congreso

Nacionalismo galego e diáspora (1916-1936)

Terceiro Congreso Internacional As Irmandades da Fala

4 e 5 de outubro de 2018
Compartir:
Información [Ver todos os da serie]

De maneira case simultánea á fundación das Irmandades da Fala na Galicia europea, xurdiron nas principais colectividades galegas de alén mar, nomeadamente na Habana, Bos Aires e Montevideo, mais tamén de xeito puntual en lugares como Antofagasta ou Chaco, grupos de emigrantes que se identificaron cos novos postulados políticos defendidos polas Irmandades. Vencellábanse en parte aos grupos rexionalistas e de apoio á cultura galega que xurdiran con anterioridade, así como ás sociedades mutualistas ou de instrución. Algúns emigrantes arribados a América despois de 1917 serviron tamén de propagandistas e convertéronse en líderes do galeguismo, como o escritor Eduardo Blanco-Amor ou Ramiro Illa Couto; outros líderes galeguistas xurdiron dos ambientes societarios galegos de carimbo agrarista, republicano ou socialista.

Entre 1916/18 e 1936, o galeguismo, nos principais núcleos da emigración americana seguiu unha dinámica autónoma: a un rápido crecemento e devalo en Cuba, contrapúxose a progresiva influencia dos galeguistas de Bos Aires no tecido societario da colectividade inmigrante. Igualmente, a evolución do nacionalismo galego na diáspora estivo condicionada por estímulos ideolóxicos diferentes dos que operaban na Galicia metropolitana, e entrou en interacción cos propios imaxinarios nacionais das sociedades de recepción. Neste senso, o galeguismo na diáspora constituíu unha variante específica dos diversos casos de nacionalismos europeos, dende o alemán, o irlandés ou o italiano no século XIX até o ucraíno, o vasco ou o lituano no século XX, que se reinventaron e se transfor-maron na diáspora e influíron no desenvolvemento das identidades nacionais dos seus países de orixe. 

Imaxes da portada: cabeceira da sección "Idearium Galeguista" da revista Céltiga e augaforte "Emigrantes" de Julio Prieto Nespereira, reproducida na portada de Céltiga, nº 87, 10 de agosto de 1928.

Ficha técnica
Nacionalismo galego e diáspora (1916-1936)
Nacionalismo galego e diáspora (1916-1936)
Congreso. 4 e 5 de outubro de 2018
Coordinación
Xosé M. Núñez Seixas
Ramón Villares
Organiza
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Relator/a
Pilar Cagiao
Fernando J. Devoto
Alfonso Iglesias Amorín
Emilio Xosé Ínsua
Sergio Miceli
Henrique Monteagudo
Xosé M. Núñez Seixas
Carlos Pazos Justo
Matteo Sanfilippo
Raúl Soutelo
Ramón Villares