[Data de publicación: xullo 2020]

No centenario do nacemento do mestre gaiteiro Ricardo Portela (Viascón, 1920-1992), o Consello da Cultura Galega presenta esta obra que pon a disposición pública os segredos do mestre, por vontade do autor e coa xenerosa intervención de Carlos Núñez.

Este libro é moito máis ca unha merecida homenaxe a unha figura crucial na historia moderna da gaita galega. Carlos Núñez, ademáis dos apontamentos biográficos, fai unha análise pormenorizada das claves do estilo e técnica interpretativa do mestre de Viascón, e recolle as transcricións do seu repertorio. O resultado é un extenso corpus de máis de corenta obras, entre as que están todas as melodías emblemáticas da gaita galega.
Titulo Ricardo Portela
De gaiteiro a gaiteiro. Vivencias, transcricións e análise
Autoría Carlos Núñez
Edición Fernando Fraga
Introdución Carlos Núñez
Limiar Rosario Álvarez
Carlos Núñez
Álvaro Torrente
Obxecto de estudo Ricardo Portela
Revisión lingüística Alba Cid Fernández
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 199 p. , [41 partituras]: il., fot.
Notas Contén: 1.- Prólogos (p. 8). 2.- De gaiteiro a gaiteiro. Vicencias, trasnscricións e análise (p. 22). 3.- Transcricións [partituras] (p. 124).
ISBN 978-84-17802-19-6
Depósito Legal C 677-2020
Materias
Código QR