Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3401 a 3420 de 3707

A EXPOSICIÓN "O SORRISO DE DANIEL" DEIXA O FORUM PARA SEGUIR AMOSANDO A CULTURA GALEGA NOUTRAS CIDADES

O Consello da Cultura Galega (CCG) fixo esta mañá un balance positivo da exposición "Galicia, o sorriso de Daniel", que desde o pasado 28 de xuño até onte mesmo estivo na Universidade de Barcelona dentro do programa de actividades do Forum de Barcelona 2004. O presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, considera que as pretensión da mostra, fomentar o diálogo intercultural e dar a coñecer a realidade galega no exterior, están acadadas e destacou o grande esforzo que supuxo para a institución este proxecto.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES O CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN "O SORRISO DE DANIEL"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 21, o catálogo da exposición "O sorriso de Daniel", que desde o pasado 28 de xuño e durante 24 días puido ser vista na Universidade de Barcelona, dentro das actividades do Forum Universal das Culturas 2004.

Ler máis

UN INFORME DO CONSELLO DA CULTURA ANALIZA A ADAPTACIÓN DO GALEGO E DO SEU STATUS Á NOVA REALIDADE

A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá na sede da institución o informe "Elaboración e difusión da lingua", o terceiro volume do proxecto de investigación sobre o proceso de normalización do idioma galego entre 1980-2000.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ O LUNS, DÍA 12, O VOLUME III DO INFORME SOBRE A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (1980-2000)

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará o luns, día 12, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, o volume III do Informe sobre "O Proceso de normalización do idioma galego 1980-2000", que aparece co título "Elaboración e difusión da lingua".

Ler máis

O COLOQUIO DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA REMATA ABRINDO NOVAS VÍAS DE INVESTIGACIÓN DA OBRA

O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura), organizado polo Consello da Cultura Galega, chega hoxe ao seu fin despois de dous días de debate e estudo. No balance, o director do evento, Antoni Rosell, destacou que deste Coloquio naceron "novas vías e apostas de futuro para a investigación multidisciplinar do repertorio mariano". Na súa opinión, o relevante é que "aparezan novas perspectivas epistemolóxicas para abordar un repertorio que posúe a virtude de ofrecer múltiples ámbitos de interese: literarios, musicais, artísticos (as miniaturas), pero que tamén permite afondar no estudo da lingua galega, na figura da muller na Idade Media e mesmo na estratexia política no rei Afonso X".

Ler máis

EXPERTOS INTERNACIONAIS REIVINDICAN O VALOR DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA DENTRO DA LINGUA GALEGA

O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura) reúne desde esta mañá aos máis destacados especialistas internacionais no repertorio mariano no Pazo de Xelmírez. A primeira xornada do encontro comezou analizando e destacando o valor deste códice como un dos cumios da literatura e da lingua galega.

Ler máis

UN CONGRESO INTERNACIONAL REÚNE DESDE MAÑÁ AOS MELLORES EXPERTOS NAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Museo da Catedral de Santiago celebrarán este xoves e venres, días 8 e 9, o COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: TEXTOS E CONTEXTOS (Historia, Arte, Música e Literatura). O encontro reunirá no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela aos maiores especialistas internacionais sobre Afonso X e as Cantigas de Santa María para abordar o repertorio mariano desde diversas perspectivas.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES O COLOQUIO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL SOBRE AS "CANTIGAS DE SANTA MARÍA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 7 de xullo, ás 12´30 horas, o Coloquio Universitario Internacional "Cantigas de Santa María: textos e contextos. Historia, Arte, Música e Literatura".

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACOLLE MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO LIBRO "O CENTRO GALEGO DE PORTO RICO"

O salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá xoves, día 1 de xullo, ás 12´30 horas, a presentación do libro "O CENTRO GALEGO DE PORTO RICO", coordinado por Jesús Rodríguez, Monserrat Castro e Manuel Souto.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA INAUGURA NO FÓRUM DE BARCELONA A EXPOSICIÓN "GALICIA, O SORRISO DE DANIEL"

A Sección de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura Galega (CCG) inaugura esta tarde, ás 20:00 horas, a exposición "Galicia, o sorriso de Daniel" na Universitat de Barcelona, dentro do circuíto de actividades do Fórum Universal das Culturas de Barcelona.

Ler máis

O CCG AFONDA NO XORNALISMO DO SÉCULO XX COA EDICIÓN DUN AMPLO ESTUDO SOBRE O DIARIO "GALICIA"

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) acaba de publicar un amplo estudo sobre o xornal vigués Galicia titulado "O xornal Galicia (1922-1926). O alento da modernidade". Este diario foi unha das cabeceiras máis significativas dos anos vinte na Comunidade e tivo unha notable influenza na época pola súa modernidade e pola longa lista de persoeiros galegos que asinaron nas súas páxinas.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA PRESENTA O LIBRO "O XORNAL GALICIA (1922-1926). O ALENTO DA MODERNIDADE"

A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 23 de xuño, ás 12:00 horas, a obra "O xornal Galicia (1922-1926). O alento da modernidade". Esta publicación pretende dar a coñecer, a través de estudos de varios investigadores, as claves do traballo xornalístico do Galicia, diario vigués dirixido por Valentín Paz Andrade e un dos referentes máis significativos dese tempo.

Ler máis

OS ENCONTROS CULTURA E CONCELLOS APOSTAN POR APROVEITAR AS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA REACTIVAR A CULTURA LOCAL

Os IV Encontros Cultura e Concellos, que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG), comezaron esta mañá destacando a necesidade de que os concellos aproveiten as novas tecnoloxías da información e a comunicación para reactivar a cultura. Estas xornadas reúnen hoxe e mañá a expertos e representantes de máis de corenta concellos galegos para afondar na relación entre novas tecnoloxías e cultura.

Ler máis

CIENTÍFICOS INTERNACIONAIS ANALIZAN NUNHA PUBLICACIÓN DO CCG AS CONSECUENCIAS DO PRESTIGE

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo a publicación bilingüe galego-inglés "EFECTOS ECONOMICOS, SOCIAIS E AMBIENTAIS DAS MAREAS NEGRAS DO PRESTIGE".

Ler máis

PRESENTACIÓN DO LIBRO "EFECTOS ECONÓMICOS, SOCIAIS E AMBIENTAIS DAS MAREAS NEGRAS DO PRESTIGE"

Ler máis

EXPERTOS E TÉCNICOS DOS CONCELLOS ANALIZARÁN O PAPEL DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA XESTIÓN CULTURAL

Os "IV Encontros Cultura e Concellos" reunirán o vindeiro venres e sábado, días 18 e 19 de xuño, a preto dun centenar de axentes culturais de concellos e de expertos en diferentes ámbitos para afondar na relación entre a cultura e as novas tecnoloxías. O coordinador do encontro e director do Observatorio da Cultura Galega, Xan Bouzada, salientou a importancia destas xornadas debido "ao papel das novas tecnoloxías como ferramentas para conseguir a participación e o desenvolvemento cultural nos concellos".

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 16, OS IV ENCONTROS “CULTURA E CONCELLOS”

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá mércores, día 16, ás 12´30 horas, os IV Encontros "Cultura e Concellos" que, nesta edición analizarán a relación entre Cultura e Novas Tecnoloxías.

Ler máis

O CCG E A DEPUTACIÓN DE OURENSE AFONDAN NAS ORIXES DE GALICIA COA PUBLICACIÓN DE “A CRÓNICA DE IDACIO DE LIMIA, BISPO DE CHAVES”

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta mañá a presentación da obra "A Crónica de Idacio de Limia, bispo de Chaves", de José Antonio López Silva. Con esta publicación, segundo sinala o autor, "preténdese facilitar un achegamento ás orixes do pobo galego e a un texto considerado fundamental para a configuración dos alicerces históricos da identidade política e histórica de Galicia".

Ler máis

AS "V XORNADAS INTERNACIONAIS DE CULTURA TRADICIONAL CARNOTA 2004" SERÁN PRESENTADAS MAÑÁ NO CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá martes, día 1 de xuño, ás 12´30 horas, a presentación en rolda de prensa das "V Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional Carnota 2004".

Ler máis

EXPERTOS EN COMUNICACIÓN APOSTAN POR UN REPRANTEXAMENTO DO XACOBEO E A MELLORA DO CAMIÑO

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle hoxe a segunda e última xornada do encontro O CAMIÑO DE SANTIAGO, DIVERSIDADE CULTURAL E COMUNICACIÓN, que se celebra na sede da institución desde onte. Nela, responsábeis dalgúns dos principais medios de comunicación privados da Comunidade apostaron por unha renovación e reprantexamento do Xacobeo, que agora consideran esgotado.

Ler máis