Mártires de Carral
1846
A mutación dun lugar de memoria
Dos lugares de memoria que foron construídos na Galicia contemporánea, hai poucos que teñan experimentado sucesivas mutacións do seu significado político como o monumento erixido na vila de Carral en abril de 1904. Promovido polo grupo rexionalista da Coruña, a iniciativa contou con apoios de toda Galicia e, sobre todo, das colectividades de emigrados en América. Aquel monumento foi inaugurado pouco despois da crise de 1898 en España e, ademais, nuns tempos caracterizados en toda Europa pola «estatuomanía», unha práctica de secularización simbólica que aspiraba a preservar a memoria de grandes figuras cívicas e, ao tempo, honrar acontecementos de relevancia para a comunidade que a promovía. Estes monumentos cívicos foron substituíndo a estatuaria de significado relixioso que en Galicia fora tan común, desde as imaxes do santoral colocadas nos retablos ou pórticos das igrexas ata as cruces de pedra espalladas sobre o territorio.
Adrián Solovio, protagonista do Arredor de si de Otero Pedrayo, cando retorna desde Berlín para redimir a súa terra, repara no monumento existente daquela en Carral e no motivo polo que fora construído. Recoñece que houbera unha «revolución galega» en 1846, da que apenas había memoria máis que oral, pero non existían «litografías» dos heroes inmolados no adro da igrexa de Paleo (Carral) ou «mármores» en que fosen esculpidos os seus gloriosos nomes, como se comezou a facer nas paredes do Congreso dos Deputados con figuras análogas como as dos comuneiros de Castela. O que sucedera en Carral foi considerado relevante polos coetáneos, pero non estaba claro como debía ser recordado.
Cómpre reparar brevemente no que aconteceu naquel abril de 1846. Para os dirixentes políticos moderados, tratouse dun «pronunciamiento a mano armada en Galicia», inspirado polos progresistas, no que estaba implicado o coronel Miguel Solís, que dirixía un rexemento na cidade de Lugo e que, coa súa acción, pretendía lograr que se sumasen outros núcleos militares dentro e fóra de Galicia para forzar a raíña Isabel II a prescindir do xefe de goberno, o xeneral Ramón Narváez. Para a mocidade literaria e romántica que estaba espertando a través do provincialismo a unha nova idea de Galicia, o xesto de Miguel Solís foi a ocasión para alentar a formación de xuntas locais en vilas costeiras e constituír unha Xunta Superior de Goberno de Galicia, inspirada por Antolín Faraldo, que deste modo provincializou o movemento de Solís e lle deu un perfil de «levantamento» político e civil que, no manifesto publicado o día 15 daquel mes de abril, denunciaba a «oprobiosa» situación de Galicia debida a ser unha «verdadera colonia de la Corte».
A reacción do Goberno central foi inmediata, co envío a Galicia de varios altos oficiais militares (Villalonga e Concha) que lograron evitar que o pronunciamento se estendese e, despois, derrotar militarmente os soldados pronunciados, o que aconteceu na batalla de Cacheiras e, logo, nas rúas de Santiago de Compostela. Como consecuencia da derrota, Solís e once compañeiros de armas foron xulgados e fusilados de inmediato na vila de Carral, o día 26 de abril daquel ano. Aqueles feitos ou «sucesos» deixaron ecos moi profundos, como escribiría o propio Manuel Murguía a partir das súas lembranzas de mocidade, e deron ocasión para que un cronista coetáneo, Juan do Porto, deixase constancia deles no seu libro Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos en Galicia (1846).
Malia a forte represión exercida sobre os líderes do movemento, entre fusilados e exiliados a Portugal (caso de Antolín Faraldo ou de Antonio Romero Ortiz), a viraxe daquel pronunciamento cara a trazos progresistas e provincialistas permitiu que a memoria daqueles sucesos fose inserida, durante moitos anos, na historia do progresismo español e da súa loita contra as políticas moderadas. Durante o Bienio Progresista (1854-1856), deputados galegos promoveron un recoñecemento oficial dos fusilados como «beneméritos da Patria» e que as familias dos «sacrificados» en Carral lograsen unha indemnización, de acordo co clásico dictum de Cicerón de que «a vida dos mortos é a memoria dos vivos». Pero aquel suceso político non logrou ser recordado malia a erección dun monumento, do que pouco se falaba daquela.
Con todo, algo estaba a mudar na interpretación daqueles feitos, ao se ir substituíndo o nome de «sucesos» (léxico dos moderados coetáneos de Narváez) polo de «vítimas» de Carral, preferido polos progresistas e, despois, polos rexionalistas. A mutación dos feitos de Carral en auténtico lugar de memoria, cun monumento condigno ao feito conmemorado, non se fixo posible ata que a interpretación daquel acontecemento se galeguizou no contexto do movemento rexionalista finisecular e, despois de 1916, do moderno nacionalismo representado polas Irmandades da Fala.
O punto de partida foi, sen dúbida, a campaña a favor dun monumento levada a cabo por Bernardo Barreiro de Vázquez Varela na revista Galicia Diplomática desde os anos 80 do século XIX, na que aparece o primeiro proxecto de monumento, obra de Enrique Mayer, fillo dun dos pronunciados en 1846. Naquela campaña produciuse outra transición semántica, ao pasaren de «vítimas» a «mártires» da revolución de abril de 1846. Con todo, aínda se mantiña a dúbida sobre o lugar onde erixir o monumento, para o que se seguía propoñendo a cidade de Santiago de Compostela. Foi no contexto da crise de 1898 cando os rexionalistas coruñeses, organizados na Liga Gallega, organizaron unha subscrición popular para sufragar os custos do monumento e escolleron a vila de Carral para construílo.
A erección do monumento aos mártires de Carral pode entenderse, neste contexto, como unha iniciativa de auténtica transición na construción simbólica do pasado de Galicia. De ser pensado polos progresistas para reforzar o papel de Galicia no conxunto da historia de España (Solís, «mártir» das liberdades políticas españolas), comézase a pasar, de modo case imperceptible e paseniño, cara a unha heroización do pasado galego en clave claramente rexionalista, que logo revisará o nacionalismo político do tempo das Irmandades da Fala. Un rexionalista, Francisco Tettamancy, contribuíu coa súa obra La revolución gallega de 1846 a contar a xesta dos fusilados en Carral con novos enfoques. O propio alcalde de Carral, de filiación monárquica, cando convida a corporación republicana da Coruña á inauguración do monumento en 1904, reflicte claramente este cambio: «Esta solemnidad, dado el objeto que la motiva, afecta única y exclusivamente a Galicia: honrar a los que la historia designa por los “Mártires de Carral” es honrar a nuestra amada región». Era facer xustiza á intervención que, desde o 15 de abril de 1846, fixeran os provincialistas con Antolín Faraldo á cabeza.
O feito de que o monumento de Carral sexa expresión deste tránsito entre unha e outra forma de entender o pasado fica patente en varias fases do proceso. En primeiro termo, no perfil dos promotores do monumento, no que se xuntan rexionalistas con republicanos e, tamén, algunhas colectividades da emigración americana que, máis que a defensa da identidade galega, tiñan como obxectivo combater o desprezo de que era obxecto Galicia, alcumada de continuo como unha Irlanda española. En segundo termo, na ambigüidade con que se pronuncia a mensaxe fundamental do monumento: ¿trátase dunha homenaxe á liberdade —en abstracto— ou ás liberdades rexionais? Para os republicanos, a comparación cos heroes de Villalar e cos comuneiros de Castela era necesaria e, por tanto, 1846 fora un canto á liberdade política; para os rexionalistas, Carral supoñía rescatar a «revolución galega», isto é, un movemento político que colocaba a Galicia como o suxeito principal do relato. Pódese advertir esta viraxe coa análise de dous pasos básicos do proceso: en primeiro lugar, a subscrición pública para sufragar os gastos do monumento e, en segundo lugar, o acto de inauguración deste, en maio de 1904.
Os dirixentes da Liga Gallega promoveron un peculiar crowdfunding enviando cartas a diversas institucións e correspondentes en petición de axuda, que xustificaban na necesidade de pagar a débeda que Galicia tiña contraída «con los que en 1846 perdieron su vida por las libertades regionales», de modo que saldar aquela débeda —que España non fixera— era o modo de superar unha vergoña pública. A procura de fondos facíase entre particulares e institucións locais, á marxe do Estado. Esta apelación á subscrición popular é a aspiración máis común, non sempre lograda, de toda política conmemorativa nun tempo de política de masas; de feito, a maioría dos promotores de estatuas feitas desde os tempos da Restauración en España apelan de forma sistemática á recollida de contribucións de particulares. No caso do monumento de Carral, a resposta social non foi elevada, pero foi suficiente para non depender do apoio das elites políticas e das institucións de goberno.
Os resultados logrados a través da subscrición pública foron mellores do que dan a entender as queixas dos seus promotores porque a cantidade prevista para o monumento non era elevada (cinco mil pesetas). A suma de todas as achegas foi de 4921 pesetas, sen contar a subvención da Deputación Provincial coruñesa (cincocentas pesetas), prometida pero non librada. A participación social na subscrición pública define un espazo político no que son os profesionais liberais, xornalistas e escritores, así como as colectividades da emigración, o gran soporte sociolóxico do rexionalismo. Non obstante, tamén permite entrever ausencias notables e unha clara diverxencia entre as institucións e persoas interpeladas e a nómina das que realmente contribuíron. O sustento principal para o monumento procedeu de América, cuxas colectividades de emigrantes achegaron un corenta por cento do custo, do que máis da metade procedía da Habana: unha cantidade superior á que achegaron tanto particulares como concellos ou entidades culturais. O universo sociolóxico que mobilizaron os rexionalistas non foi tanto a mesocracia herculina de profesionais e mesmo militares canto os emigrados asentados en Cuba, na Arxentina e no Brasil.
O deseño do monumento de Carral foi encomendado pola Liga coruñesa ao arquitecto municipal de Lugo Juan Álvarez Mendoza, parente dun dos fusilados en Carral, que o fixo de forma gratuíta. O deseño artístico da obra é ben diferente dos que fixeran tanto Mayer como, en 1899, o artista compostelán Landeira, que apostaban por unha concepción máis laica do monumento. Neste caso, é unha obra composta por bloques de granito, cunha inspiración moi ritual propia dunha homenaxe martirial, en forma de cruceiro galego, e unha inscrición na que reza a lenda, escrita en lingua galega: «Aos mártires da libertade, mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña». Lenda e lingua que, no sentir de Tettamancy, foran obxecto de máis dunha queixa, cando non dalgún desprezo, pero que fixaron de vez a condición galega dos sucesos de 1846.
A inauguración tivo lugar un 22 de maio de 1904, nun acto que contou con familiares directos dos fusilados en 1846, numerosa presenza da prensa galega e algunha foránea como o madrileño El Imparcial, así como representacións oficiais de concellos da provincia coruñesa. Os asistentes ao acto delimitan un espazo político específico. Alén dos propiamente rexionalistas, acudiron os liberais demócratas de Santiago, de obediencia monterista, pero tamén unha nutrida representación de carácter republicano, tanto do concello herculino como de diversas organizacións locais (Oza, Ordes, Sada), así como do poderoso Casino Republicano coruñés. Trátase dun acto que, política e culturalmente, reflicte un sincretismo entre rexionalismo e republicanismo que está presente nos discursos pronunciados. Mentres o presidente da Liga equipara os mártires de Carral cos comuneiros casteláns, o representante do concello republicano da Coruña alude aos mártires da liberdade, en tanto que representan «el pueblo soberano». Ese sincretismo maniféstase nas bandeiras que tapaban o monumento antes de ser descuberto, a galega e a republicana, e nos himnos cantados: o de Riego e unhas muiñeiras galegas.
A galeguización dos antigos «sucesos» de Carral estaba lograda coa iniciativa rexionalista, que os elevou a unha categoría martirial, propia da estatuomanía da época. Con todo, faltaba aínda a conexión coa narrativa ideolóxica do novo nacionalismo das Irmandades da Fala, que por boca de Antón Villar Ponte aspiraba a trazar unha imaxinada «liña vermella» de unión entre A Frouseira e Carral, como grandes lugares de memoria. Se no castelo do Valadouro se xestara a traizón ao «mariscal» Pardo de Cela, en Carral comezara a xesta heroica dos mártires da liberdade, porque aquela liña unía «as revoluciós galegas dos séculos XV e XIX», atadas por unha «enxebreza de ideas e de principios» resumida nos conceptos de democracia, liberdade e, desde logo, autonomía.
Alén dunha nova resignificación do monumento, realizouse unha reapropiación deste, ata o punto de que data e lugar se converten en festas marcadas no santoral cívico do nacionalismo galego, tanto na terra como na Galicia americana. O esquecemento de que se queixaba Adrián Solovio comezaba a esvaerse, grazas ao entusiasmo dos militantes das Irmandades da Fala; daquela, Carral volveuse durante un tempo lugar para o excursionismo político e a data de abril de 1846 foi considerada o inicio da loita autonomista e un estandarte contra as aldraxes de que Galicia fora obxecto tantos anos. Durante os tempos da II República, o monumento dos mártires de Carral continuou sendo un auténtico lugar de memoria, galeguista e republicano.
Coa Guerra Civil e o réxime franquista, aquel significado caeu no esquecemento que ventara Solovio. Só na Galicia americana, tan adepta á construción dunha liturxia patriótica galega, se mantivo viva a lembranza de Carral, como testemuñan periódicas noticias publicadas no diario A Nosa Terra nas décadas dos 40 e 50, nas que se dá aínda un paso máis, ao colocar aquel «soerguemento do vello Reino de Galiza» de abril de 1846 no precedente da «firme vontade de estabelecer o Estado Galego». A xesta de Carral entraba na misión redentora que se impuxera a si mesmo Adrián Solovio, como o autor do romance xa proclamara no primeiro gran mitin autonomista celebrado en Vigo, o Día de Galicia de 1930, canda Castelao e Paz-Andrade.