Profesionais e académicos expertos en agricultura e Historia analizarán a organización e a evolución da propiedade da terra, o seu uso e o seu futuro. Os profesores de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares Paz, Lourenzo Fernández Prieto e Xesús Balboa López, xunto a David Soto Fernández da Universidad “Pablo de Olavide” de Sevilla, Ramón Garrabou Segura, da Universitat Autònoma de Barcelona e Jesús Millán García-Varela, da Universitat de València, o maxistrado Luis Villares Naveira ou os enxeñeiros Xoan Carlos Carreira Pérez e Francisco Ónega López, son algúns dos protagonistas deste coloquio.
Os profesores Loourenzo Fernández Prieto, Xoan Carmona Badía, Xavier Simón Fernández e David Miranda Barrós coordinarán as mesas redondas que se celebrarán os días referidos a partir das 10 horas.
Os participantes desplazaranse a Chantada na tarde do día 16 para unha sesión sobre o terreo conducida por Ramón Villares e Luís Guitián Rivera.

