A maioría dos átomos do teu corpo creáronse no corazón das supernovas, as explosións coas que rematan a súa vida moitas estrelas. De ahí vimos todos: somos, literalmente, po de estrelas. Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo. A ciencia moderna é, ademais, unha ferramenta sólida, útil, gratificante e divertida: achéganos ideas e teorías sorpredentes sobre a natureza dos Cosmos que orixinou a vida no planeta Terra. Este libro é unha invitación para gozar deste espectáculo cotián da man de Xurxo Mariño, coas ilustracións humorísiticas de Santy Gutiérrez e as infografías de Manuela Mariño.
Titulo Po de estrelas
Subtítulo Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro
Autoría Xurxo Mariño
Ilustración Santy Gutiérrez
Manuela Mariño
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2007
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
Descrición física 182 p. : il. ; 23 cm.
ISBN 978-84-96530-49-2
Depósito Legal C 4340-2007
CCG. Signatura CCG 2007 316
Url externa pdf en liña
Materias
Código QR