Especial - Na procura do son perdido. Serie audiovisual. Sábado, 14 de setembro de 2024

Na procura do son perdido

Especial

Na procura do son perdido

A zanfona, memoria da transición

Serie audiovisual. Sábado, 14 de setembro de 2024
Especial

Na procura do son perdido

A zanfona, memoria da transición



“Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición” é un documental producido polo Consello da Cultura Galega que conta Ramon Pinheiro na dirección. Conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro, a peza audiovisual reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980 e deron forma a un importante capítulo da cultura musical galega xerado no contexto da Transición política. Entre eles Antón Corral, Miro Casabella, Carlos Villanueva, Xosé L. Rivas Cruz “Mini” (Fuxan os ventos), Pablo Quintana, Luciano Pérez (Obradoiro da Deputación de Lugo) ou Emilio Cao. Tamén os membros do pioneiro grupo didáctico de Zanfonas da Escola de Gaitas de Ortigueira: María del Mar Fernández Polo, Marta Pérez Ojea e Vicente Bermúdez Garrote.

Ademais de reunir esa extensa suma de declaracións o documental inclúe imaxes da época cedidas polos propios protagonistas, arquivos particulares e públicos, algunhas inéditas que verán a luz por vez primeira.

PRESENTACIÓNS

Sábado 14 de setembro de 2024

LUGO. Ás 18:30 horas na Sala CENTRAD (rúa Chantada s/n) no 4º Encontro Celme de Zanfona

Coa participación de:

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”, músico e protagonista
Luciano Pérez, director da Centrad e protagonista
Mauro Sanín, produtor aCentral Folque

TUI. Ás 18 horas no Teatro Municipal de Tui (rúa Colón) no Encontro profesional de música Galiza_Portugal MUMI I Musicas no Minho

Coa participación de:

Cristina Domínguez, Consello da Cultura Galega
Antón Corral, luthier e protagonista
Ramon Pinheiro, director

Xoves 3 de outubro de 2024

A CORUÑA. Ás 19 horas no Museo de Belas Artes da Coruña.

Coa participación de:

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
Miro Casabella, músico e protagonista
Pablo Quintana, músico e investigador
Ramon Pinheiro, director

MÁIS SOBRE O DOCUMENTAL

“Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición” é un documental producido polo Consello da Cultura Galega e conducido pola xornalista e escritora María Xosé Porteiro baixo a dirección de Ramón Pinheiro Almuinha. Reúne as testemuñas de músicos e artesán que protagonizaron de forma directa o rexurdir da zanfona nas décadas de 1970 e 1980 e deron forma a un importante capítulo da cultura musical galega xerado no contexto da Transición política. Voces ceibes, o Movemento da Canción Popular Galega, o celtismo, o espertar da Música Antiga, a investigación e rehabilitación do instrumental tradicional e histórico, as recollas dos cantos de transmisión oral…, os principais movementos renovadores da música galega durante a Transición están atravesados por un interese pola música tradicional e en particular por un instrumento de gran valor simbólico que vive durante o período unha particular atención polos novos intérpretes: a zanfona.

Ficha técnica

Dirección: Ramon Pinheiro Almuinha

Produción: Consello da Cultura Galega

Ano: 2024

Duración: 72 min.

Realización aCentral Folque – Aqueladas S. Cooperativa

Música orixinal: Oscar F. Sanjurjo

Tráiler do documental

 
Especial
Na procura do son perdido
A zanfona, memoria da transición
Data de publicación
Serie audiovisual. Sábado, 14 de setembro de 2024