Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega Unha viaxe que non cesa
As controvertidas esculturas do Pórtico da Gloria reclamadas á familia Franco levan máis dun século a ser reivindicadas pola cultura do país. Explora, a través desta documentación histórica, a dilatada biografía destas obras maxistrais ata o seu traslado ao Pazo de Meirás, residencia estival do ditador. Ampliar
A orixe das esculturas
A extensa campaña construtiva levada a cabo na Catedral de Santiago baixo o mandato do arcebispo Alfonso III Fonseca incluíu a construción do claustro renacentista e a reforma da fachada occidental que implicou o peche do nártice do Pórtico da Gloria, obra comezada en 1521 polo mestre Martín e acometida en varias fases.
A instalación das portas nas tres entradas exteriores precisou da retirada das tres parellas de esculturas que ocupaban as xambas planas en cada unha delas. Na norte estaban as efixies dos reis de Israel, David e Salomón, que se resituaron no peitoril da terraza, á que se accedía pola monumental escalinata, que tamén foi reformada nesas datas. A entrada central estaba flanqueada polas figuras de Enoc e Elías, que, como testemuñas da Apocalipse, servían de heraldos para os eventos do final dos tempos que se desencadeaban no interior. E na sur estaban Ezequiel e Xeremías, os profetas do exilio, que chamaban ao arrepentimento e á rexeneración como anticipos veterotestamentarios das condenas do xuízo final representadas nesa sección do nártice.
Disposición orixinal das catro esculturas. Enoc e Elías ocupan as xambas planas da entrada central e Ezequiel e Xeremías as xambas planas da entrada sur.
Ao final da mesma centuria, con motivo do redeseño da escalinata, retirouse a figura sedente de Santiago como miles Christi (cabaleiro de Cristo) que seguramente estaba orixinalmente disposta no piar central que presidía a entrada á cripta situada no nivel inferior do Pórtico.
O Santiago miles Christi localizábase no piar central do exterior da cripta.
Estas cinco últimas esculturas trasladaríanse aos xardíns do que hoxe se coñece como o pazo de Fonseca, o magnífico edificio construído por iniciativa do mesmo arcebispo para albergar o Colexio de Santiago Alfeo, que será a orixe da Universidade de Santiago. Alí permanecerían ata finais do século XVIII, cando foron levadas ao pazo de Ximonde en Vedra por un dos primeiros posuidores desde título nobiliario, concedido polo rei Carlos III a Juan Antonio Cisneros de Castro.
Posiblemente sería o seu fillo, Pedro de Cisneros, rexedor perpetuo e alcalde de Santiago como o seu pai, o que se interesaría por adquirir as esculturas do Mestre Mateo xa que foi un dos máis importantes mecenas das artes do Santiago da Ilustración, e impulsou a creación de institucións como a Sociedade Económica de Amigos do País e a Escola de Debuxo.
Francisco Prado-Vilar imparte a conferencia "O Pórtico da Gloria: restauración e revelación da súa fachada recuperada" no Ateneo de Santiago (17 de decembro de 2018).
Sánchez Cantón tivo un papel central na xestión do patrimonio español dende 1922, cando foi nomeado subdirector do Museo do Prado, ata a súa morte, e conseguiu navegar con éxito as realidades de diversos réximes políticos. Por iso o seu nome aparecerá frecuentemente na documentación que aquí se presenta. Aínda que se asentou en Madrid, mantivo unha relación constante cos seus colegas galegos, especialmente con Filgueira Valverde, ao que o unía un compromiso con Galicia, coa súa cidade natal (Pontevedra) e co museo que nela axudou a fundar. Significativo é o comentario que lle escribe a Filgueira nunha carta do 22 de decembro de 1955 durante as negociacións coa condesa de Ximonde para a adquisición das esculturas de Enoc e Elías por parte do Estado para o Museo de Pontevedra: “Ya sabes mi idea, que el Museo ya no debe adquirir más que cosas importantes. Pasou o tempo das cousiñas”.
Tivo especial relevancia, xunto con Sánchez Cantón, na adquisición das esculturas de Enoc e Elías á Condesa de Ximonde en 1955 para o Museo de Pontevedra.
Tivo especial relevancia, xunto con Sánchez Cantón, na adquisición das esculturas de Enoc e Elías á Condesa de Ximonde en 1955 para o Museo de Pontevedra.Na carta do 30 de xaneiro de 1955 inclúe unha frase elocuente do seu compromiso coa institución que dirixía e o seu coñecemento directo dos acontecementos relacionados coa enaxenación das esculturas de Ezequiel e Xeremías por parte do Concello de Santiago e as súas implicacións: “Te supongo enterado del destino que piensa dar el Ayuntamiento de Santiago a las dos figuras del Pórtico que había adquirido. Creo que estamos justificados al comprar todo lo compostelano que salga y que nos pete. Nunca podrán quejarse ya. De manera que… nos favorecen.”
Galeguista, arqueólogo, gran coñecedor da Catedral de Santiago, foi un personaxe esencial en todo o relacionado co patrimonio, ben sexa pola súa intervención directa en diversas actuacións en monumentos, museos e xacementos, ben por servir de enlace de numerosas personalidades académicas e institucionais que visitaban Galicia. Entre eles destacan os medievalistas norteamericanos Arthur Kingsley Porter e Kenneth Conant, quen se serviu da fundamental axuda de Carro para a elaboración da súa monografía sobre a Catedral de Santiago The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (Cambridge, MA., Harvard University Press, 1926), ou historiadores da arte españois, como Manuel Gómez-Moreno, cos que mantivo frecuente correspondencia.
Condesa de Ximonde. Levará a cabo as negociacións para a venda das esculturas de Enoc e Elías ao Estado, mediante unha constante relación epistolar con Manuel Chamoso Lamas.
-2005
Xurista, historiador, arqueólogo, poeta, unha das almas máis sensibles e comprometidas do galeguismo no século XX.
Xurista, historiador, arqueólogo, poeta, unha das almas máis sensibles e comprometidas do galeguismo no século XX. Grazas á súa amizade co conde de Ximonde, Santiago Puga Sarmiento, e co director do Museo Arqueolóxico Nacional, Blas Taracena y Aguirre, serviu de mediador para o primeiro intento de venda das cinco esculturas do Mestre Mateo ao Estado para evitar que “se perdiesen para España”.
Como comisario da Primera Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, foi o máximo responsable do patrimonio en Galicia. Manuel Chamoso Lamas, naceu na Habana o 16 de maio de 1909 e faleceu na Coruña o 24 de abril de 1985. Foi un arqueólogo e escritor galego.
O seu nome aparecerá frecuentemente na documentación: desde a súa intervención tratando de localizar as esculturas do Mestre Mateo retiradas polo conde de Ximonde do Museo da Catedral en xullo de 1948 ata a súa correspondencia coa condesa de Ximonde en 1954 aconsellándoa sobre a venda das esculturas ao Estado para evitar que saísen de Galicia. Foi o comisario adxunto da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961 e recibiu presións directas por parte dos administradores de Franco para incluír no catálogo as esculturas dos profetas do Mestre Mateo que foran trasladadas dende o Concello de Santiago ao Pazo de Meirás como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado”.
Lider falanxista e alcalde de Santiago durante o crucial período de preparación para o Ano Santo de 1948, cando o Concello dispuxo dun cuantioso orzamento para melloras na infraestrutura urbana e embelecemento da cidade. Neste contexto enmárcase a compra, gracias á súa relación familiar co conde de Ximonde, das esculturas de Xeremías e Ezequiel para o patrimonio municipal, que culminou coa sinatura da escritura de compravenda entre el, como alcalde de Santiago, e o conde de Ximonde, Santiago Puga Sarmiento, o 4 de xuño de 1948.
Conde de Ximonde. Decidiu vender as cinco esculturas do mestre Mateo que lle pertencían por herdanza familiar. Tentou vender as esculturas ao Museo Arqueolóxico Nacional en 1946, pero finalmente pechou a transacción de Xeremías e Ezequiel co Concello de Santiago en 1948.
-
Un dos personaxes máis importantes na xestión do patrimonio en Cataluña
Un dos personaxes máis importantes na xestión do patrimonio en Cataluña e director dos museos de Barcelona. Foi o comisario xeral da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961, con sedes en Barcelona e Santiago de Compostela. Nesta última, Manuel Chamoso Lamas foi comisario adxunto. A correspondencia de Chamoso Lamas con Ainaud de Lasarte para que incluíse as esculturas do Mestre Mateo que estaban en Meirás no catálogo da exposición como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado” revela a intervención directa dos administradores de Franco. Ao final da Guerra Civil estivo recluído no campo de concentración franquista da Magdalena (Betanzos, A Coruña), xunto con outros prisioneiros cataláns procedentes das frontes do Ebro. De alí conseguiu saír grazas ao aval do célebre Eugenio d’Ors, amigo da familia e afín ao novo réxime.
Francisco Prado-Vilar é Investigador Distinguido da Universidade de Santiago, no Grupo de Investigación Síncrisis e director científico do Programa A.W. Mellon para o Pórtico da Gloria, cuxa primeira publicación O Pórtico da Gloria: Arquitectura, materia e visión inclúe a reconstrución completa da fachada mateana da Catedral de Santiago coa restitución de todas as esculturas coñecidas aos seus lugares orixinais Foi membro e coordinador do comité científico da restauración do Pórtico da Gloria desde os seus inicios en 2008. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario de Licenciatura, tras o cal obtivo os títulos de Máster e Doutoramento pola Universidade de Harvard. Posteriormente exerceu postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, Londres, Complutense e máis recentemente Stanford, onde foi Burke Visiting Professor, e Harvard como Director de Proxectos do Real Colexio Complutense. Foi membro fundador do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da UE, do que agora é asesor (Heritage Label amb.). Entre as bolsas e premios internacionais que obtivo, cómpre destacar: bolsa Charles Elliot Norton, bolsa A.W. Mellon, bolsa Cotsen/Society of Fellows Princeton, dúas bolsas Aga Khan e Premio de Harvard á Excelencia no Ensino.
Esta web utiliza cookies. Podes ver a nosa política de cookies aquí.
Ao continuares navegando, aceptas esta política.