Xurxo Mariño, científico e profesor da Universidade da Coruña, escribe en culturagalega.org dende o 2003 "Os dados do reloxeiro", artigos quincenais de divulgación científica. Actualidade, humor e a atención ás grandes cuestións da ciencia do noso tempo son algunhas das claves das columnas de Xurxo.
Este libro é unha fermosa colección de reflexións persoais ofrecidas cun exemplar tratamento divulgativo no que teremos a ocasión de ver reflectidas moitas cuestións da vida común, tratadas dende unha óptica científica: esa óptica que fai máis libre ao seu posuidor, a quen emprega eses criterios para intentar comprender o entorno. Lonxe dos antigos medos que proporcionaba a crenza en meigallos, Xurxo Mariño lévanos ao estado de tranquilidade propio de quen coñece os mecanismos dos procesos que o rodean, mais sempre cunha teima moi concreta: poñer os coñecementos ao alcance de cadaquén, empregando palabras cotiás, exemplos accesibles, nunca baixando no rigor científico nin no nivel de coñecemento.
Salpicada polo humor de Xosé Lois, esta obra é unha viaxe ao mundo físico e biolóxico no que vivimos, un mundo gobernado polo azar dos dados lanzados por un reloxeiro chamado evolución.

Título | dados do reloxeiro, Os ciencia amena para mentes inquietas |
Autoría |
Xurxo Mariño |
Ilustración |
O Carrabouxo |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade, 2005 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 160 p. : il. ; 23 cm. |
ISBN | 84-96530-05-1 |
Depósito Legal | C 2424-2005 |
CCG. Signatura | CCG 2005 275 |
Url externa | pdf en liña |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |