Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3441 a 3460 de 3707

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONDENA E REPUDIA OS ATENTADOS PERPETRADOS EN MADRID

Ler máis

SUSPENSIÓN DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “ A HISTORIA DE GALICIA”, DE RAMÓN VILLARES

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA LEMBRA A CARLOS CASARES NO CABODANO DA SÚA MORTE

Ler máis

O CONSELLO TENDE PONTES DE INTERCAMBIO CULTURAL COA MELLOR ARQUITECTURA VASCO-NAVARRA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu hoxe a segunda sesión das xornadas "A arquitectura vasco-navarra", que desde o xoves e até o sábado pretenden ofrecer unha visión global e pluridisciplinar da actual arquitectura destas comunidades de man de 18 dos seus máis relevantes arquitectos e investigadores. O obxectivo último, como sinala o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, é estabelecer "pontes de coñecemento, cooperación e intercambio desde Galicia cara outros ámbitos culturais", para enriquecer a formación dos profesionais galegos e da arquitectura galega.

Ler máis

EXPERTOS RECLAMAN NO CCG UNHA ARQUITECTURA DE SERVIZO FÓRA DA ESPECULACIÓN E SUPERFICIALIDADE

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle desde esta mañá e até o vindeiro sábado as xornadas "A arquitectura vasco-navarra", organizadas pola Sección de Arquitectura do CCG e nas que participan preto dunha vintena dos mellores profesionais desas comunidades. Na súa primeira sesión, o profesor Francisco José Mangado destacou que “nunca como agora se fala tanto e tan pouco da arquitectura”, criticando a superficialidade, especulación e reducionismo con que se aborda a arquitectura nalgúns ámbitos. Así, reclamou unha arquitectura "densa e seria", unha arquitectura de servizo que desbote a situación actual na que "o parecer importa máis que o ser".

Ler máis

ALONSO MONTERO FALARÁ ESTE XOVES, NA TERTULIA LITERARIA DO CONSELLO, SOBRE A DENUNCIA DA SITUACIÓN DO GALEGO PERANTE A UNESCO EN 1954

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este xoves, día 4, a súa tertulia literaria mensual. Nesta ocasión, será o escritor Xesús Alonso Montero o que aborde a súa última obra: "A batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954".

Ler máis

PRETO DUNHA VINTENA DE EXPERTOS ANALIZARÁN NO CONSELLO DA CULTURA A ARQUITECTURA VASCO-NAVARRA

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Alfonso Zulueta de Haz, e o coordinador da Sección de Arquitectura do CCG, Iago Seara, presentaron esta mañá as xornadas “A arquitectura vasco-navarra”, que reunirán durante tres días a 18 dos máis relevantes profesionais da arquitectura neste territorio. As xornadas, que comezarán o xoves día 4 e acabarán o sábado día 6, pretenden ofrecer por primeira vez en Galicia unha visión global e pluridisciplinar da arquitectura actual do País Vasco e Navarra.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ EN ROLDA DE PRENSA AS XORNADAS “A ARQUITECTURA VASCO-NAVARRA”

As xornadas “A ARQUITECTURA VASCO-NAVARRA” serán presentadas en rolda de prensa mañá martes, día 2 de marzo, ás 12´30 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG). As xornadas están organizadas pola Sección de Arquitectura do CCG e continúan a liña marcada polos encontros dedicados ás arquitecturas lisboeta e catalá, celebrados con anterioridade.

Ler máis

A ESCRITORA BRASILEIRA NÉLIDA PIÑÓN FALARÁ O VENRES SOBRE “GALICIA NA MIÑA OBRA”, NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá mañá venres, día 20, unha velada literaria, en forma de charla-coloquio, protagonizada pola escritora Nélida Piñón, quen reflexionará sobre o tema GALICIA NA MIÑA OBRA. No acto intervirán tamén os escritores Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, e Víctor F. Freixanes, director da Editorial Galaxia e coordinador da Sección de Literatura e Industrias da Edición do CCG. O coloquio, aberto ao público, celebrarase ás seis e media do serán no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, segundo andar), en Santiago de Compostela.

Ler máis

SUSO DE TORO INICIA ESTE XOVES AS "TERTULIAS DE LG3"

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA A VERSIÓN RENOVADA DE LG3, O SOPORTAL DE LITERATURA DE CULTURAGALEGA.ORG

O Consello da Cultura Galega presentará mañá aos medios o novo lg3, o soportal adicado á literatura e o mundo editorial dentro do portal de divulgación culturagalega.org.

Ler máis

O LUNS PRESENTARASE O "V FESTIVAL ALTERNATIVO DE TEATRO, MÚSICA E DANZA DE COMPOSTELA"

O luns, día 2 de febreiro, ás 13´30 horas, celebrarase no salón de actos do Consello da Cultura Galega unha rolda de prensa para presentar o "V FESTIVAL ALTERNATIVO DE TEATRO MÚSICA E DANZA DE COMPOSTELA".

Ler máis

O FACSÍMILE DO CÓDICE DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA SERÁ PRESENTADO HOXE AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Alfonso Zulueta de Haz, e os membros da Comisión Executiva reuniranse hoxe mércores, ás 14´00 horas, cos representantes dos medios de comunicación. O encontro, que irá seguido dun xantar, servirá para presentar a edición facsímile do Códice de Toledo das "Cantigas de Santa María", do rei Afonso X o Sabio. O Consello da Cultura levou a cabo esta edición facsímile coincidindo co vinte aniversario da creación da institución.

Ler máis

ANXO QUINTANA, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, VISITA MAÑÁ MÉRCORES O CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Ler máis

ALFONSO ZULUETA PRESIDE ESTA TARDE A ENTREGA DO IX PREMIO LITERARIO "ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE", EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Alfonso Zulueta de Haz, presidirá esta tarde, ás 19´00 horas no Instituto "Rosalía de Castro" de Santiago de Compostela, o acto de entrega do IX Premio Literario "Arcebispo Juan de San Clemente". Nesta edición os premiados son Rosa Aneiros (Resistencia); Almudena Grandes (Los aires difíciles) e Jonathan Coe (El club de los canallas).

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA EDITARÁ O "CATÁLOGO DE MANUSCRITOS DA BIBLIOTECA E ARQUIVO CATEDRALICIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) editará o "Catálogo de manuscritos da Biblioteca e Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela". Así o comunicou o presidente da institución, Alfonso Zulueta de Haz, durante a presentación do traballo de catalogación realizado no marco do convenio de colaboración entre o CCG e o Arquivo Catedralicio de Santiago.

Ler máis

ESTE MARTES, DÍA 13, PRESENTARASE O CATÁLOGO DOS MANUSCRITOS DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Ler máis

RAMON CASTROMIL, VICEPRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA, RECIBIU O PREMIO ESPECIAL"MANUEL BEIRAS" POLO SEU LABOR DE PROMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO

O empresario compostelán Ramón Castromil Ventureira, vicepresidente do Consello da Cultura Galega (CCG) e un dos artífices da recuperación do Casino de Santiago, recibiu onte o Premio Especial "Manuel Beiras" pola súa traxectoria de apoio decidido á promoción e á normalización do idioma galego, nomeadamente a través das campañas realizadas á fronte da empresa "Castromil", de transporte de viaxeiros.

Ler máis

O PRESIDENTE DO CCG ALUDE AO CARÁCTER "SINGULAR" DA INSTITUCIÓN E Á UTILIZACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS "PARA POTENCIAR E PROXECTAR A CULTURA DE GALICIA"

O Consello da Cultura Galega (CCG) conmemorou este martes os seus primeiros vinte anos cun acto institucional presidido polo Presidente da Xunta, Manuel Fraga, e ó que asistiu o titular do Parlamento, José María García Leira, xunto con autoridades e representacións da vida cultural, política, relixiosa, económica e universitaria de Galicia. No acto fixeron uso da palabra o Presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e o titular da Xunta, Manuel Fraga, Presidente de Honra da institución cultural. Ademais procedeuse á presentación da edición facsímile do "Códice de Toledo" das CANTIGAS DE SANTA MARIA, do Rei Alfonso X "O Sabio", e inaugurouse unha exposición bibliográfica cos fondos do Consello. O cantautor Amancio Prada ofreceu un recital cunha escolma de Cantigas dos trobadores galaico-portugueses e de Alvaro Cunqueiro. Unhas cento cincuenta persoas estiveron presentes nestes actos conmemorativos. Previamente celebraron sesións ordinarias a Comisión Executiva e o Plenario do CCG. O Códice de Toledo foi presentado polo profesor Henrique Monteagudo, secretario do CCG. Ramón Castromil, vicepresidente da institución, presentou ó catautor Amancio Prada.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONMEMORARÁ O 9 DE DECEMBRO O SEU VIXÉSIMO ANIVERSARIO NUN ACTO Ó QUE FORON CONVIDADAS MÁIS DE MIL PERSOAS

O Consello da Cultura Galega (CCG) conmemorará o seu vixésimo aniversario cun acto que se celebrará o día 9 decembro, ás 19´00 horas, na súa sede do Pazo de Raxoi, en Santiago, e ó que foron convidadas máis de mil persoas relacionadas coa cultura e as institucións culturais de Galicia. A sesión conmemorativa iniciarase coas intervencións do Presidente de Honra do CCG e da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e do Presidente da institución cultural, Alfonso Zulueta de Haz.

Ler máis