O que pode a danza
"Buscamos recoller experiencias de persoas vinculadas á danza desde a xestión ou desde o ámbito creativo, que permitira ver como están a traballar co territorio, co traballo demográfico e en contextos rurais” . A danza en Galicia é un proceso creativo que se fusiona e hibrida co resto da cultura e sociedade. O que pode a danza conta oito historias sobre os corpos, o movemento, as ideas e o seu encontro a través desta disciplina artística.Un proxecto da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega comisariado por Natalia Balseiro e coa realización audiovisual de Miramemira.
Os episodios
1x01: A Casa Vella
"A través da danza chégase en colectivo a lugares aos que non chegarías se estiveras sentado pensado. Hai que bailar para saber o que pode a danza".
Amiadoso (Allariz)
1x02: Emigrantas
"Se a danza é o teu desexo, pode. Se a danza é a túa vida, podes. Se cres na danza, tamén podes".
Santiago de Compostela
1x03: SoloDos
"A danza pode facer que nos sintamos máis libres e que mesmo nos sintamos máis seguros. A danza pode construír afectos"
Ourense
1x04: TRC
"Na miña vida a danza pode todo, porque arrasa con todo. Podes crebar muros que con outras linguaxes non se pode facer"
Teatro Rosalía de Castro. A Coruña
1x05: Vacaburra
"Vacaburra xurdiu como unha forza en estado bruto e salvaxe. Gústanos poder coller de todas as nosas experiencias"
1x06: Colectivo RPM
"O colectivo RPM naceu como un colectivo de artistas coa vontade de traballar para o contexto, e para promover residencias en diferentes espazos escénicos e culturais"
1x07: Escena plural
"Non hai unha única forma de achegarse á danza, hai moitas, e moitas desbordan a relación clásica entre artista, espectador, escenario e butaca"
1x08: Sacra Experience
"Todo o proxecto Sacra experience existe como un proxecto vital que reúne o que levo facendo moito tempo e que á vez crea un proxecto de formación estable durante todo o ano"
Pincelo (Chantada)
CRÉDITOS
Idea orixinal
Natalia Balseiro
Produción
Miramemira
Redaccion
Alba López Álvarez, Maria Yáñez
Realización
Belen G. Ojea
Damián Varela
Montaxe
Belen G. Ojea
Óscar Silva
Grafismos
Raquel Enriquez Castro
Etalonaxe
Óscar Silva
Cámara e son
Damián Varela Pastrana
Fran Rodríguez Casal
Raquel Enriquez Castro
Belén G. Ojea