A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüÃstica no ensino a participar no II Encontro de equipos e de docentes pola normalización, que terá lugar o sábado 11 de febreiro no  IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Â
Do mesmo xeito có curso pasado, será un espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballan pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüÃstica tal e como establece a lexislación.
Ao longo da  xuntanza teremos a posibilidade de compartir experiencias que se desenvolven nos institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
Ante a demanda por parte dalgunhas persoas adscritas á CGENDL, este ano haberá a posibilidade de mostrar os diferentes materiais que se realizan nos Equipos dos centros educativos para compartilos e facer visible moitas das actividades que os equipos levan a cabo na actualidade ou realizaron en cursos anteriores.
Ao carón do salón de actos, haberá unhas mesas onde poderedes mostrar e colocar aquilo que consideredes (calendarios, marcapáxinas, revistas, trÃpticos, camisolas, produtos audiovisuais...). Agradecemos a vosa colaboración para que a experiencia resulte enriquecedora para todas as persoas asistentes á xornada de formación. Precisamos que nos confirmedes a vosa colaboración antes do mércores 8 de febreiro.
Programa

Como Chegar
Os contidos e recursos recollidos nesta páxina web teñen unha finalidade educativa. Calquera contido que non cumpra cos requisitos necesarios para aparecer nesta web será retirado inmediatamente se así é comunicado polo autor e/ou autores ou propietarios/as dos seus dereitos.
A través desta páxina accédese libremente a recursos educativos da autoría da Coordinadora Galega de ENDL, dirixidos a aquelas persoas que queiran facer deles un uso ou utilización educativa.
Nesta páxina tamén se accede, a través de ligazóns externas ou directamente, a contidos educativos creados por docentes e centros educativos, así como por institucións e colectivos sociais e culturais cuxa autoría é citada expresamente.
A CGENDL non ten ningunha finalidade lucrativa e en ningún caso se comercializa cos contidos que aparecen neste sitio web, tampouco por parte de terceiros.