Arquivo de noticias do CCG

Limpar
Resultados da busca para: 'Luís Villares'
Amosando noticias 1 a 3 de 3

Un país coa súa lingua. Foro participativo propón facilitar os trámites en galego coa xustiza e coa administración

Traducir ao galego os programas de tramitación utilizados no ámbito xudicial así como os modelos de documentos máis frecuentes da administración. Son algunhas das medidas concretas que se propuxeron este xoves no marco da mesa “Administración, a xustiza e os servizos públicos” coordinada por Alba Nogueira, que apuntou posibilitarán “avanzar para que a administración e a xustiza lle falen á sociedade na súa lingua” . Esta sesión forma parte do proxecto Un país coa súa lingua. Foro Participativo que puxo en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) para ofrecer medidas propositivas sobre a situación do galego. “Insistimos na importancia de traballar con todas as portas abertas e implementar medidas coas ferramentas actuais para reverter a situación que xa está diagnosticada” insistiu Dolores Vilavedra, coordinadora este foro e vicepresidenta do CCG. As sesións continúan o 23 de abril coa mesa “Sanidade, ciencia e servizos sociais”, moderada por Iolanda Casal.

Ler máis

O galego na administración, na xustiza e nos servizos públicos a análise no foro Un país coa súa lingua

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este xoves (16:30 horas) a xornada Administración, xustiza e servizos públicos a segunda cita de Un país coa súa lingua. Foro participativo. Nela porase sobre a mesa como como implementar o uso do galego neses ámbitos así como a mellora da lexislación lingüística. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a responsable do proceso participativo, Dolores Vilavedra; xunto coa coordinadora desta mesa, Alba Nogueira, inauguran esta xornada presencial que se pode seguir en directo a través do sitio web da institución e da canle de YouTube. O foro conta con diferentes formas de participación abertas para que a cidadanía poida achegar as súas propostas.

Ler máis

Debate-homenaxe en Lugo a Ramón Villares ao cumprírense 30 anos do seu libro “La propiedad de la tierra en Galicia. 1500-1936”.

A “Casa do Saber”, en Lugo acollerá os días 16 e 17 de novembro un debate sobre o tema “A propiedade da terra: desde a historia para o futuro”, organizado polo Grupo de Historia Agraria (Historga) da Universidade de Santiago de Compostela e a Rede de Agroecoloxía “Revolta”. A iniciativa foi ideada asemade como homenaxe ao profesor Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e actual presidente do Consello da Cultura Galega, ao cumprírense trinta anos da publicación do seu libro “La propiedad de la tierra en Galicia. 1500-1936”.

Ler máis