----

Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asiste ao acto organizado polo Congreso dos Deputados para conmemorar o Día Europeo das Linguas. A efeméride, que se conmemora o 26 de setembro por iniciativa do Consello de Europa como homenaxe á diversidade lingüística europea, con más de 200 linguas propias.

Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados

A xornada conta cunha mesa redonda na que intervirán Cristian Llorens, Lucía García Batanero e María Rúa Rodríguez (Prado Rúa) como creadores de contidos en linguas oficiais. O debate estará moderado polo xornalista Josep Capella.