Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego.

O contido desta páxina require unha versión máis recente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player


Premio Mestre Mateo 2010
     
  • Vídeos
  • Textos

Orgullo dos nos@s

Falar galego:
Onde, Cando e Por que

ENDL-1º, 2º, 4º Primaria
CEIP San Clemente


Falo galego
Co galego a todas partes

Vídeo feito por 3ºA
CEIP de Aguiño


Orgullos@s do noso

IES Pedras Rubias
Salceda de Caselas (Pontevedra).


Orgullos@s do galego

ENDL do IES Pintor Colmeiro
Silleda (Pontevedra).


Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Alumnado do 1º Ciclo.
IES A Paralaia de Moaña.


Orgullosas e orgullosos do galego

Lidia, Belén e Uxía están orgullosas do galego.
ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.


A hortiña

Pais, nais e nen@s comentan o seu achegamento á lingua galega.
Ana Mª Pérez Rico


Galegando

Alumnado do
IES Pintor Colmeiro-Silleda


Orgullosa da miña lingua

Patricia Neira
IES Félix Muriel de Rianxo


A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego
Grupo 3ºD
CPI Vicente Otero Valcárcel


 


Orgullos@s do galego

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.


Enviar a amig@s a ligazón Gústame (397 persoas)

 

En galego, proba e verás

Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.

Enviar a amig@s a ligazón Gústame (257 persoas)


Aíd
Cantante
      
Descargar

Fermín Bouza
Sociólogo
 

Ramón Chao
Xornalista

Xosé Chao
Teólogo

Rafa Cuíña

Empresario

Ánxeles Cuña
Dramaturga

Kiko Da Silva
Debuxante

Suso De Toro
Escritor
 

Manuel Dios
Presidente Ed.para a Paz

Xoán Docampo
Xornalista
 

Xosé Antón Fraga
Dir. Casa das Ciencias
 
 

Xulio Fernández
Profesor Enxeñaría de Telecomunicacións
 

Xosé Larrosa
Xadrecista
 

Xurxo Lobato
Fotógrafo

Alexo López
Médico


Pedro Nimo
Deportista

Javi Olleros
Cociñeiro

Mercedes Peón
Cantante
 

Xavier Queipo
Científico

Anxo Queiruga
Presidente COGAMI

   

José Manuel Vez
Catedrático de Universidade
 


Orgullo dos nos@s




CGENDL


A Coordinadora Galega de ENDL pon a disposición dos ENDL dos centros educativos e da sociedade galega en xeral o seguinte catálogo do material gráfico preparado para a súa descarga, impresión e distribución segundo os desexos, a realidade e as posibilidades que cadaquén crea máis oportuno.
Usa este material como queiras, axúdanos a difundir a campaña e fai que máis persoas declaren o seu orgullo polo noso, o seu orgullo polo galego.

  • Vídeos
  • Texto

Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e grava un spot, unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes gravar? Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas. Tenta facelo ben pero faino. Colle sen medo a cámara de vídeo, o móbil ou calquera outro dispositivo que teñas a man e grava.

Como enviar os traballos

Enviade os vosos vídeos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:

  • Título do traballo
  • Nome e apelidos de cada participante (profesor/a e alumnos/as)
  • Dirección postal e correo electrónico do Centro e/ou da persoa responsable.
  • Tlf. de contacto do Centro e/ou da persoa responsable.
  • No caso de que nos vídeos aparezan imaxes de menores de idade, a persoa responsable deberá posuír as autorizacións dos titores legais dos menores para a exposición pública do(s) vídeo(s) no sitio web da CGENDL e nas canles da coordinadora en Vimeo e Youtube (ver modelo adxunto).

A maneira ideal de nos facer chegar os vosos traballos é en ficheiros de vídeo en formato FLV (flash) a 700kbps (calidade normal) ou en formato MP4 comprimido usando o códec h.264 a 1300kbps (alta calidade). O son enviarase en formato AAC a 128kbps.

Que formatos son estes? Se non os dominas, todo ten solución, :) Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas sobre as características técnicas dos traballos, non dubides en dirixirte a correo@coordinadoraendl.org.

E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?

 Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.

Nota legal

No caso de que nos vídeos aparezan imaxes de menores de idade, deberase achegar autorización para a exposición pública do vídeo no sitio web da CGENDL e nas canles da coordinadora en Vimeo e Youtube.

Licenza

Os vídeos da Coordinadora Galega de ENDL son propiedade da coordinadora e de Filmanova, e libéranse cunha licenza Creative Commons de recoñecemento e compartir igual. Pódense, polo tanto, copiar, distribuír e comunicar publicamente os vídeos sempre que non se faga un uso comercial deles.

Os vídeos que enviedes para formar parte da campaña son propiedade vosa e estarán suxeitos á mesma licenza. Do mesmo xeito, as músicas que se poidan utilizar en cada vídeo deben ter a súa licenza, da que se debe informar no momento do envío (só se aceptan músicas suxeitas a licenzas Creative Commons).

 

Estamos orgullos@s do noso, orgullos@s do galego

Esta campaña é túa, esta campaña é de todos e de todas. Colabora connosco e escribe unha breve historia, unha declaración... mostrando o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Que non sabes como expresalo? A creatividade está dentro de ti. Aí tes o lema, os vídeos, a idea... e dálle voltas, faina túa, falade no colexio ou no instituto, cos profes e cos compas... ou na rúa cos amigos e amigas e mostra o teu orgullo polo noso, o teu orgullo polo galego. Ti es o protagonista, colle un boli e un papel ou un ordenador e ponte a escribir ese relato, ese poema, esa carta, unha declaración ou ese microrrelato que tes na cabeciña, esa historia que fala do teu orgullo pola lingua galega.

Como enviar os traballos

Enviade os vosos textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org Os participantes deben achegar a seguinte información:

Enviade os textos ao correo da Coordinadora: correo@coordinadoraendl.org

  • Os participantes deben achegar a seguinte información xunto co texto, que debe ser orixinal:
  • Título do texto (poema, relato, microrrelato...).
  • Nome e apelidos do participante
  • Curso e idade
  • Centro de ensino e localidade
  • Correo electrónico.

Para calquera consulta, suxestión ou problema que teñas, non dubides en dirixirte acorreo@coordinadoraendl.org

E se o teu orgullo xa hai tempo que deixou a escola?

 Se estás orgullos@ do galego e queres contarllo a todo o mundo, mándanolo.

 

 

 

0  Comentarios:















  • Vídeos
  • Textos

Falar galego:
Onde, Cando e Por que

ENDL-1º, 2º, 4º Primaria
CEIP San Clemente

Gústame:  65
     

Falo galego
Co galego a todas partes

Vídeo feito por 3ºA
CEIP de Aguiño

Gústame:  70
     

Orgullos@s do noso

IES Pedras Rubias
Salceda de Caselas (Pontevedra). Maio 2010.

Gústame:  952
     

Orgullos@s do galego

ENDL do IES Pintor Colmeiro
Silleda (Pontevedra). Maio 2010.

Gústame:  949
     

Orgullosos do noso, orgullosos do galego

Alumnado do 1º Ciclo.
IES A Paralaia de Moaña

Gústame:  941
     

Orgullosas e orgullosos do galego

Lidia, Belén e Uxía están orgullosas do galego.
ENDL do IES As Fontiñas de Santiago de Compostela

Gústame:  933
     

A hortiña

Pais, nais e nen@s comentan o seu achegamento á lingua galega.
Ana Mª Pérez Rico

Gústame:  951

Galegando

Lipdub do Alumnado do
IES Pintor Colmeiro-Silleda

Gústame:  955
     

Orgullosa da miña lingua

Patricia Neira
IES Félix Muriel de Rianxo

Gústame: 938
    

A nós non nos gusta que nos dobren, nós estamos orgullosos/as de falar galego

Grupo 3ºD
CPI Vicente Otero Valcárcel

Gústame:  77













CGENDL




 



Presentación da campaña

Por que deseñamos esta campaña?

Para transmitirlle á comunidade educativa, que é coa que traballamos, pero tamén ao conxunto da sociedade galega, un sentimento que debería ser común a todos nós, independentemente da ideoloxía de cadaquén, da súa condición social ou do lugar onde se viva, independentemente da idade, raza, orixe ou cor de pel que teñamos.

O que queremos transmitir?

Que ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...

Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.

Por iso lanzamos esta campaña, para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHENDEAR da nosa lingua.

E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca

o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.

o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.

o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con millóns de persoas no mundo.

o ORGULLO de ter unha lingua de noso.

Como se materializa esta campaña?

Nesta primeira fase, consta de dúas partes:

  • Campaña gráfica
  • Vídeos

A campaña gráfica componse de materiais nos que vai estampado o lema da campaña, que elaborou de maneira totalmente desinteresada un deseñador profesional, ao que lle estamos inmensamente agradecidos, xa que sen el, en realidade, non teriamos campaña. Os distintos modelos de materiais están dispoñibles nesta páxina web a disposición dos diferentes ENDL, e mais de todos os que mostren interese neles, para que poidan escoller, imprimir e difundir os que queiran. Trátase de modelos de camisolas, chapas, adhesivos, cartaces, marcapáxinas, colantes para coches e banners para páxinas web. Estes son os materiais que xa están á disposición de quen teña interese neles, pero imos ir engrosando esta lista con máis mostras que xa se están deseñando.

Os vídeos. Presentamos tamén dous vídeos que se elaboraron, produciron e editaron grazas á colaboración igualmente desinteresada de Antón Reixa e da produtora Filmanova e dalgunhas das figuras máis destacadas que ten Galicia, dos que todos os galegos nos sentimos tamén moi orgullosos. Actores, actrices, músicos e xornalistas colaboraron connosco desinteresadamente.

Luís Tosar, Antón Reixa, Belén Regueira, Martín Rivas, Susana Seivane, e María Castro, protagonistas do vídeo “Orgullosos do galego”, así coma Isabel Risco e Carlos Ares, protagonistas do vídeo “En galego, proba e verás”, fixeron un oco nas súas axendas sempre apretadas e aceptaron realizar un traballo de balde, altruísta igual ca o noso, porque comparten as mesmas inquietudes que temos nós pola lingua galega e porque os move o mesmo orgullo.

A todos eles, así coma aos extras, guionistas, cámaras e toda a xente que participou na elaboración dos vídeos, tamén de forma desinteresada, así coma á persoa que se encargou de que todo estivese a punto hoxe para visualizalo na nosa web, queremos reiterarlle o noso enorme agradecemento.

Como se difunde?

A Coordinadora galega de ENDL formada por docentes que se esforzan porque a lingua galega ocupe o lugar que merece na nosa sociedade, ademais doutras tarefas, ocúpase da elaboración de materiais, ou organiza a elaboración de materiais coma estes, e ponos á disposición da sociedade. Aí están para que se empreguen nas comunidades educativas, pero tamén para que quen queira bote man deles e os difunda, porque xa non son nosos, son da sociedade galega.