DE GAITEIRO A GAITEIRO

DE GAITEIRO A GAITEIRO

Unha aventura cultural ao redor da música tradicional

CAPÍTULO I, 22 de xullo de 2020

A ENCARGA DO GARDIÁN DO TESOURO

Esta é a historia do encontro entre dous gaiteiros senlleiros da música galega: Ricardo Portela e Carlos Núñez. Cando se coñeceron, o primeiro era xa unha lenda viva da gaita tradicional. E o segundo, un neno que aprendía a tocala. Pouco antes de morrer, Portela fíxolle a Carlos Núñez unha encomenda. Carlos traballaría nela durante décadas ata completala e estendela. E os traballos acaban de rematar. Segue, nesta semana do Día de Galicia, esta fascinante aventura cultural.

Ver historia



CAP?TULO II, 23 de xullo de 2020

O DESAFÍO: ESCRIBIR O INVISIBLE

En que consistía a encomenda que lle fixo Ricardo Portela a Carlos Núñez? En transcribir as súas versións dos temas tradicionais galegos. Pero coa escrita tradicional da música clásica era moi difícil recoller boa parte dos matices e notas interpretadas polo vello gaiteiro. Neste vídeo, Carlos Núñez explícanos o desafío.


CAPÍTULO III, 24 de xullo de 2020

A VIAXE: PORTELA COMO ÁNCORA

Esta historia comezou cunha viaxe: a que fixo un Carlos Núñez moi novo á Bretaña, na procura dun xeito de escribir a extraordinaria riqueza da tradición oral dos gaiteiros antigos. Pero continuou con outra: a da propia proxección internacional de Carlos Núñez. E nesta outra viaxe ao redor do planeta, concerto tras concerto, a encomenda de Ricardo Portela xogaría un rol inagardado.

Ver historia

 


CAPÍTULO IV, 25 de xullo de 2020

AIRES DE PONTEVEDRA: O ENCONTRO DOS TEMPOS

Do encontro entre dúas xeracións de gaiteiros, e da vontade por atopar camiños comúns, fixo que o vínculo entre a vella tradición e a nova gaita non crebara. A versión de Aires de Pontevedra que transmitiu Ricardo Portela a Carlos Núñez é hoxe interpretada por gaiteiros de todo o mundo e de distintas tradicións musicais. Descubre como foi.

Ver historia


De gaiteiro a gaiteiro. Vivencias, transcricións e análise

E este é o resultado da encomenda. Un libro no que se recolle a memoria de Ricardo Portela pero, sobre todo, o seu legado musical. Historias, músicas e unha herdanza para o futuro da música galega.

Descarga o libro


Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/de-gaiteiro-a-gaiteiro/index.php on line 170

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/de-gaiteiro-a-gaiteiro/index.php on line 172

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/de-gaiteiro-a-gaiteiro/index.php on line 174

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/de-gaiteiro-a-gaiteiro/index.php on line 176

Warning: mysql_free_result(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/html/consello/html/www/especiais/de-gaiteiro-a-gaiteiro/index.php on line 178