Arquivo de noticias do CCG

Amosando noticias 3501 a 3520 de 3707

O INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CONSELLO DA CULTURA RECLAMA OBXECTIVOS NORMALIZADORES MÁIS AMBICIOSOS NO ENSINO

O segundo volume do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (IPLN), elaborado pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, reclama "obxectivos normalizadores máis ambiciosos" por parte da Administración e presenta propostas de mellora para avanzar cualitativamente partindo do feito de que "hoxe a lingua galega está presente en tódolos centros de ensino".

Ler máis

AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE LISBOA" SUBLIÑARON A NECESIDADE DE REACTIVAR OS ESPACIOS PÚBLICOS E A INTEGRACIÓN DAS PERIFERIAS NOS ENTORNOS URBANOS

A necesidade de reactivar os espacios públicos, como premisa para unha maior calidade de vida, e a integración das periferias nos entornos urbanos foi unha das reflexións suscritas polos relatores das xornadas A ARQUITECTURA DESDE LISBOA, celebradas durante o venres e a mañá do sábado no auditorio do Consello da Cultura Galega, por iniciativa da súa Sección de Arquitectura, que dirixe Iago Seara Morales, coordinador do encontro xunto con Jorge Da Cruz Pinto, profesor da Escola de Arquitectura de Lisboa.

Ler máis

A COMISIÓN EXECUTIVA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA REUNIRASE O 20 DE MAIO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o martes, día 20 de maio, ás 12´30 horas, unha reunión no Museo Provincial de Lugo.Entre outros asuntos, estudiará o establecemento dun convenio co Taller de Restauración de Instrumentos da Deputación Provincial luguesa.

Ler máis

OS II ENCONTROS SOBRE INFORMACIÓN CULTURAL CONCLÚEN QUE OS MEDIOS ENFOCAN A CULTURA COMO LECER

Os II Encontros "A información cultural en Galicia: o que contan os medios", organizados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, desenvolveron esta mañá a súa segunda e derradeira xornada. Mentres que a primeira partes destas xornadas, que tivo lugar o luns, 21 de abril, estivo centrada no tratamento da información cultural no medio impreso (xornais, suplementos e revistas), a xornada de hoxe ocupárona os outros medios: radio, televisión e internet.

Ler máis

SUSO DE TORO: "OS MEDIOS GALEGOS NON TEÑEN UN DISCURSO CULTURAL PROPIO, ACEPTAN O QUE VEN DE MADRID"

A responsabilidade do escritor cando participa nos medios de comunicación e a dependencia dos medios galegos do discurso comunicativo de Madrid foron os eixes da intervención do escritor Suso de Toro, que esta mañá abriu a primeira xornada dos Encontros "A información cultural en Galicia: o que contan os medios", que se desenvolven no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

OS RETOS E AS PERPECTIVAS DA INFORMACIÓN CULTURAL OCUPARÁN UNS ENCONTROS NO CCG A FINAIS DE ABRIL

Os profesionais dedicados á producción da información cultural nos medios de comunicación e os expertos nestes temas no ámbito universitario unirán esforzos e coñecementos nun foro auspiciado polo Consello da Cultura Galega. O CCG, a través da súa sección de comunicación reunirá a expertos e profesionais para debatir en torno ao binomio información e cultura no que suporá a segunda edición dos Encontros "A información cultural en Galicia: o que contan os medios", que se desenvolverá en Santiago os vindeiros luns 21 e 28 de abril, en sesións de mañá e tarde.

Ler máis

A CORRECTA INTERPRETACIÓN DA LÍRICA MEDIEVAL CENTROU A INTERVENCIÓN DO PROFESOR ANTONI ROSSELL NO CCG

O debate sobre cómo debe ser interpretada a lírica medieval, ben desde un punto de vista arqueolóxico ben desde un punto de vista estético, centrou boa parte da intervención do profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, Antonio Rossell, quen ofreceu esta mañá un relatorio no Consello da Cultura Galega baixo o título "A interpretación actual da lírica medieval: o debate entre a estética e a arqueoloxía".

Ler máis

A INVESTIGACIÓN SOBRE A LÍRICA MEDIEVAL CENTRARÁ UN NOVO RELATORIO DA SECCIÓN DE MÚSICA DO CCG

A Sección de Música do Consello da Cultura Galega (CCG) desenvolverá mañá, mércores 19 de marzo, ás 19 horas un relatorio que ofrecerá a oportunidade de coñecer a metodoloxía e a recompilación de cancións folclóricas que acabaron constituíndo a Colección Alan Lomax. O acto, que se desenvolverá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, contará coa participación da musicóloga canadiana Judith Cohen e o antropólogo Luís Costa Vázquez-Mariño.

Ler máis

A MÚSICA FOLCLÓRICA GALEGA DOS 50 RECOLLIDA NA COLECCIÓN ALAN LOMAX CENTRA UN RELATORIO DO CCG

O Arquivo Sonoro de Galicia desenvolverá mañá, mércores 19 de marzo, ás 19 horas un relatorio que ofrecerá a oportunidade de coñecer a metodoloxía e a recompilación de cancións folclóricas que acabaron constituíndo a Colección Alan Lomax. O acto, que se desenvolverá no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, contará coa participación da musicóloga canadiana Judith Cohen e o antropólogo Luís Costa Vázquez-Mariño.

Ler máis

JOAN FONTCUBERTA E PEPE BAEZA COMPLETARÁN AS "XORNADAS FOTODIXITAIS" O VINDEIRO 17 DE MARZO

A Deputación de Pontevedra acollerá o vindeiro luns, 17 de marzo, unha sesión extraordinaria das "Xornadas Fotodixitais" que se desenvolveron en Pontevedra os pasados días 27 e 28 de febreiro. Daquela, e por problemas co transporte aéreo alleos á organización, o programa da xornada da tarde do 28 viuse alterado.

Ler máis

O ESTUDIO DOS CANCIONEIROS POPULARES SERÁ OBXECTO DUN RELATORIO ORGANIZADO POLO CCG

A musicóloga suíza Dorothé Schubart será a encargada de ofrecer un relatorio organizado polo Arquivo Sonoro de Galicia e que terá lugar mañá, ás 19 h na sede do Consello da Cultura Galega. Baixo o título "Recolleita de cantos populares e cancioneiros desde o principio do século XIX baixo aspectos sociais, políticos e científicos", esta investigadora da música popular centrará a súa intervención en facer un repaso pola evolución histórica que experimentou o estudio dos cancioneiros populares europeos.

Ler máis

A PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA REQUIRE DIÁLOGO E CONSENSO, SEGUNDO AS CONCLUSIÓNS DO INFORME PRESENTADO ESTA MAÑÁ POLO CONSELLO DA CULTURA

A promoción do galego a través de políticas democráticas derivadas dun profundo diálogo político, social e institucional e a necesidade de promover planos de normalización da lingua que sexan claros nos seus obxectivos, cunha planificación detallada e que conteñan políticas de avaliación da eficiencia das súas accións foron as dúas primeiras conclusións que se extraeron do proxecto "O proceso de normalización do idioma galego: 1980-2000", promovido pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e do que esta mañá se presentou o primeiro volume, "Política lingüística: análise e perspectivas".

Ler máis

O CCG PRESENTA MAÑÁ OS PRIMEIROS RESULTADOS DUN INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E NORMALIZACIÓN

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá, a partir das 12 h, a presentación do primeiro volume de "O proceso de normalización do idioma galego: 1980-2000", unha obra impulsada pola Sección de Lingua do CCG. Este acto, que contará coa presencia dos coordinadores do volume, Henrique Monteagudo e Xan Bouzada e o presidente do CCG, Alfonso Zulueta, supón facer público o primeiro froito dun traballo que ocupou á Sección de Lingua durante catro anos (1998-2002), tempo no que se elaborou un completo informe que se compón en total de catro volumes, o primeiro dos cales é o que se presenta mañá.

Ler máis

O SEMINARIO SOBRE O ‘PRESTIGE’ ABRIUSE HOXE CO OBXETIVO DE COÑECER “COA MAIOR EXACTITUDE” OS EFECTOS DO FUEL

Baixo a premisa de coñecer "coa maior exactitude posible" os danos que o fuel do ‘Prestige’ está a ocasionar na costa galega, esta mañá o Consello da Cultura Galega abriu a primeira sesión do Seminario Científico Internacional "Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige", que reúne en Santiago ata mañá a máis dunha ducia de expertos na materia.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA LEMBRA MAÑÁ A CARLOS CASARES NO PRMEIRO CABODANO DO SEU PASAMENTO

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá, ás 12.30h. un acto de homenaxe ao que foi un dos seus presidentes máis queridos, Carlos Casares, falecido o pasado 9 de marzo. A homenaxe constará dun acto institucional e outro de carácter literario- musical, que se completará coa presentación do libro - CD "Carlos Casares: a semente aquecida da palabra".

Ler máis

UN FORO DE CIENTÍFICOS ANALIZA A PARTIR DE MAÑÁ NO CCG AS CONSECUENCIAS DA CATÁSTROFE DO ‘PRESTIGE’

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá e pasado, 7 e 8 de marzo, o Seminario Científico Internacional "Efectos Económicos, Sociais e Ambientais da Marea Negra do ‘Prestige", un encontro de expertos que nace co obxectivo de ofrecer información obxectiva e coherente sobre as consecuencias do afundimento do petroleiro.

Ler máis

A EVOLUCIÓN DAS TÉCNICAS NO MUNDO DA FOTOGRAFÍA E O SALTO AO DIXITAL, EIXOS DA PRIMEIRA "XORNADA FOTODIXITAL"

O salón de plenos da Deputación de Pontevedra acolle desde esta mañá as "Xornadas Fotodixitais" que se desenvolven hoxe, en sesións de mañá e tarde, e mañá, venres, en sesión só de tarde.O presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Manuel Abeledo, foron os encargados de abrir estes encontros, organizados polo CCG en colaboración coa Deputación.

Ler máis

PONTEVEDRA ACOLLE UNHAS XORNADAS SOBRE A APLICACIÓN DAS TÉCNICAS DIXITAIS AO FOTOXORNALISMO

Os camiños abertos no fotoxornalismo polo emprego das tecnoloxías dixitais, cos veloces cambios que neste traballo trouxo consigo a aplicacións destas novas técnicas, e as cuestións éticas derivadas da súa aplicación, serán obxecto de análise e debate nas "Xornadas Fotodixitais" que o Consello da Cultura Galega, a través da Sección de Comunicación, organiza en Pontevedra o xoves e o venres, 27 e 28 de febreiro.

Ler máis

O CCG E O ILG PUBLICAN O PRIMEIRO ESTUDIO DO LÉXICO GALEGO NAS SÚAS DISTINTAS VARIEDADES DIALECTAIS

Co obxectivo de seguir traballando na "posta a punto das palabras" e coidando a riqueza lexicográfica do galego, presentouse esta mañá no Consello da Cultura Galega o libro "Dialectoloxía e Léxico". Trátase do primeiro volume dunha colección editada polo CCG e o Instituto da Lingua Galega no que se recollen os traballos presentados no Simposio de Dialectoloxía e Léxico que se desenvolveu na primavera do 2001.

Ler máis

ALTERNATIVA 2003 ABRE EN COMPOSTELA SEIS SEMANAS DE TEATRO, MÚSICA E DANZA INDEPENDENTE

Seis compañías de teatro, unha de danza, dúas de música, produccións propias, 55 artistas procedentes de Calaluña, Austria, Pais Vasco ou Andalucía e seis semanas de programación. Estas son as primeiras cifras do IV Festival de Alternativo de Teatro, Música e Danza de Compostela, que esta mañá tivo a súa presentación oficial na sede do Consello da Cultura Galega, unha das entidades que colaboran coa Sala Nasa e o Teatro Galán, os organizadores desta iniciativa.

Ler máis