Os quixotes da terra van de camiño

Nós: de onte a hoxe

Os quixotes da Terra van de camiño

Presentamos unha pequena xoia manuscrita da cultura do país. Os roteiros que Ramón Otero Pedrayo deseñou á man para o seu amigo Silvio Santiago na segunda metade dos anos 60. Mapas, apuntamentos literarios e gastronómicos, moito humor e unha semana de intensísima viaxe por Galicia para todo aquel ‘quixote’ que queira explorar a cultura galega a través de Galicia.

Todas as semanas ofreceremos unha nova viaxe. Poderás consultar o manuscrito, ler a súa transcrición e realizar connosco unha viaxe multimedia seguindo os pasos de Otero Pedrayo. As figuras históricas por el retratadas deixaron un longo pouso na nosa cultura que tamén recollemos nestes paseos, a través das achegas de diferentes persoas e colectivos que recrearon e versionaron estes clásicos da literatura galega.

Coñece máis sobre os manuscritos, a través dos textos e a edición de Afonso Vázquez-Monxardín Fdz.



1. Día de Pastor Díaz

Este é o primeiro roteiro deseñado por Ramón Otero Pedrayo, titulado por el como "I. Día de Pastor Díaz". Discorre de Santiago de Compostela a Viveiro, con numerosas paradas intermedias.



Día de Pastor Díaz

2. Día de Pondal

Itinerario literario e xeográfico elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Eduardo Pondal. Discorre de Viveiro a Cée, con diversas paradas intermedias.


Explora o multimedia

Día de Pondal

3. Día de Castelao

Itinerario literario e xeográfico elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Discorre de Corcubión a Vigo, con diversas paradas intermedias.



Explora o multimedia

Día de Castelao

4. Día de Pedro Madruga

Itinerario xeográfico e histórico elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Pedro Madruga. Discorre de Vigo a Ourense, con diversas paradas intermedias.





Explora o multimedia

Día de Pedro Madruga

5. Día de Curros Enríquez

Itinerario xeográfico e literario elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Curros Enríquez. Discorre de Ourense ao Barco de Valdeorras, con diversas paradas intermedias.



Explora o multimedia

Día de Curros Enríquez

6. Día de Feixóo

Itinerario xeográfico e histórico elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Benito Jerónimo Feijóo. Discorre do Barco de Valdeorras a Lugo, con diversas paradas intermedias.



Explora o multimedia

Día de Feixóo

7. Itinerario xeográfico e literario de Rosalía de Castro elaborado por Ramón Otero Pedrayo

Itinerario xeográfico e literario elaborado por Ramón Otero Pedrayo e centrado na figura de Rosalía de Castro. Discorre do Lugo a Santiago de Compostela, con diversas paradas intermedias.



Explora o multimedia

Itinerario xeográfico e literario de Rosalía de Castro elaborado por Ramón Otero Pedrayo