----

Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín

O Consello da Cultura Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Ramón Yzquierdo Perrín, membro do plenario da institución entre 1997 e 2016 en representación da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Especialista en arte medieval, especialmente no románico e protogótico, e na Catedral de Santiago de Compostela
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín

Yzquierdo Perrín foi catedrático de Historia da Arte na Universidade da Coruña, foi profesor do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Era académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes, na Sección de Arquitectura; académico de número da Academia auriense-mindoniense de San Rosendo e académico correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando e da Historia. Tamén era membro do Instituto Galaico-Minhoto.

Participou activamente en proxectos de restauración e recuperación do patrimonio, desde a arte do Mestre Mateo, coa reconstrución dunha parte significativa da cadeira de pedra do desaparecido coro da Catedral de Santiago, obra única no seu xénero, ata a restauración de importantes esculturas barrocas de Gregorio Fernández. Tamén exerceu como comisario de diversas exposicións.