Nº6: Ano 2015
Xaquín Loredo GutiérrezAproximación á situación sociolingüística en Galicia. A evolución da transmisión lingüística interxeracional do galego.Neste artigo, Xaquín Loredo ten como obxectivo, por unha parte, analizar a evolución da situación da lingua galega nas principais variables demolingüísticas (i.e. competencias lingüísticas, uso lingüístico habitual do galego, lingua inicial, lingua habitual) e, por outra parte, analizar o nivel de ruptura da transmisión interxeracional familiar do galego.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº6: Ano 2015
Miguel Moreira BarbeitoNon normalizar unha lingua para a salvar?Ante a situación dunha lingua en proceso de consolidación do seu estándar, Miguel Moreira lémbranos catro posibles actuacións reais, -non normalizar unha lingua para non a salvar, normalizar unha lingua para a salvar, normalizar unha lingua para non a salvar, non normalizar unha lingua para a salvar- para, a continuación, deterse na última e explicarnos como esta posibilidade, viable en linguas minorizadas como por exemplo o abadi (Papúa-Nova Guinea), resulta inviable no caso de linguas minorizadas occidentais cuxo contexto é totalmente diferente.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº6: Ano 2015
Xabier P. DoCampoNon hai inocentesOs datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no 2014 son o punto de partida para unha reflexión do autor sobre o futuro do galego, unha reflexión que, nas súas palabras, sirva para “ir axudando a construír o camiño que nos leve a unha situación de normalidade lingüística sempre desexada e sempre perseguida”.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº5: Ano 2014
Mercedes Queixas ZasA planificación lingüística no ensino. O equilibrio lingüístico necesarioA autora reflexiona arredor do papel que debe asumir a escola no proceso de conformación da competencia lingüística dos individuos e tras analizar parámetros como o marco legal en materia lingüístico-educativa, os avances en sociolingüística e didáctica das linguas en contextos bilingües, a avaliación de resultados na adquisición da competencia lingüística en sistemas educativos bilingües e plurilingües e a avaliación dos propios resultados recentes do sistema educativo galego, sinala as liñas xerais que se deben ter en conta para elaborar un proxecto lingüístico de centro.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº4: outubro-decembro 2013
Bernardo Penabade ReiEstratexias de implicación en normalización lingüística. Pedagoxía ao servizo da cohesión socialBernardo Penabade preséntanos unha adaptación do relatorio que defendeu en xullo de 2013 no Forum Carballo durante a celebración do IXº Curso de Verán de Dinamización Lingüística titulado “Participación, Implicación e Traballo Colaborativo”, na que comparte con nós experiencias e metodoloxías de dinamización lingüística desenvolvidas en diferentes centros de ensino secundario, que tiveron como resultado a creación do proxecto Lingua viva.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº4: outubro-decembro 2013
Xosé Luís Janeiro Espiñeira, Andrés Alonso ÁlvarezO decreto 79/2010: Penélope e a lexislación lingüísticaEste artigo constitúe a continuación doutro publicado no número anterior da revista. Os autores fan unha comparación entre o Decreto 124/2007 (D2007) e o actual Decreto 79/2010 (D2010) e rematan cun bocexo analítico das previsións lingüísticas da futura lei de educación, a LOMCE, cuxo parto está aínda por producirse.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº4: outubro-decembro 2013
Txerra RodríguezTximintx: dez anos traballando en community fosteringTxerra Rodríguez descríbenos neste artigo as características de Tximintx, un proxecto de revitalización lingüística que botou a andar hai dez anos e que o autor sitúa dentro do marco do que Fishman chamou community fostering ou fomento da comunidade. Trátase dunha experiencia onde a normalización do idioma desenvólvese a nivel municipal desde unha asociación integrada por xente de diferentes sensibilidades políticas que, independentemente dos ditames lexislativos, traballan xuntas co obxectivo común de normalizar o éuscaro.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº3: abril-xuño 2013
Hèctor Alòs i FontO chuvaso en Chuvasia: exemplo de regresión das linguas medianas en RusiaNeste artigo descríbese a situación actual do chuvaso, especialmente nas cidades de Chuvasia. Despois dunha presentación de Chuvasia e da súa historia recente, repásase a súa política lingüística, particularmente no marco educativo. Analízanse as distintas causas que contribúen á adopción e perpetuación de opcións claramente inefectivas. Finalmente, resúmense os resultados dun traballo en curso que reflicte os resultados da política lingüística e educativa en Chuvasia.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº3: abril-xuño 2013
Teresa MoureEcolingüística: uma prática de intervençãoNeste artigo a autora fálanos de como naceu a ecolingüística, reflexionando sobre ideas como que ninguén protexe o que non coñece ou a conexión das linguas co seu contorno; explícanos a diferenza entre ecolingüismo e ambientalismo, en que debería consistir o activismo lingüístico e, por último, insiste na idea de que o futuro das cosmovisións que hai detrás de cada lingua -patrimonios culturais e intelectuais da humanidade-, pasa por ter unha actitude responsable que precisamente trate de evitar a perda de linguas no mundo.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº3: abril-xuño 2013
Xosé-Henrique CostasO galego do Val do Ellas e a Carta Europea das Linguas Rexionais e MinoritariasNeste artigo preséntase unha descrición da situación actual na que se atopa o galego do Val do Ellas, en Estremadura; analízanse os datos contraditorios sobre o “valego” que ofrece o recente 3º Informe sobre o cumprimento en España da Carta Europea das Linguas; e compáranse os datos obtidos sobre usos lingüísticos do alumnado en 2011 cos de hai 15 anos, incidindo no abandono total que sofren as falas do Ellas por parte das autoridades estremeñas.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº3: abril-xuño 2013
Xosé Luís Janeiro Espiñeira, Andrés Alonso ÁlvarezA lingua galega no ensino: reflexións sobre o decreto 124/2007Tempus fugit. Este artigo é froito dun Curso de especialización en planificación lingüística nos centros de ensino, celebrado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en Santiago de Compostela nos derradeiros meses do ano 2007, no que os autores participaron como relatores. Estaba destinado a formar parte das actas desta actividade pero, lamentablemente, estas non chegaron a saír do prelo. Coidamos de interese analizar o decreto que foi o cumio da lexislación pro galego, así que aquí o trasladamos, coas necesarias actualizacións despois do tempo decorrido. Enténdase, xa que logo, como unha ollada ao pasado como reflexión do presente. Un ulterior artigo analizará o actual decreto de 2010, o que explica certas ausencias na análise que vén a seguir.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº2: xaneiro-marzo 2013
Regueira, Xosé LuísEstándar oral e modelos de linguaNeste traballo trátase a idea do estándar oral galego e do papel que o ensino pode ou debe ter na difusión e no asentamento de modelos de lingua oral.
Primeiro faise unha diferenciación entre estándar oral e “normativa”, logo fálase dos condicionantes particulares do estándar oral do galego, repásanse algunhas características dos modelos de lingua oral que se difunden na sociedade actual, e finalmente trátase a importancia do ensino na difusión e consolidación de modelos de lingua estándar.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº2: xaneiro-marzo 2013
Félix Etxeberria, Juan EtxeberriaCompetencia lingüística e lingua da escola con alumnado nativo e inmigranteOs autores, tras sinalarnos as dificultades teóricas para definir o concepto de “alumno emigrante” e para facer unha correcta avaliación da competencia en lingua oral, presentan un estudo feito no País Vasco entre alumnado nativo e inmigrante de 2º e 6ª curso de Primaria. A análise dos resultados reflicte un nivel máis baixo na adquisición da competencia lingüística oral do alumnado inmigrante respecto ao autóctono, diferenza que ten as súas consecuencias no rendemento académico e que, polo tanto, leva aos autores a reflexionar sobre o necesario cambio das prácticas educativas co obxectivo de garantir o éxito escolar de todo o alumnado.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº2: xaneiro-marzo 2013
Daniel Romero RodríguezO contorno educativo como elemento de dinamización lingüísticaDaniel Romero describe neste artigo o plan de contorna desenvolvido nos anos 80 e 90 por un concello pioneiro no eido da normalización e dinamización lingüística: Fene, co obxectivo de estender o uso social da lingua.
Nese momento, cunhas condicións sociais favorables, créase un Servizo Municipal de Normalización Lingüística e Iniciativas Culturais no que converxen centros de ensino, movementos de renovación pedagóxica, movemento asociativo, monitores e monitoras de escolas deportivas e culturais, xornalistas e persoas de recoñecido prestixio no ámbito da normalización que desenvolven un plan de intervención sobre o conxunto da comunidade.
Sen un pouso doutrinal previo, vanse ensaiando distintas fórmulas de coordinación entre os axentes implicados que permiten poñer en marcha accións normalizadoras eficaces.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº2: xaneiro-marzo 2013
Ignasi García PlataA planificación lingüística nos centros de ensino. A experiencia de CataluñaO artigo explica como deu resposta o sistema educativo catalán a dous feitos importantes: a aprobación da Lei de normalización lingüística de 1983 e a incorporación masiva de alumnado estranxeiro desde os noventa, facendo unha análise de aspectos relevantes como os fundamentos que serviron para determinar a lingua do ensino, os criterios de introdución das diferentes linguas, as medidas de incorporación de alumnado estranxeiro e a implicación do contorno escolar no proceso educativo do alumnado con máis risco de exclusión social mediante os plans educativos de contorno.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº1: outubro-decembro 2012
Ignasi VilaAlgunhas reflexións sobre a educación bilingüeReflexión sobre o concepto de educación bilingüe e a súa práctica educativa. Dada a gran variedade lingüística do alumnado que se pode atopar hoxe nas aulas, os modelos de educación bilingüe dos últimos 50 anos necesitan ser reformulados. A modificación da organización escolar, o reforzo do uso da lingua oral, a aprendizaxe cooperativa ou novas metodoloxías que promovan a actividade conxunta entre profesorado e alumnado son algúns dos novos criterios a ter en conta, segundo o autor.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº1: outubro-decembro 2012
Ana Iglesias ÁlvarezActitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usosTras unha aproximación teórica aos conceptos de actitudes e prexuízos lingüísticos, a autora analiza a súa presenza na nosa comunidade a partir dos datos achegados polo Volume III do Mapa Sociolingüístico de Galicia, publicado en 1996. O estudo dos prexuízos cara á lingua galega e os seus falantes, así como cara ao proceso de normalización e a reflexión sobre o peso destes na elección lingüística, reflicten que as actitudes respecto ao galego non son tan boas como se esperaban. Seguir traballando coas actitudes, pero tamén traballar a competencia lingüística e a presenza do galego en ámbitos asociados á modernidade e ao progreso son as propostas da autora para poder mellorar.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº1: outubro-decembro 2012
Xaime Subiela Pérez/Jorge Fente BalsaReflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensinoPara os autores, a normalización lingüística no ámbito do ensino debe ir dirixida cara á comunidade escolar no seu conxunto e cara ao funcionamento interno dos centros e a planificación lingüística que se faga neste ámbito debe empregar metodoloxías semellantes ás de calquera outro proceso de planificación. Ao longo do artigo, descríbense os pasos a seguir na elaboración deste plan que, segundo os autores, permitirá unha reflexión sobre a situación da lingua, racionalizar recursos e esforzos, maximizar resultados e implicar a todos os actores participantes.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº1: outubro-decembro 2012
Manuel González GonzálezEvolución da situación lingüística en Galicia nos últimos quince anosO artigo describe a situación do galego nos últimos 15 anos a partir dos datos achegados polo Mapa Sociolingüístico de Galicia (1992-1996), contrastados cos datos da Actualización do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 2004, cos do Censo de poboación de 2001 e cos da Enquisa de condicións de vida do Instituto Galego de Estatística do 2003. Revísanse cuestións como a situación da lingua inicial e a evolución da lingua habitual, segundo hábitat, nivel educativo, idade, ocupación; a evolución no dominio das destrezas lingüísticas; a situación do corpus do galego e fanse algunhas reflexións arredor do chamado “galego urbano”.
Ir ao artigo
Versión en PDF
Nº1: outubro-decembro 2012
Félix Etxeberria BalerdiO final dos modelos lingüísticos na escola do País VascoNeste artigo, o autor explícanos a evolución da ensinanza do éuscaro dentro do sistema educativo do País Vasco e como se chegou ao sistema de modelos lingüísticos actuais. Unha análise dos diferentes cambios demográficos, históricos, dos datos estatísticos dos resultados da ensinanza actual na lingua minoritaria, e das contribucións das investigacións no campo da educación bilingüe do País Vasco, leva ao autor a considerar que o actual sistema de modelos está esgotado e a reflexionar sobre o futuro do ensino do éuscaro e en éuscaro.
Ir ao artigo
Versión en PDF