Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3601 a 3620 de 3707

XENÉTICA E HISTORIA ÚNENSE NUNHA XORNADAS PARA ATOPAR NOVAS RESPOSTAS ÓS PROCESOS CULTURAIS DOS POBOS

Cuestións como o celtismo, o nacionalismo ou o fenómeno da globalización poderán atopar novas respostas a partir das teorías que se elaboren a partir de xornadas como "Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinaria", un encontro que se desenvolverá no Consello da Cultura Galega durante os vindeiros días 11, 12 e 13 de abril de 2002. Os coordinadores do encontro, os profesores Anxo Carracedo e Xerardo Pereira Menaut, así como Francisco Díaz-Fierros, coordinador da sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e organizador, foron os encargados de facer a presentación oficial das xornadas, que tivo lugar esta mañá.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ESTUDIA AS RELACIÓNS ENTRE XENÉTICA E HISTORIA NUNHAS XORNADAS

O Consello da Cultura Galega presenta hoxe, 3 de abril de 2002, ás 12:00 h., as xornadas "Xenética e historia no noroeste peninsular: unha perspectiva interdisciplinaria". Na presentación estarán presentes Francisco Díaz-Fierros, coordinador da sección de Ciencia e Tecnoloxía do Consello da Cultura Galega, Anxo Carracedo Álvarez e Xerardo Pereira Menaut, coordinadores das xornadas.

Ler máis

AS NOVAS PROPOSTAS PARA A INFORMACIÓN CULTURAL CENTRAN UN ENCONTRO ORGANIZADO POLO CCG

A elaboración da información cultural nos medios de comunicación, a especialización xornalística neste eido e as novas propostas no tratamento deste tipo de información son algunhas das liñas de debate que se pretenden abordar durante o encontro A información cultural en Galicia: algunhas ideas para un cambio, que terá lugar o vindeiro día 30 de abril no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

ANTÓN SANTAMARINA: "A OBRA DE CASAL TIÑA QUE TER SIDO PUBLICADA HAI 120 ANOS"

"Unha obra que debía ter sido publicada hai 120 anos". Así presentaba o director do Instituto da Lingua Galega, Antón Santamarina, a edición do cancioneiro de Xosé Casal Lois, Colección de Cantares Gallegos, un volume onde se recollen 1.816 poesías populares que constitúen un "tesouro verbal" colleito ó longo de toda unha vida por un "médico de pobres", tal e como foi cualificado polo director do ILG.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PUBLICA UN DOS GRANDES CANCIONEIROS POPULARES DA LITERATURA DO S. XIX

O Consello da Cultura Galega e o Museo de Pontevedra uniron esforzos para publicar por vez primeira un dos grandes cancioneiros da literatura galega do século XIX, a Colección de Cantares Gallegos de Xosé Casal Lois, un volume obtido a partir do manuscrito que se atopaba no Museo de Pontevedra e no que se recollen máis de 1800 poesías populares que constitúen os piares da literatura galega. A presentación do volume, á que asistirá o secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo, e o autor da edición, Domingo Blanco, terá lugar mañá, martes, ás 13,30 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O CCG ACOLLE UN RECITAL DE LEMBRANZA A XOÁN M. CASADO, COFUNDADOR DO PEN CLUBE GALICIA

O recentemente falecido Xoán Manuel Casado, avogado, escritor e un dos fundadores do PEN Clube de Galicia, será homenaxeado nun acto que acolle mañá, venres 22 de marzo, no salón de actos do Consello da Cultura Galega, ás 20 h. Organizado polo PEN Clube de Galicia, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, con este recital preténdese manter viva a lembranza e a memoria deste escritor, falecido o pasado mes de xaneiro.

Ler máis

O CCG ACOLLE UN SEMINARIO SOBRE A EMIGRACIÓN ARTÍSTICA GALEGA NA ARXENTINA DE FINAIS DO S.XIX

A emigración artística galega e a súa inserción no mercado da arte española de Arxentina no período de tempo comprendido entre finais do século XIX e os anos 20 son os eixes fundamentais do seminario Emigración e arte galega na Arxentina: discursos, espacios de difusión e mercado que a profesora da Universidade de Rosario (Arxentina), Carina Frid ofrecerá o vindeiro luns, 11 de marzo, ás 19 h. na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

'ALTERNATIVA 2002' ÁBRESE COA DEMANDA DE MAIOR APOIO POR PARTE DAS INSTITUCIÓNS

Setenta e seis artistas e tres semanas de danza, música e teatro. É 'Alternativa 2002', a terceira edición do Festival Alternativo de Teatro, Música e Danza de Compostela que acollerá Santiago entre o 5 e o 23 de marzo e que hoxe se presentou oficialmente no Consello da Cultura Galega. Durante ó acto, no que estiveron presentes representantes das salas alternativas e das entidades colaboradoras, Caixanova e o IGAEM, fíxose fincapé na necesidade dun maior apoio das entidades culturais para a promoción deste tipo de eventos.

Ler máis

'ALTERNATIVA 2002' ARRINCA COA PRESENTACIÓN OFICIAL DOS ACTOS NO CCG

Tal e como acontecera na edición pasada, o Consello da Cultura Galega volve acoller a presentación do Festival Alternativo de Teatro, Música e Danza de Compostela, que terá lugar en Santiago entre o 5 e o 23 de marzo. Unha vez máis, o Consello da Cultura Galega volve apoiar esta iniciativa, nun intento de ofrecer unha visión máis aberta da cultura que abranga novas iniciativas e autores emerxentes.

Ler máis

A REVISTA 'ENCRUCILLADA' CELEBRA AS VODAS DE PRATA CUN ACTO NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A revista de pensamento cristián "Encrucillada" chega ás súas vodas de prata e tras 25 anos de publicarse ininterrompidamente os seus promotores viron chegado o momento de facerlle unha homenaxe. Deste xeito, e aproveitando a saída do prelo do número 126 da revista, está prevista a celebración dun acto conmemorativo no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega mañá xoves, 28 de febreiro, ás 20 horas ó que asistirán o director da revista, Andrés Torres Queiruga e o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares Mouriño, entre outras personalidades e colaboradores da publicación.

Ler máis

JOSÉ BABIANO: "TRABALLO E VIVENDA SON AS CHAVES DA INTEGRACIÓN DE EMIGRANTES, ANTES QUE A RELIXIÓN"

O responsable do Centro de Documentación de la Emigración Española, instituto dependente da Fundación 1º de Mayo, José Babiano Mora, foi tallante: "o traballo, xunto coa vivenda, constitúen os elementos fundamentais para poder entender a conducta dos emigrantes e o seu proceso de integración noutras sociedades, moi por riba doutra cuestións como a cultura ou a relixión", unha afirmación que el mesmo cualificou de polémica pero na que fixo fincapé no seminario que impartiu no Consello da Cultura Galega durante esta mañá baixo o título de A emigración española a Europa durante os anos 60: resultados e perspectivas.

Ler máis

A REVISTA DEZ.EME DÁ A COÑECER O TRABALLO DO ARQUIVO DA EMIGRACIÓN GALEGA NO NOVO NÚMERO

O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, e a Fundación 10 de Marzo uniron esforzos para a edición do monográfico Migracións da revista Dez.eme, unha publicación de historia e ciencia sociais que edita a Fundación 10 de Marzo. Agora chega o momento de presentar o froito desta colaboración nun acto que terá lugar no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega mañá, xoves 21 de febreiro, ás 19,00h. O evento contará coa presencia, por parte do Arquivo da Emigración Galega, do profesor Xosé Manuel Núñez Seixas, e do membro do consello de redacción da publicación, Ramón López Facal, así como dalgúns dos autores que participan na edición deste número como Víctor F. Freixanes e José Babiano, director do Arquivo de Historia do Traballo.

Ler máis

A MEMORIA E A GALICIA DO PADRE SARMIENTO,
RECOLLIDA EN IMAXES NUNHA MOSTRA DO CCG

O Consello da Cultura Galega comeza mañá o programa de actos en homenaxe ó Padre Sarmiento, ó que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, o CCG ten previsto inaugurar unha exposición sobre a vida e obra do ilustre padre benedictino baixo o título de "O Padre Sarmiento e a Galicia do seu tempo", nome baixo o que se recollen dúas exposicións que foron elaboradas en 1995 con motivo da celebración do terceiro centenario do nacemento do pai Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695).

Ler máis

"A MÚSICA DE FEDERICO MOMPOU", UN DOS MÁIS
PRESTIXIOSOS COMPOSITORES DO S.XX, NO CCG

A música do compositor e pianista barcelonés Federico Mompou será o eixo do concerto "A música de Federico Mompou", que o Salón de Actos do Consello da Cultura Galega acollerá durante a tarde de mañá, xoves 7 de febreiro, ás 19,00 h. Trátase dun concerto que desde a Sección de Música e Artes Escénicas preténdese que non sexa un acto illado senón o comezo dunha serie de concertos de música clásica que ó longo de sucesivas xornadas irá acollendo o CCG.

Ler máis

MAYOR ZARAGOZA ABRE O I ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE CULTURA DE PAZ QUE ACOLLE O CCG

A paz, os dereitos humanos, a tolerancia ou a comprensión internacional son algúns dos valores que tradicionalmente promove a cultura de paz, un concepto acuñado pola Comisión de Premios Nobel da Paz no seu Manifesto 2000 por proposta da UNESCO e baixo o que se entende un compromiso cos valores da paz entendida como rexeitamento do recurso á violencia en todas a súas formas, a loita pacífica e a educación nos valores democráticos.

Ler máis

A SOLUCIÓN DOS CONFLICTOS PARA CONSTRUÍR UN 'MUNDO NOVO' CENTRAN O PRIMEIRO DÍA DO ENCONTRO SOBRE A PAZ

"Que ninguén que saiba falar siga calado". Con estas palabras, o presidente da Fundación Cultura de Paz e ex director xeral da UNESCO, Federico Mayor Zaragoza, puxo fin a súa intervención no I Encontro Internacional sobre Cultura de Paz, relatorio co que arrancaba este encontro organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Seminario Galego de Educación para a Paz e que reunirá ata o sábado a reputados expertos da cultura de paz.

Ler máis

O CONCEPTO CULTURA DE PAZ CENTRA O ENCONTRO INTERNACIONAL QUE ACOLLE O CCG A FINAIS DE XANEIRO

O Consello da Cultura Galega e o Seminario Galega de Educación para a Paz (SGEP) colaboran por vez primeira para organizar o I Encontro Internacional sobre Cultura de Paz, que vai ter lugar entre o 24 e o 26 de xaneiro de 2002 na sede do Consello da Cultura Galega. O amplo e complexo concepto de cultura de paz ou polo menos algúns dos seus aspectos centrarán este encontro, tal e como puxo de manifesto o presidente do SGEP e secretario do encontro, Manuel Dios, durante a presentación deste evento que tivo lugar esta mañá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE A SEGUNDA EDICIÓN DUNHAS XORNADAS DEDICADAS ÁS CASAS-MUSEO

O vindeiro luns, 10 de xuño, ás 12h. terá lugar no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, unha rolda de prensa para presentar as II Xornadas sobre as Casas-Museo, que se desenvolverán no Consello da Cultura Galega os vindeiros días 13 e 14 de xuño. No acto de presentación contará coa presencia do coordinador das xornadas e membro e membro da Comisión Técnica de Museos, Gonzalo Rey Lama, así como o secretario do CCG, Henrique Monteagudo.

Ler máis

O CCGA PRESENTA O I ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE CULTURA DE PAZ

Promover os valores da tolerancia, da liberdade, da xustiza e dos dereitos humanos é o obxectivo do I Encontro Internacional Cultura de Paz que organiza o Consello da Cultura Galega (CCGA) e o Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP). O Salón de Actos do Consello da Cultura Galega acollerá a presentación do I Encontro Internacional Cultura de Paz o luns, 7 de xaneiro, ás 12:00 h. No acto estarán presentes Henrique Monteagudo, secretario do Consello da Cultura Galega e Manuel Dios, secretario do Encontro e Presidente do SGEP.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PREPARA A EDICIÓN COMPLETA DA OBRA DO PADRE SARMIENTO

O Consello da Cultura Galega afronta o proxecto da edición da obra completa do Padre Sarmiento. O obxectivo é dixitalizar e recuperar as máis de 20.000 páxinas que se conservan do autor en arquivos de Andalucía e Madrid, transcribíndoas e realizando unha edición crítica. O Museo de Pontevedra tamén conta con tres tomos orixinais da súa obra. Ata o momento, só está publicada unha quinta parte de toda a obra do homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2002. Nas previsións actuais, o proxecto terá unha duración de cinco anos, e os tomos iranse publicando a un ritmo de catro por ano.

Ler máis