Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3541 a 3560 de 3707

UN INFORME DO CCG DESTACA AS PRECARIAS CONDICIÓNS NO TRABALLO DOS XORNALISTAS DE MEDIOS ELECTRÓNICOS

Home, menor de trinta anos, licenciado en Xornalismo, que traballa a xornada completa, cun salario de entre 600 e 900 euros ó mes e que fai horas extras que case nunca cobra. Este é o perfil do xornalista galego en Internet, segundo se desprende do Informe que baixo o título "Xornalismo en Internet. Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña" presentou esta mañá o coordinador da Sección de Comunicación do CCG, Xosé López.

Ler máis

PONTEVEDRA ACOLLE UN ENCONTRO PARA ESTUDIA-LAS PREMISAS DUNHA LEI DE PROTOCOLO DE GALICIA

Os conflictos que xorden á hora de aplicar as regras do protocolo español e as das diferentes Comunidades Autónomas será un dos temas centrais que se abordarán ó longo das dúas xornadas das que se compón o I Encontro de Protocolo e Cerimonial en Galicia, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo o xoves e o venres, 14 e 15 de novembro.

Ler máis

O MUSEO DO POBO GALEGO ACOLLE A HISTORIA DOS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA ATA FINAIS DE ANO

O Museo do Pobo Galego, en San Domigos de Bonaval (Santiago de Compostela), acollerá desde mañá, mércores 13 de novembro, e ata finais de ano a mostra "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos". O acto de apertura oficial da exposición terá lugar no Museo do Pobo Galego ás 13h. e contará coa participación do presidente do Conselo da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

Ler máis

EXPERTOS ASEGURAN QUE O XORNALISMO EN GALICIA E PORTUGAL PASA POLA CONCENTRACIÓN E A REESTRUCTURACIÓN DO SECTOR

Os especialistas que se deron hoxe cita na segunda e última xornada do I Congreso luso-galego de estudios xornalísticos que se desenvolve na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago, coincidiron en afirmar que a concentración e a reestructuración sons as tendencias comúns que se detectan no mundo dos medios de comunicación a un e outro lado do Miño.

Ler máis

O I CONGRESO LUSO-GALEGO DE ESTUDIOS XORNALÍSTICOS ÁBRESE COA VONTADE DE "TENDER PONTES" ENTRE AS DÚAS COMUNIDADES

A creación dun marco que permitira facer un repaso dos encontros e desencontros da comunidade lusa e a galega ó longo da historia así como das tendencias actuais da investigación sobre o xornalismo centraron a sesión inaugural do I Congreso luso-galego de estudios xornalísticos. A investigación e o ensino do xornalismo no espacio luso-galego, que se desenvolven desde hoxe e ata mañá en sesións de mañá e tarde no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

XORNALISTAS GALEGOS E PORTUGUESES BUSCARÁN NUN CONGRESO VÍAS DE INVESTIGACIÓN E ENSINO COMÚNS

Máis dun cento de profesionais galegos e portugueses, catro universidades, seis mesas de debate, comunicacións, relatorios e só dous días para concentralo todo. É o I Congreso Luso-Galego de Estudios Xornalísticos que acolle a sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, durante as xornadas do martes, 29 de outubro e o mércores, 30.

Ler máis

O CD DE ESCULTORES GALEGOS DO S.XX SERÁ UNHA
FERRAMENTA ÚTIL PARA A INVESTIGACIÓN E A DOCENCIA

A xeración dunha sensibilidade da sociedade cara á arte a través da publicación de obras como o CD-ROM "Índice documental dos escultores galegos do século XX", que esta mañá se presentou xunto co último informe publicado pola Sección de Artes Plásticas, "Museos e Centros de Arte Contemporánea". Este é unha das premisas coas que traballa a Sección de Artes Plásticas, segundo puxo de manifesto o seu coordinador, Iago Seara na rolda de prensa que tivo lugar no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

UN CD-ROM PUBLICADO POLO CONSELLO RECOLLE DATOS
E BIBLIOGRAFÍA SOBRE 114 ESCULTORES GALEGOS DO S.XX

Encher o baleiro e a dispersión existente no campo da escultura galega no século XX a través do uso das novas tecnoloxías. Con este obxectivo nace o Índice documental de escultores galegos do século XX, unha publicación en formato de CD-Rom que mañá será presentado no Consello da Cultura Galega nun acto promovido pola Sección de Artes Plásticas, responsable da súa edición.

Ler máis

O CICLO 'CINE E EMIGRACIÓN' DO CCG PROXECTARÁ
PELÍCULAS E DOCUMENTAIS INÉDITOS EN ESPAÑA

Baixo a premisa de dar a coñecer a visión que o cine ofreceu da emigración galega, o Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, en colaboración coa Consellería de Emigración, o CGAI e o Concello de Santiago, presentou esta mañá un ciclo de cine baixo o título "Cine e Emigración", que se desenvolverá en horario de tarde no Teatro Principal do 22 ó 25 de outubro.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PROMOVE UNHAS XORNADAS SOBRE A EMIGRACIÓN A TRAVÉS DO CINE

Co obxectivo da presentación das Xornadas Cine e Emigración, o Consello da Cultura Galega organiza mañá, venres, 18 de outubro de 2002, ás 12,30h. unha rolda de prensa que se celebrará na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

EXPERTOS DENUNCIAN A FALLA DE APOIO E RECOÑECEMENTO DOS ESTADOS E DA UE CARA ÁS LINGUAS MINORITARIAS

Ignoradas e sen ningún tipo de recoñecemento. Así se atopan moitas linguas minoritarias en Europa segundo puxo de manifesto Henrique Costas, profesor de Lingua Galega na Universidade de Vigo, durante a mesa de traballo que se desenvolveu esta mañá no marco dos VI Encontros de Normalización Lingüística na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

A XUNTA BUSCARÁ O CONSENSO E A PARTICIPACIÓN
PARA O PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DO GALEGO

A elaboración dun Plan Xeral de Normalización da lingua galega aberto, que busque o consenso de tódalas forzas políticas e a participación da sociedade. Esta foi a premisa fundamental na que fixo un maior fincapé o Director Xeral de Política Lingüística da Xunta, Xesús Pablo González Moreiras durante a súa intervención, que abriu os VI Encontros para a Normalización Lingüística, unhas xornadas que a sede do Consello da Cultura Galega acolle hoxe e mañá.

Ler máis

OS ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN ABORDAN
O FUTURO DAS LINGUAS MINORITARIAS NA UE

O Consello da Cultura Galega acolle os días 14 e 15 de outubro os Encontros para a Normalización Lingüística, que na sexta edición presentan os planos de normalización das universidades de Santiago e Vigo. E se o futuro do idioma depende da planificación institucional a curto e medio prazo, a supervivencia das linguas a nivel europeo tamén toma un camiño determinado segundo o amparo que lles proporciona a lexislación vixente. Esta necesidade de campañas de difusión e o pulo que supón a oficialización dunha lingua son dúas axudas a ter en conta en casos concretos coma o do galego estremeiro e dos esforzos dos case 78 000 falantes a favor da dignificación da súa fala.

Ler máis

CARLOS ZUBILLAGA: "TEMOS O RETO DE RECONSTRUÍR AS 'MEDIAS-VIDAS' DOS GALEGOS NO EXILIO DE URUGUAI"

O desafío de reconstruír as ata agora "medias- historias" dos galegos e facelas completas a través de traballos que non se limiten á análise do fenómeno da inmigración ou da emigración foi o reto que lanzou o profesor Carlos Zubillaga durante a súa intervención no seminario que se desenvolveu esta mañá na biblioteca do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O MÉTODO E AS FONTES NO ESTUDIO DA MIGRACIÓN GALEGA NO URUGUAI, OBXECTO DUN SEMINARIO NO CCG

O Arquivo de Emigración Galega organiza un seminario para abordar as fontes e a metodoloxía de estudio da inmigración galega en Uruguai durante o período colonial. O relatorio, que terá lugar mañá, martes 24 de setembro, ás 11 horas, na biblioteca do Consello da Cultura Galega, estará a cargo do profesor Carlos Zubillaga Barrera, da Universidade de La República de Montevideo (Uruguai).

Ler máis

O CCG PATROCINA UN COLOQUIO E UNHA MOSTRA SOBRE O TRABALLO DOS MUSEOS NA SOCIEDADE

O presidente do Consello Galego de Museos e director do Museo do Pobo Galego, Carlos García Martínez, e o secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo foron os encargados de face-la presentación do VII Coloquio Galego de Museos nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O CCG PRESENTA UNHAS XORNADAS SOBRE OS
MUSEOS COMO CONSTRUCTORES DE IDENTIDADE

O VII Coloquio Galego de Museos, arredor do tema "Museos, construindo a comunidade", celebraráse do 26 ó 28 de setembro nas dependencias do Museo do Pobo Galego, en San Domingos de Bonaval-Santiago de Compostela, que acollerá asemade unha exposición indicativa da realidade e o patrimonio dos museos de Galicia. Estas actividades contan coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o patrocinio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Ler máis

O CCG ACOLLEU A ÚLTIMA XORNADA DE TRABALLO DA IX REUNIÓN AMERICANA DE XENEALOXÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu o sábado 14 de setembro a última sesión da Reunión Americana de Xenealoxía que se desenvolveu en Santiago desde o pasado día 10 de setembro.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE MAÑÁ A ÚLTIMA
XORNADA DE TRABALLO DA IX REUNIÓN AMERICANA DE XENEALOXÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá, sábado 14 de setembro, ás 9, 30h. no Salón de Actos a última sesión da Reunión Americana de Xenealoxía que se viña desenvolvendo en Santiago desde o pasado día 10 de setembro.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA FAI PÚBLICO O SEU PESAR POLA MORTE DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Ler máis