RAMÓN OTERO PEDRAYO

RAMÓN OTERO PEDRAYO

Este 10 de abril cúmprense anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo. Patriarca das letras galegas, pertenceu á Xeración Nós. Traballou distintos xéneros: ensaio, novela, poesía... ademais de estudos científicos xeográficos na súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da II República.

Ramón Otero Pedrayo,
mestre da cultura galega

Ramón Piñeiro
2009

O libro permite coñecer sete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de Otero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeneración Nós, a oratoria, a significación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago de Compostela. Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous ao longo do tempo.
A publicación, que reproduce os retratos que Carlos Maside fixo de Piñeiro e Otero Pedrayo, e doce fotografías, incorpora tamén un CD coa gravación da conferencia "Otero Pedrayo na cultura galega", pronunciada por Ramón Piñeiro en Ourense en 1976.

Pdf Ficha

Audiolibros

Ramón Otero Pedrayo en América (I). 1993

Gravación realizada aos postres dunha das multitudinarias homenaxes que a colectividade galega lle rendeu a Otero Pedrayo con motivo da súa viaxe a Bos Aires no inverno austral de 1959. O seu discurso leva por título: Ourense, as súas terras e xentes.

Galicia e Europa. 2007

Esta entrega da colección As Nosas Voces que editou o Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega permite escoitar unha conferencia pronunciada por Don Ramón Otero Pedrayo na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires, o 26 de xullo de 1959. Nesta conferencia, o intelectual ourensán reflexiona sobre as relacións entre Galicia e a cultura europea, e é unha boa mostra do pensamento de amplas miras de Pedrayo.

Homenaxe a Noriega Varela. 2000

O 19 de outubro de 1967 Ramón Otero Pedrayo impartiu a conferencia Homenaxe a Noriega Varela durante as festas do San Lucas de Mondoñedo. Aquí pódela escoitar enteira, tal e como foi gravada, coa vibrante oratoria de Ramón Otero Pedrayo definindo a vida e obra do poeta luguós. A gravación foi recuperada por Manuel Rico nos arquivos de Radio Nacional na Coruña.

A paisaxe galega, as súas leis e tipos. 1998

Esta publicación ofrece unha das moitas conferencias que Otero Pedrayo pronunciou ó longo da súa vida arredor do tema da paisaxe. Foi dita por el en Bos Aires no ano 1947, no local da Federación de Sociedades Galegas.

Epistolarios

Epistolas de Ramon Otero Pedrayo con Antonio Fraguas

Antonio Fraguas con Ramón Otero Pedrayo

Esta publicación dixital da correspondencia entre os dous autores consta dun conxunto de cartas enviadas polo escritor ourensán que se atopan depositadas no Museo do Pobo Galego, que é o posuidor do arquivo persoal de Antonio Fraguas Fraguas. Esta colección está formada por 104 cartas enviadas entre 1928 e 1976.

Epistolas de Ricardo Carballo Calero con Ramon Otero Pedrayo

Ricardo Carballo Calero con Ramón Otero Pedrayo

Inclúe cartas, case a partes iguais entre ambos (De Otero a Carballo, que están nos fondos do Parlamento Galego, por depósito familiar, e de Carballo a Otero, que están na Fundación Penzol, por disposición testamentaria). Corresponden a un período que vai de abril de 1949 a outubro de 1974.