Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 2881 a 2900 de 3707

“O corpus poético de Álvaro Cunqueiro duplicarase con textos inéditos seus no ano do centenario”, afirma Manuel Forcadela

“O corpus poético do autor de Cantiga nova que se chama ribeira, duplicarase en breve, o que quere dicir que arestora só coñecemos a metade da súa poesía”, afirmou Manuel Forcadela, escritor e profesor da Universidade de Vigo, no curso do faladoiro celebrado no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O Consello da Cultura propón un novo contrato institucional e social para o futuro da cultura galega

O Consello da Cultura propón un novo contrato institucional e social para o futuro da cultura galega

Os impulsores do diálogo e os debates orientados a procurar estratexias compartidas para a cultura galega subliñan a necesidade dun novo contrato institucional e social para o futuro dun sector estratéxico no país. Así o proclama a publicación Reflexión estratéxica sobre a cultura galega, presentada hoxe no Consello da Cultura Galega, institución editora, promotora e acolledora dos debates, reflexións e centos de propostas que, durante máis dun ano, abriron e fomentaron o diálogo entre o sector e a sociedade galega.

Ler máis

Amancio Prada recrea a poesía de Cunqueiro nun concerto único: Camelias para Cunqueiro

Amancio Prada recrea a poesía de Cunqueiro nun concerto único: <i>Camelias para Cunqueiro</i>

Inspirado no seu último encontro con Cunqueiro, o cantautor berciano ofrece neste concerto unha versión da poesía do escritor mindoniense. O concerto celebrarase no Salón de Teatro de Santiago o venres 10 de xuño ás 21 horas.

Ler máis

Institucións

Ler máis

Acción Exterior

Desde a área de Acción Exterior, o noso obxectivo é afianzar a presenza, os intereses e a imaxe de Galicia no contexto internacional.
O noso compromiso é o de difundir a realidade e a especificidade galega no mundo, proxectando a nosa personalidade e promovendo, de modo especial, a política, a economía, a historia e a cultura galega no exterior.

Ler máis

Acción Exterior

Desde el área de Acción Exterior, nuestro objetivo es afianzar la presencia, los intereses y la imagen de Galicia en el contexto internacional.

Ler máis

External Action

In this area our objective is to strengthen the presence, the interests and the image of Galicia in the international context. We have set ourselves the goal of spreading Galicia's reality and specificity to the world, of projecting our personality and most of all, of promoting Galicia's politics, economy, history and culture abroad.

Ler máis

Una aproximación al Consello da Cultura Galega

El Consello da Cultura Galega es una institución asesora y representativa de la cultura gallega, de rango estatutario y que, por tanto, forma parte del entramado institucional de la autonomía de Galicia, aún que sea un organismo independiente de las instituciones de gobierno. Creado en 1983, por mandato previsto en el Estatuto de Autonomía de 1980, viene realizando desde su fundación trabajos de análisis y preservación de los valores culturales gallegos, de asesoramiento institucional y de proyección exterior de la cultura gallega.

Ler máis

“Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego”, afirmou o crítico Miguel Anxo Fernández

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.- “Necesitamos máis pantallas para facer visible o audiovisual galego”, sostivo o crítico Miguel Anxo Fernández na xornada de reflexión e debate “A lingua do cine. A lingua e o cine”, dirixida pola realizadora e catedrática da Universidade de Santiago, Margarita Ledo, e celebrada esta tarde na Biblioteca do Consello da Cultura Galega. O debate contou coas intervencións do director brasileiro Carlos Gerbase, o Director do Institut Catalá de les Industries Culturals, Ton Lladó, e os apuntamentos do director, productor e creador cultural galego Antón Reixa.

Ler máis

O Consello da Cultura presentou o facsímile dos catro números da revista LOIA cos primeiros poemas de Lois Pereiro, figura do Día das Letras Galegas 2011

O Consello da Cultura Galega presentou hoxe a edición facsimilar dos catro números da revista LOIA, editada en Madrid entre 1975 e 1978, e que acolleu as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), figura senlleira do Día das Letras Galegas-2011. O Presidente da institución, Ramón Villares, e o coordinador da edición, e da revista, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, glosaron a significación dunha publicación alternativa de estudantes galegos en Madrid, “movidos por impulsos renovadores e rupturistas”. A edición facsimilar e o estudo crítico  pode descargarse en: www.consellodacultura.org/mediateca

Ler máis

Convocatoria pública de seis bolsas de colaboración no CCG

Ler máis

12-M.- César A. Molina, Luís Mateo Díez, Ángel Basanta, Vicente Araguas, Carlos Reigosa e Henrique Monteagudo falan en Madrid sobre Cunqueiro

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2011.- O 12 de maio ás 19 30 horas na Sala Valle Inclán do Círculo de Bellas Artes de Madrid (rúa Alcalá, 42) terá lugar o primeiro dos faladoiros do programa do Centenario  Cunqueiro (1911-2011) organizado polo Consello da Cultura Galega. Tres escritores (César Antonio Molina, Luís Mateo Díez e Vicente Araguas) e un crítico literario (Ángel Basanta), coordinados polo escritor e xornalista Carlos  Reigosa, falarán de “Cunqueiro desde Madrid”. Presentará o acto, como representante do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, coordinador do "Programa Cunqueiro".

Ler máis

17 de Maio en San Domingos de Bonaval e pola TVG-2, "Concerto do Día das Letras Galegas" para reforzar a dimensión festiva e conmemorativa da xornada

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2011.- O Consello da Cultura Galega programou para o día 17 de maio o primeiro “Concerto Día das Letras Galegas”, que ofreceu a orquestra Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave na igrexa de San Domingos de Bonaval cun programa que uniu música e palabra nas partituras de destacados compositores sobre textos de figuras sobranceiras da litreratura galega. O Plenario da institución, a proposta da Sección de Música e Artes Escénicas, coordinada por Maximino Zumalave, aprobou a organización deste acto institucional o pasado 28 de abril.  Ao concerto, retransmitido pola TVG-2, asistiron representacións de institucións e entidades da cultura e a sociedade galegas. Entre outros, a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e o Arcebispo de Santiago, Julián Barrio. 250 persoas seguiron o concerto en Bonaval.

Ler máis

20-Maio: Xornada de debate sobre as posibilidades do galego como lingua de expresión científica

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2011.- O presente e o futuro do galego  como lingua de expresión científica e os seus diferentes formatos de comunicación serán analizados na xornada  "Escribir de ciencia en galego" o venres día 20 de maio no Consello da Cultura Galega. Organizada pola Sección de Ciencia, natureza e sociedade, que  coordina Francisco Díaz-Fierros, a xornada contará pola mañá con relatorios de expertos en comunicación científica para debatir pola tarde o futuro da publicación científica en galego. O programa pode verse en: http://consellodacultura.org/files/2011/05/escribir_de_ciencia.pdf

Ler máis

Subliñan a necesidade da presenza viva do idioma galego no mundo da ciencia e da técnica

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2011.- A necesidade inexcusable da presenza do idioma galego no mundo da ciencia e da técnica foi o fío conductor da xornada “Escribir de ciencia en galego”, celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega. Non se trata de competir coa lingua franca actual, o inglés, no campo das revistas especializadas, pero si de aproveitar as posibilidades das publicacións divulgativas e pedagóxicas. Organizado pola Secciòn de “Ciencia, natureza e sociedade”, que coordina Francisco Díaz-Fierros, o encontro serviu tamén para anunciar a próxima publicación do documento “”Pasado, presente e futuro da publicación científica en galego”.

Ler máis

O CCG presenta a campaña “A Cociña Galega con Cunqueiro” para divulgar a literatura cunqueiriana nos restaurantes de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2011.- A cociña tradicional e innovadora de Galicia, a cociña de estrelas Michelín e os pequenos restaurantes vilegos, participarán por primeira vez nun proxecto conxunto de difusión e homenaxe da gastronomía galega promovido polo Consello da Cultura Galega. A campaña A Cociña Galega con Cunqueiro levará aos restaurantes de Galicia a cociña máis querida polo escritor, enraizada en boa parte no acervo gastronómico tradicional de Galicia. Dez mil exemplares do libro “Na mesa con Cunqueiro. Antoloxía gastronómica e literaria” chegarán aos clientes dos restaurantes de Galicia. O proxecto presentarase mañá, martes, 24 de maio ás 20 horas no auditorio de Novacaixagalicia (Praza de Cervantes) en Santiago de Compostela. Pode consultar máis información e a lista de restaurantes participantes aquí.

Ler máis

Inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria captadas polo fotoxornalista Alberto Martí

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2011.- O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron hoxe no Museo do Pobo Galego (MPG), en San Domingos de Bonaval, a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto contou coas presenzas de Ramón Villares, Presidente do CCG, Fernando Acuña, vicepresidente do Padroado do MPG, Antonio Aguarón, subdirector xeral de Emigración, Alfonso Cabaleiro, Secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia e Alberto Martí. A exposición poderá contemplarse en Compostela ata o 26 de xuño. Con anterioridade puido verse en A Coruña e Vigo.

Ler máis

Presentados os libros do método pedagóxico-musical “Paseniño” cun concerto de pezas populares galegas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2011.- O Consello da Cultura Galega presentou hoxe os cinco libros do método pedagóxico-musical "Paseniño". No acto participan Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas, Rodrigo Porral e o autor Antonio Cerviño Loira. A iniciativa da Sección de Música e Artes Escénicas pretende, dixo Rosario Álvarez, que os alumnos de grao elemental das especialidades instrumentais poidan utilizar, coñecer e difundir o rico patrimonio musical galego.

Ler máis

Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo falan en Lugo sobre “O popular na obra de Cunqueiro”

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.- O xoves día 2 de xuño celebrarase en Lugo o segundo dos once faladoiros do programa do Centenario  Cunqueiro (1911-2011) organizado polo Consello da Cultura Galega. Os escritores Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo falarán sobre “O popular na obra de Cunqueiro”. O faladoiro comezará ás 19´30 horas na Aula Sociocultural Novacaixagalicia, sita na Praza de Santa María, en Lugo, e será presentado por Ramón Villares, Presidente do CCG.

Ler máis

The Council for Galician Culture: an approach

As a consulting and advising organisation, with the ability to carry out initiatives, investigate and organise, the Council is in charge of the defence and promotion of the cultural values of the Galician people. It is made up of representatives from entities and outstanding personalities belonging to the different areas of Galician culture.

Ler máis