Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 101 a 120 de 3707

O Observatorio da Cultura Galega destaca a disparidade do gasto en cultura dos concellos

O gasto en cultura dos concellos galegos non depende do seu tamaño nin da súa densidade de poboación, senón das prioridades que cada entidade lle concede a este ámbito. Así se desprende do estudo O gasto en cultura na Administración local en Galicia, elaborado polo Observatorio do Consello da Cultura Galega (OCG), servizo do Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración metodolóxica e técnica do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. O informe constata que concellos de tamaño desigual poden ter o mesmo gasto por habitante en cultura. Este estudo, que analiza por primeira vez o gasto executado polas entidades municipais, foi presentado esta mañá pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, quen destacou a necesidade de “poñer números ao esforzo que fan os concellos en cultura”. Canda ela, o responsable do OCG, Håkan Casares, subliñou a importancia de contar cunha “imaxe precisa do gasto real en cultura que fai a administración local”. Pola súa parte, Melchor Fernández Fernández e Pedro Rey Araujo, integrantes do IDEGA, salientaron que o informe contribúe á necesaria reflexión sobre a relación que debe existir entre a actividade cultural e a fixación de poboación nos territorios despoboados.

Ler máis

O empresario Ramiro Isla Couto entra no Álbum de Galicia

O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de incorporar ao seu Álbum de Galicia -colección biobibliográfica que visibiliza personalidades senlleiras da historia e cultura galegas- unha nova entrada dedicada ao empresario galeguista Ramiro Isla Couto (A Estrada-1896, Vigo, 1987). A biografía, elaborada polo historiador Xosé Luís Pastoriza, rescata unha vida marcada polo compromiso político, a emigración e o exilio, e a quen o intelectual galeguista Ramón Piñeiro definiu como “peleriño do galeguismo polo mundo galego”.

Ler máis

Presentado un documental que afonda no histórico programa de radio Sempre en Galicia

Tal día como hoxe, pero de 1950, arrincaba en Montevideo a primeira emisión do programa de radio Sempre en Galicia. Setenta e cinco anos despois daquel fito, o director Xan Leira presentou no Consello da Cultura Galega (CCG) o documental Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración que recupera a historia deste programa de radio que continúa en emisión. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; máis catro dos participantes no filme: Mónica Rebolo, Manuel Suárez, Carlos Sixirei e Yolanda Díaz Gallego xunto co autor presentaron este proxecto que se estreará no vindeiro mes de outono tanto en Galicia como en Uruguay.

Ler máis

Resolución provisional para a adxudicación das catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación (PR970B)

Resolución provisional para a adxudicación das catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación (PR970B)

Convocatoria de bolsas de colaboración 2025

Ler máis

Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia

Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Faustino Rey Romero (Rianxo, 1921 – Bos Aires, 1971) e Baldomero Isorna Casal (Catoira, 1916 – Madrid, 1986). Foron dous poetas e activistas culturais que fundaron o Ateneo do Ullán e a Romaría Viquinga de Catoira, ademais de publicar poesía, artigos de prensa e participar na vida intelecutal e cultural do país, Xosé Ramón Fandiño é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.

Ler máis

O CCG completa a dixitalización de Opinión Gallega, un relevante voceiro da emigración galega na Arxentina

O ambiente galeguista da emigración en Bos Aires no século XX poderá ser hoxe máis coñecido. O Consello da Cultura Galega rematou o proceso de dixitalización e publicación da emblemática publicación Opinión Gallega, o órgano oficial do Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés de Bos Aires. Con 120 números novos que comprenden entre decembro de 1945 e novembro de 1953, os lectores poderán seguir sinaturas tan destacadas como Castelao, Plácido R. Castro, Antón Alonso Ríos, Aquilino Iglesia Albariño, Ramón Otero Pedrayo ou Xosé Neira Vilas, entre moitos outros. seu Repertorio da prensa da emigración galega

Ler máis

Roberto Vidal Bolaño, un dos promotores do teatro galego moderno, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002). Foi dramaturgo, director de escena e actor de teatro e televisión. Participou na creación do Centro Dramático Galego e axudou a dinamizar o movemento teatral independente. Xosé Manuel Fernández Castro asina a entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.

Ler máis

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluidas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación (PR970B)

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluidas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación (PR970B)

Convocatoria de bolsas de colaboración 2025

Ler máis

O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura

O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura

Coa celebración do último plenario do primeiro semestre, o Consello da Cultura Galega avanzou a programación da institución para os vindeiros meses, que virá marcada por accións de conclusión de espazos de debate e reflexión ao redor da lingua, o acceso á cultura entre outras posibilidades.

Ler máis

O CCG expón a obra de Anna Turbau na Casa da Galeria (Castro de Rei)

O CCG exporá unha escolma do traballo fotográfico de Anna Turbau na Casa da Galería, sede da Fundación Margarita Ledo Andión, en Castro de Rei. Será a primeira mostra da súa obra que se inaugura trala morte da fotógrafa o pasado mes de marzo en Barcelona. A inauguración celebrarase o venres 18 de xullo ás 19 horas na Casa da Galería, coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega e a comisaria da exposición e presidenta da fundación, Margarita Ledo Andión. A mostra poderase visitar ata o 25 de agosto de 2025 de venres a domingo, de 19 a 21 horas.

Ler máis

Prudencio Piñeiro, compositor do Rexurdimento, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Prudencio Piñeiro Latierro (San Sebastián, 1838 - Ferrol, 1919). Pianista e dinamizador da cultura galega, autor de pezas de zarzuela, director da orquestra de Vigo, do orfeón de Pontevedra, fundador dunha academia de música na cidade e organista da igrexa parroquial de Ferrol. Nilo García Armas é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.

Ler máis

O industrial Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Antonio Raimundo Ibáñez (Ferreirela de Baxo, 1749 - Ribadeo, 1809). Foi un empresario industrial e mercantil que impulsou a creación dun dos primeiros altos fornos do país, que serviu para modernizar a sociedade local da época, eminentemente labrega. Xosé Ramón Fandiño é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.

Ler máis

Un país coa súa lingua. Foro participativo propón reforzar as redes entre persoas e entidades para estender o uso da lingua

Desenvolver redes de galegofalantes, incrementar a participación e intensificar os contactos entre entidades foron algunhas das propostas dos participantes na sesión ‘Sociedade, crenzas e participación comunitaria’, a última de ‘Un país coa súa lingua. Foro participativo’. A mediados de outubro farase un encontro de presentación de resultados das seis sesións no que tamén se incorporarán as cincocentas propostas dixitais remitidas pola cidadanía a través do web do CCG.

Ler máis

O CCG reivindica o saber comunal da rega nunha xornada

Dar a coñecer a importancia dos sistemas de rega tradicional que se empregaron para a repartición de auga e abrir un espazo para que as comunidades expoñan os problemas e dificultades que atopan para mantelos é parte do obxectivo da xornada “Comunidades e patrimonio cultural inmaterial. A rega tradicional” que se celebra esta tarde do mércores 9 de xullo no Consello da Cultura Galega. O evento será transmitido desde o web da institución.

Ler máis

O CCG pecha o foro participativo “Un país coa súa lingua” explorando o papel do galego como creador de cohesión social

O Consello da Cultura Galega pecha mañá, martes 8 de xullo, ‘Un país coa súa lingua. Foro participativo’. Co título ‘Sociedade, crenzas e participación comunitaria’, a mesa ten a finalidade de “obter propostas que reforcen o uso do idioma galego na sociedade civil, no asociacionismo e nos espazos comunitarios”. Representantes de redes educativas, de colaboración local ou de estudantes protagonizan os relatorios.

Ler máis

O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz

O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz

Os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz pasarán a estar depositados no Consello da Cultura Galega para a súa posta en valor e consulta pública. Así o acordaron esta mañá a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP), durante a sinatura dun convenio conxunto. O Seminario Galego de Educación para a Paz estivo activo entre 1985 e 2017 e coa celebración este ano do 40 aniversario da súa fundación e o depósito dos fondos históricos pon fin ás súas actividades.

Ler máis

Ribeira acolle unha xornada sobre os oficios do mar e o patrimonio cultural inmaterial

O Consello da Cultura Galega e o concello de Ribeira organizan mañá 3 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a xornada “Os oficios do mar”, na que se abordarán os traballos vinculados ao mar, que en Galicia “teñen unha especial relevancia para as comunidades que se desenvolveron tradicionalmente en equilibrio co ecosistema costeiro, creando unha cultura propia cuxa transmisión está ligada á supervivencia desas actividades”, segundo os organizadores.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega estrea o podcast “Castelao a carón de nós”

O Consello da Cultura Galega estrea un documental sonoro en tres episodios sobre a vida e obra de Castelao na súa nova Plataforma de podcast, Ágora. “Castelao a carón de nós” é o primeiro título dunha serie de producións en formato podcast coas que o CCG quere incrementar a oferta sonora de calidade en lingua galega na rede. Os programas céntranse na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nunha oportunidade para escoitar as voces expertas sobre a obra literaria e gráfica do autor. O documental está realizado por Arraianos Producións.

Ler máis

O sector empresarial demanda programas de xestión en galego

Ver o galego como unha oportunidade comercial, avanzar na regulamentación do etiquetado do produto na nosa lingua e promover programas de xestión empresarial en galego son algunhas das medidas concretas que se abordaron no marco da xornada “Empresa, turismo e deporte”, coordinada por Jackson R. Soáres, profesor da Universidade da Coruña. É a quinta sesión de Un país coa súa lingua. Foro participativo que promove o Consello da Cultura Galega (CCG) e que pilota Dolores Vilavedra. Priorizar o galego nas accións turísticas e nas comunicacións públicas da actividade deportiva federada son outras das medidas que se apuntaron na sesión. A última xornada do foro terá lugar o vindeiro 8 de xullo coa celebración da mesa “Sociedade, crenzas e participación comunitaria” a cargo de Rosalía Fernández Rial.

Ler máis

A presidenta realiza unha viaxe institucional a Belo Horizonte

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, está a desenvolver esta semana unha viaxe institucional a Belo Horizonte, Brasil. Arrincou o pasado martes coa visita a Academia Mineira de letras e remata este venres coa inauguración dunha nova itinerancia da exposición Afonso X e Galicia que conta cun programa de actividades complementarias.

Ler máis