Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego. |
Premio Mestre Mateo 2010 |
![]() |
Falar galego: Onde, Cando e Por que ENDL-1º, 2º, 4º Primaria |
![]() |
Falo galego Co galego a todas partes Vídeo feito por 3ºA |
![]() |
Orgullos@s do noso
IES Pedras Rubias |
![]() |
Orgullos@s do galego
ENDL do IES Pintor Colmeiro |
![]() |
Orgullosos do noso, orgullosos do galego
Alumnado do 1º Ciclo. |
![]() |
Orgullosas e orgullosos do galego
Lidia, Belén e Uxía están orgullosas do galego. |
![]() |
A hortiña
Pais, nais e nen@s comentan o seu achegamento á lingua galega. |
![]() |
Galegando Alumnado do |
![]() |
Orgullosa da miña lingua |
![]() |
A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego |
Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.
| Enviar a amig@s a ligazón | Gústame (398 persoas) |
En galego, proba e verás
Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.
| Enviar a amig@s a ligazón | Gústame (257 persoas) |
A Coordinadora Galega de ENDL pon a disposición dos ENDL dos centros educativos e da sociedade galega en xeral o seguinte catálogo do material gráfico preparado para a súa descarga, impresión e distribución segundo os desexos, a realidade e as posibilidades que cadaquén crea máis oportuno.
Usa este material como queiras, axúdanos a difundir a campaña e fai que máis persoas declaren o seu orgullo polo noso, o seu orgullo polo galego.
![]() Camisola - |
![]() Camisola - |
![]() Camisola - |
![]() Camisola Cativos.jpg Camisola Cativos.psd (Photoshop) |
![]() Camisola Cativos.jpg Camisola Cativos.psd (Photoshop) |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Orgullos@s do galego Descarga |
En galego, proba e verás Descarga |
Orgullos@s do galego Descarga |
|
Orgullos@s do galego Descarga |
En galego, proba e verás Descarga |
Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego
Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e grava un spot, unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes gravar? Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas. Tenta facelo ben pero faino. Colle sen medo a cámara de vídeo, o móbil ou calquera outro dispositivo que teñas a man e grava.
Como enviar os traballos
Enviade os vosos vídeos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:
A maneira ideal de nos facer chegar os vosos traballos é en ficheiros de vídeo en formato FLV (flash) a 700kbps (calidade normal) ou en formato MP4 comprimido usando o códec h.264 a 1300kbps (alta calidade). O son enviarase en formato AAC a 128kbps.
Que formatos son estes? Se non os dominas, todo ten solución, :) Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas sobre as características técnicas dos traballos, non dubides en dirixirte a correo@coordinadoraendl.org.
E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?
Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.
Nota legal
No caso de que nos vídeos aparezan imaxes de menores de idade, deberase achegar autorización para a exposición pública do vídeo no sitio web da CGENDL e nas canles da coordinadora en Vimeo e Youtube.
Licenza
Os vídeos da Coordinadora Galega de ENDL son propiedade da coordinadora e de Filmanova, e libéranse cunha licenza Creative Commons de recoñecemento e compartir igual. Pódense, polo tanto, copiar, distribuír e comunicar publicamente os vídeos sempre que non se faga un uso comercial deles.
Os vídeos que enviedes para formar parte da campaña son propiedade vosa e estarán suxeitos á mesma licenza. Do mesmo xeito, as músicas que se poidan utilizar en cada vídeo deben ter a súa licenza, da que se debe informar no momento do envío (só se aceptan músicas suxeitas a licenzas Creative Commons).
Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego
Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e escribe unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... ou na rúa cos amigos e amigas e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Ti es o protagonista, colle un boli e un papel ou un ordenador e ponte a escribir ese relato, ese poema, esa carta, unha declaración ou ese microrrelato que tes na cabeciña, esa historia que fala do teu orgullo pola lingua galega.
Como enviar os traballos
Enviade os vosos textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:
Enviade os textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org
Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas, non dubides en dirixirte acorreo@coordinadoraendl.org
E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?
Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.
![]() |
Falar galego: ENDL-1º, 2º, 4º Primaria |
| Gústame: 65 |
![]() |
Falo galego Vídeo feito por 3ºA |
| Gústame: 70 |
![]() |
Orgullos@s do noso |
| Gústame: 952 |
![]() |
Orgullos@s do galego |
| Gústame: 949 |
![]() |
Orgullosos do noso, orgullosos do galego |
| Gústame: 942 |
![]() |
Orgullosas e orgullosos do galego |
| Gústame: 933 |
![]() |
A hortiña |
| Gústame: 952 |
![]() |
Galegando |
| Gústame: 956 |
![]() |
Orgullosa da miña lingua |
| Gústame: 938 |
![]() |
A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego |
| Gústame: 77 |

Por que deseñamos esta campaña?
Para transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, raza, orixe ou cor de pel que teñamos.
O que queremos transmitir?
Que ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...
Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.
Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHENDEAR da nosa lingua.
E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca
o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.
o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.
o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con millóns de persoas no mundo.
o ORGULLO de ter unha lingua de noso.
Como se materializa esta campaña?
Nesta primeira fase, consta de dúas partes:
A campaña gráfica componse de materiais nos que vai estampado o lema da campaña, que elaborou de maneira totalmente desinteresada un deseñador profesional, ao que lle estamos inmensamente agradecidos, xa que sen el, en realidade, non teriamos campaña. Os distintos modelos de materiais están dispoñibles nesta páxina web a disposición dos diferentes ENDL, e mais de todos os que mostren interese neles, para que poidan escoller, imprimir e difundir os que queiran. Trátase de modelos de camisolas, chapas, adhesivos, cartaces, marcapáxinas, colantes para coches e banners para páxinas web. Estes son os materiais que xa están á disposición de quen teña interese neles, pero imos ir engrosando esta lista con máis mostras que xa se están deseñando.
Os vídeos. Presentamos tamén dous vídeos que se elaboraron, produciron e editaron grazas á colaboración igualmente desinteresada de Antón Reixa e da produtora Filmanova e dalgunhas das figuras máis destacadas que ten Galicia, dos que todos os galegos nos sentimos tamén moi orgullosos. Actores, actrices, músicos e xornalistas colaboraron connosco desinteresadamente.
Luís Tosar, Antón Reixa, Belén Regueira, Martín Rivas, Susana Seivane, e María Castro, protagonistas do vídeo “Orgullosos do galego”, así coma Isabel Risco e Carlos Ares, protagonistas do vídeo “En galego, proba e verás”, fixeron un oco nas súas axendas sempre apretadas e aceptaron realizar un traballo de balde, altruísta igual ca o noso, porque comparten as mesmas inquietudes que temos nós pola lingua galega e porque os move o mesmo orgullo.
A todos eles, así coma aos extras, guionistas, cámaras e toda a xente que participou na elaboración dos vídeos, tamén de forma desinteresada, así coma á persoa que se encargou de que todo estivese a punto hoxe para visualizalo na nosa web, queremos reiterarlle o noso enorme agradecemento.
Como se difunde?
A Coordinadora galega de ENDL formada por docentes que se esforzan porque a lingua galega ocupe o lugar que merece na nosa sociedade, ademais doutras tarefas, ocúpase da elaboración de materiais, ou organiza a elaboración de materiais coma estes, e ponos á disposición da sociedade. Aí están para que se empreguen nas comunidades educativas, pero tamén para que quen queira bote man deles e os difunda, porque xa non son nosos, son da sociedade galega.