Olladas sobre Nós

Olladas sobre Nós

Olladas sobre Nós

A cultura galega contemporánea explora a revista Nós e nos presenta os seus textos máis destacados.

O 30 de outubro de 1920 arrincaba en Ourense a revista Nós. Boletín mensual da cultura galega, un dos proxectos culturais decisivos da Galicia contemporánea. Entre 1920 e 1936, Nós enfiou a tradición cultural galega coa modernidade e conectou o país cos movementos intelectuais da Europa do momento, e foi o órgano de expresión dunha xeración que marcou, co seu legado, o xeito no que comprendemos Galicia.

En Olladas sobre nós facemos unha proposta: solicitar a personalidades relevantes da cultura galega actual que deiten a súa atención sobre a revista e nos seleccionen algún dos textos que, ao seu xuízo, foron decisivos no seu itinerario persoal ou para o conxunto da cultura e sociedade galegas, accesibles a partir do portal Galiciana. A partir da división temática do coñecemento que establecera o propio Seminario de Estudos Galegos, cada semana ollaremos Nós desde un ángulo distinto. De hoxe a onte, e de onte a hoxe.

A escolma


Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa la politica de cookies, aqui Se continuas navegando estaras aceptandoa
Politica de cookies +