Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
De Bolina

Bolinar:
Navegar aproveitando ao máximo a dirección do vento

Ofrecémosche unha selección de referencia con recursos e información relacionada coa planificación e normalización das linguas minorizadas. Cada semana recomendámosche unha nova viaxe.

ONOMáSTICA
  • A caixa dos apelidos
    Sección do web da Mesa pola Normalización Lingüística con información sobre antroponimia galega
  • Aquén
    Ferramenta que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais galegos
  • As cousas polo seu nome. Restaura o teu apelido
    Páxina web na que se poden atopar todos os recursos e información necesaria para restituír os apelidos á súa forma galega correcta.
  • Caixa de nomes
    Sección do web da Mesa pola Normalización Lingüística con información sobre nomes galegos de home e muller
  • Cartografía dos apelidos de Galicia
    Aplicación informática que permite a análise da distribución xeográfica dos apelidos no territorio galego
  • Chamámonos así
    Proxecto para recoller e difundir a toponimia de oito parroquias pontevedresas.
  • Distribución municipal dos apelidos
    Base de datos do IGE que permite coñecer a distribución municipal dos apelidos dos residentes en Galicia
  • Distribución municipal dos nomes
    Base de datos do IGE que permite coñecer a distribución municipal dos nomes propios dos residentes en Galicia
  • Galicia Nomeada
    Ferramenta dixital que permite a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega de xeito colaborativo.
  • Guía dos nomes galegos
    Guía que compila as formas estandarizadas de máis de 1500 antropónimos galegos, xunto coas súas variantes e hipocorísticos, a etimoloxía, a motivación e a historia dos personaxes que os popularizaron
  • Nomenclátor de Galicia
    Sección do web da Xunta de Galicia onde se recolle o nomenclátor oficial das entidades de poboación galegas (provincia, concello, parroquia e lugar).
  • Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
    Listaxe normalizada, elaborada polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, cos 1.500 apelidos máis comúns en Galicia.
  • Os nomes da terra
    Serie audiovisual elaborada pola AS-PG para divulgar a orixe e significado do noso patrimonio toponímico.
  • Os nomes dos concellos da provincia da Coruña
    Estudo sobre a toponimia municipal da provincia da Coruña, desenvolvido no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.
  • Terra Nomeada
    Colección da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica para recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia.
  • Toponimia de Galicia
    Web do Proxecto Toponimia de Galicia que permite buscar nomes de lugares e localizalos sobre unha fotografía aérea
  • Toponimia de Redondela
    Páxina web con información e publicacións sobre a toponimia do concello de Redondela
  • UNGEGN World Geographical Names
    Atlas multilingüe cos nomes de países, capitais e cidades meirandes (máis de 100 000 habitantes) nas linguas propias de cada topónimo
  • Xeración dos Axóuxeres. Escolma de nomes
    Listaxe de nomes galegos para neno e nena compilados no marco da campaña Xeración dos Axóuxeres, desenvolvida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205