Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3461 a 3480 de 3707

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA RECUPERA A EXCEPCIONAL FIGURA DE BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO TAFALL

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta mañá a presentación e proxección do vídeo "As claves do enigma. Tafall entre tres mundos", realizado polo historiador José Antonio Durán e patrocinado polo CCG e o Servicio de publicacións da Deputación de Pontevedra. Con esta obra, o Consello da Cultura Galega pretende rescatar a memoria deste excepcional personaxe da historia de Galicia, Bibiano Fernández Osorio Tafall (Pontevedra 1902- México 1990), rescatar a súa traxectoria como líder político, como funcionario internacional e como científico.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA ESTE MARTES UN VÍDEO CO PERFIL BIOGRÁFICO DE BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO TAFALL

Un vídeo coa biografía de Bibiano Fernández-Osorio Tafall (Pontevedra, 1902-Cidade de México, 1990) será presentado o día 2 de decembro, ás 12´00 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG). Realizado polo historiador José Antonio Durán e patrocinado polo Servicio de Publicacións da Deputación de Pontevedra e o CCG, o vídeo permite un achegamento ó perfil histórico dunha das personalidades galegas máis relevantes da II República e tamén ó funcionario español que acadou o máis alto rango nas organizacións internacionais. Tafall xubilouse coa categoría de subsecretario xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU), logo de 26 anos de servicio.

Ler máis

AS XORNADAS DE ARQUITECTURA REMATAN CUNHA CRÍTICA Á ELITE DE PROFESIONAIS E CUNHA APOSTA POR OBRAS QUE SOBREVIVAN Ó SEU TEMPO

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra hoxe a segunda e última sesión das xornadas "A arquitectura desde Cataluña". O deseño dos edificios para que consigan superar os cambios vertixinosos da sociedade, a necesidade dunha normativa que unifique criterios para os chamados "tipos edificatorios", como escolas e hospitais, e a "debilidade" da reflexión crítica coa arquitectura e a elite da profesión foron algúns dos temas abordados.

Ler máis

DESTACADOS ARQUITECTOS CATALÁNS ANALIZAN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA A PRODUCCIÓN DAS ÚLTIMAS DÉCADAS

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra hoxe e mañá as xornadas "A Arquitectura desde Cataluña", na que participan relevantes profesionais e profesores desa Comunidade. Na sesión inaugural, os coordinadores do encontro, Iago Seara e Antonio Armesto, destacaron a necesidade de entender a arquitectura como unha conformación máis da cultura e de crear canles de diálogo entre os profesionais da Península para unha mellor formación dos arquitectos. Con este obxectivo, as Xornadas, sinalan, contan coa participación dalgúns dos máis representativos profesionais das xeracións de arquitectos cataláns das últimas décadas, dende Federico Correa ós máis recentes valores.

Ler máis

ARQUITECTOS CATALÁNS EXPORÁN NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA A SITUACIÓN DA ARQUITECTURA NESA COMUNIDADE

A Sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este xoves e venres as "Xornadas A Arquitectura desde Cataluña". Con esta iniciativa, a entidade pretende abordar da man dalgúns dos mellores profesionais cataláns unha análise da arquitectura recente nesa Comunidade, así como abrir canles de reflexión e intercambio de coñecementos entre arquitectos galegos e cataláns.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ EN ROLDA DE PRENSA AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE CATALUÑA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, martes, día 25, ás 12´30 horas, en rolda de prensa, as xornadas A ARQUITECTURA DESDE CATALUÑA.

Ler máis

A HARMONIZACIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR E DOS CIDADÁNS NA DESCARGA DE MÚSICA POR INTERNET, A DEBATE NO CCG

Os dereitos de autor e os dereitos dos cidadáns a acceder á cultura centraron esta mañá o III Encontro O Son da Memoria, que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega (CCG). Membros da Sociedade General de Autores e Editores (SGAE) e representantes de posturas críticas coa actual xestión dos dereitos de autor expuxeron os seus argumentos e debateron sobre a polémica descarga de música por Internet e a copia de CD´s para uso persoal.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CELABRA MAÑÁ VENRES UN ENCONTRO SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

O Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega (CCG), celebra este venres, día 21, o III Encontro O Son da Memoria baixo o título "De quen é a palabra. Arquivos sonoros e propiedade intelectual". A xornada abordará a polémica en torno á xestión dos dereitos de autor e a propiedade intelectual ante as posibilides de difusión que ofrecen as novas tecnoloxías.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA RECUPERA A DIMENSIÓN XORNALÍSTICA DE BLANCO AMOR COA OBRA "CHILE A LA VISTA"

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Alfonso Zulueta de Haz, o coodinador da Sección de Comunicación do CCG, Xosé López, e o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, presentaron esta mañá en rolda de prensa a reedición da obra de Eduardo Blanco Amor "Chile a la vista". Trátase dunha serie de pezas xornalísticas, reportaxes e crónicas, que o escritor galego fixo durante dúas viaxes a través Chile, en 1949 e 1950, e que publicou no diario chileno "La Hora", xa desaparecido.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ABORDA A POLÉMICA DOS DEREITOS DE AUTOR NO ENCONTRO "O SON DA MEMORIA"

O Arquivo Sonoro de Galicia, do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este venres, día 21, o III Encontro O Son da Memoria baixo o título "De quen é a palabra. Arquivos sonoros e propiedade intelectual". O coordinador do Arquivo, Rodrigo Romaní, destacou esta mañá en rolda de prensa a importancia destas xornadas para abordar un tema de polémica actualidade, os dereitos de autor e a propiedade intelectual, debido ás posibilidades de difusión de datos ofrecidas polas novas tecnoloxías.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ, DÍA 18, ÁS 12´00, A REEDICIÓN DO LIBRO "CHILE A LA VISTA", DE EDUARDO BLANCO AMOR

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, martes, día 18 de novembro, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, a reedición do libro CHILE A LA VISTA, de Eduardo Blanco Amor.O libro, de algo máis de 400 páxinas, recolle unha parte importante da obra xornalística de Blanco Amor. Neste caso, os artigos escritos polo autor de "Xente ao lonxe", entre 1949 e 1950 e publicados no xornal chileno "La Hora". Trátase dun relato lúcido, vivo e apaixonado logo de "andar e ver" o país andino.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA O DÍA 17, EN ROLDA DE PRENSA, O III ENCONTRO "O SON DA MEMORIA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará o luns, dìa 17, ás 12´00 horas, en rolda de prensa o III ENCONTRO "O SON DA MEMORIA"-ARQUIVOS SONOROS E PROPIEDADE INTELECTUAL, que coordinará Rodrigo Romaní. O encontro, organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia, pretende, entre outros obxectivos, clarificar a realidade actual da xestión dos recursos xerados en virtude do concepto moderno de propiedade intelectual, tal e como se entende en Europa.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PORÁ EN MARCHA O DÍA 17 UN "OBRADOIRO DE CRÍTICA DE ARTE"

A Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega (CCG) porá en marcha dende o luns, día 17 e ata o 21 de novembro un OBRADOIRO DE CRÍTICA DE ARTE, coordinado por Miguel Cereceda, crítico de arte e comisario independente.

Ler máis

AS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO" CONCLUIRON CUNHA REFLEXIÓN A DÚAS BANDAS SOBRE O PROBLEMA DE ESPAÑA

Sobre o "problema de España" reflexionaron aberta e críticamente Xavier Rubert de Ventós e Fermín Bouza nos relatorios que cerraron asXornadas "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL", que tiveron lugar desde o día 12 de novembro no Consello da Cultura Galega (CCG) e coas que a institución quixo subliñar tamén os seus primeiros vinte anos.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA ESTA MAÑÁ UN OBRADOIRO DE CRÍTICA DE ARTE

A Sección de Artes Plásticas do Consello da Cultura Galega (CCG) considera necesaria a creación de profesionais especializados da crítica de arte. Con este obxectivo, nunha dirección pedagóxica e paralela á acción promocional doutros proxectos, o CCG prantexa a realización deste Obradoiro de crítica de arte, que terá lugar a próxima semana (do 17 ó 21), fusionando as áreas teóricas e prácticas desta disciplina. A necesidade de relación e comunicación entre o feito artístico e a sociedade fixo precisa a creación dunha serie de interlocutores da mensaxe estética. O crítico de arte, axente activo deste intercambio, actúa de espectador intencionado na engrenaxe da industria cultural.

Ler máis

AS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO" CUESTIONAN A ORDENACIÓN TERRITORIAL E APOSTAN POLA PLANFICACIÓN ESPACIAL

O arquitecto Juan Luís Dalda Escudero reivindicou o principio da "planificación espacial máis alá da ordenación do territorio" na súa intervención nas xornadas "Galicia, estratexias de futuro. Novos espazos na sociedade global", que están a celebrarse no Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago, coa participación de filósofos, sociólogos, arquitectos e urbanistas e que rematarán hoxe, venres. Dalda, profesor titular de Planeamento Urbanístico da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, reflexionou sobre "a cidade difusa no noroeste peninsular", insistiu na necesidade de "adecuar a planificación terrtorial ó complexo espazo urbano do século XXI" e lembrou que o que definiu como "fracaso do feísmo é o fracaso de vinte anos de política urbanística con protagonismo especial da Xunta, do Parlamento de Galicia e tamén dos concellos".

Ler máis

O FILÓSOFO FRANCÉS GILLES LIPOVETSKY ABRIRÁ HOXE AS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL", NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O filósofo francés Gilles Lipovetsky pronunciará hoxe, mércores, 12 de novembro, ás 19´00 horas, a conferencia inaugural das Xornadas GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL, organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG), dentro dos actos conmemorativos do vinte aniversario da institución. No acto inaugural intervirán tamén o Presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e o coordinador das xornadas, Antón Baamonde.

Ler máis

O I SIMPOSIO GALEGO DE TERMINOLOXÍA REMATOU COA PRESENTACIÓN DE DIFERENTES FERRAMENTAS E PRODUCTOS TERMINOLÓXICOS

O idioma galego dispón xa de ferramentas e productos terminolóxicos numerosos e sistematizados e conta asemade cunha "Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega", presentada no curso da derradeira sesión de traballo do I Simposio Galego de Terminoloxía, celebrado nas dependencias do Consello da Cultura Galega (CCG). Ás sesións asistiron máis de cen investigadores, lingüistas e traductores. Os traballos completáronse coas IV Xornadas da Asociación Española de Terminoloxía (Aeter). O Simposio, terá continuidade e carácter bianual e abriu xa a consulta para unha consulta sobre a posible creación da Asociación Galega de Terminoloxía.

Ler máis

FILÓLOGOS, TRADUCTORES E ESPECIALISTAS DEBATEN SOBRE O USO DO PORTUGUÉS PARA CREAR NOVOS TERMOS PARA O GALEGO

A segunda xornada do I Simposio Galego de Terminoloxía abordou esta mañá as técnicas e criterios que os especialistas e os filólogos e traductores aplican á hora de crear palabras en galego para designar novas realidades (como na informática) ou realidades moi específicas, como nomes científicos. Este congreso, organizado pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e o Servicio de Terminoloxía Galega (Termigal), conta coa participación de preto de cen investigadores e profesionais.

Ler máis

COMENZARON NO CENTRO "RAMÒN PIÑEIRO" OS TRABALLOS DO I SIMPOSIO GALEGO DE TERMINOLOXÍA COA ASISTENCIA DUN CENTO DE INVESTIGADORES

"Os estudios terminolóxicos deben ter unha especial relevancia nas linguas en proceso de normalización", afirmou Manuel González, coordinador do Servicio de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) no acto inaugural do I Simposio Galego de Terminoloxía, celebrado esta tarde no Centro "Ramón Piñeiro", en Santiago. As sesións de traballo, ás que asisten un cento de investigadores e estudiosos, continuarán o venres e o sábado no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG) e inclúen, en horario de tarde, o desenvolvemento do programa das IV Xornadas de Traballo da Asociación Española de Terminoloxía (AETER).

Ler máis