4. Proxectos e temáticas transversais

Nunha serie de encontros analizáronse temáticas transversais ou proxectos que tiñan obxectivos comúns ou desenvolvidos sobre un mesmo xacemento en tempos e por equipos distintos. O obxectivo destes encontros era tanto divulgar os resultados entre o público como promover a reflexión sobre o abandono de certos temas de investigación en Galicia. A situación problemática dalgúns espazos patrimoniais estivo tamén presente en moitos dos debates suscitados ao redor destes encontros. O estado actual das vías romanas en Galicia e a necesidade dunha maior protección; o Guidoiro areoso; a ourivería dos castros (con particular atenci&oaacute;n ás sorpresas do tesouro de Recouso); a arte esquemática pintada no Noroeste Peninsular e as intervencións nos xacementos romanos da Factoría de salga na rúa Marques de Valladares no xacemento romano Pontevedra-Areal (Vigo) e do Templo romano no Círculo das Artes da Cidade de Lugo ofrécennos a oportunidade de miralos dende outra perspectiva á luz dos novos achados e das dificultades que presentan para a súa conservación.

GUIDOIRO AREOSO

A illa patrimonio

Venres, 27 de novembro de 2015

Evento

ARQUEOLOXÍA NA CIDADE

Dúas intervencións nos xacementos romanos de Lugo e Vigo

Luns, 27 de xuño de 2016

Evento

O ESTADO ACTUAL DAS VÍAS ROMANAS EN GALICIA E A NECESIDADE DUNHA MAIOR PROTECCIÓN

Martes, 23 de maio de 2017

Evento

A OURIVERÍA DOS CASTROS

Novos paradigmas

Xoves, 30 de novembro de 2017

Evento

PAISAXES TATUADAS

A arte esquemática pintada non noroeste peninsular á luz dos novos achados

Martes, 18 de febreiro de 2020

Evento