposición de quen teña interese neles, pero imos ir engrosando esta lista con máis mostras que xa se están deseñando.

Os vídeos. Presentamos tamén dous vídeos que se elaboraron, produciron e editaron grazas á colaboración igualmente desinteresada de Antón Reixa e da produtora Filmanova e dalgunhas das figuras máis destacadas que ten Galicia, dos que todos os galegos nos sentimos tamén moi orgullosos. Actores, actrices, músicos e xornalistas colaboraron connosco desinteresadamente.

Luís Tosar, Antón Reixa, Belén Regueira, Martín Rivas, Susana Seivane, e María Castro, protagonistas do vídeo “Orgullosos do galego”, así coma Isabel Risco e Carlos Ares, protagonistas do vídeo “En galego, proba e verás”, fixeron un oco nas súas axendas sempre apretadas e aceptaron realizar un traballo de balde, altruísta igual ca o noso, porque comparten as mesmas inquietudes que temos nós pola lingua galega e porque os move o mesmo orgullo.

A todos eles, así coma aos extras, guionistas, cámaras e toda a xente que participou na elaboración dos vídeos, tamén de forma desinteresada, así coma á persoa que se encargou de que todo estivese a punto hoxe para visualizalo na nosa web, queremos reiterarlle o noso enorme agradecemento.

Como se difunde?

A Coordinadora galega de ENDL formada por docentes que se esforzan porque a lingua galega ocupe o lugar que merece na nosa sociedade, ademais doutras tarefas, ocúpase da elaboración de materiais, ou organiza a elaboración de materiais coma estes, e ponos á disposición da sociedade. Aí están para que se empreguen nas comunidades educativas, pero tamén para que quen queira bote man deles e os difunda, porque xa non son nosos, son da sociedade galega.