A celebración o día 9 de xuño do Día Internacional dos Arquivos – día escollido coincidindo coa fundación do Consello Internacional de Arquivos da Unesco, o 9 de xuño de 1948- sérvenos de excusa para botar a vista atrás e recuperar os diferentes proxectos, documentos e reflexións que fomos xuntando ao longo dos anos, ademais da propia existencia no seo do Consello da Cultura Galega do Arquivo da Emigración Galega, o Arquivo Sonoro de Galicia, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos e Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Tanto nos diversos informes como nos eventos realizados salientouse o papel dos arquivos como garantes da seguridade e a transparencia das actuacións da Administración, como promotores da preservación da memoria histórica e como protectores do dereito da cidadanía a acceder á información e ao coñecemento, tal como puxo de relevo a Declaración Universal sobre os Arquivos, aprobada pola Unesco na súa 36.ª Conferencia Xeral en París, o 10 de novembro de 2011.
2. INFORMES
Informes, documentos de traballo ou publicacións realizados polo Consello da Cultura Galega abordan distintas cuestións arquivísticas e patrimoniais de natureza tan diversa como o estado actual dos arquivos públicos de Galicia; os fondos patrimoniais e documentais do Centro Galego de Bos Aires; os arquivos e a protección do patrimonio documental; a recuperación da documentación e memoria do movemento feminista organizado en Galicia; as reflexións de Frei Martín Sarmiento que supoñen a primeira proposta de establecemento de ‘librarías’ públicas e de establecer unha nova política do libro en España ou as pegadas do son da memoria nos arquivos sonoros.
Sarmiento, Martín, Reflexiones literarias para una biblioteca real
Publicación
INFORME SOBRE OS ARQUIVOS PÚBLICOS EN GALICIA.
Unha perspectiva de xénero e feminista
Publicación
INFORME SOBRE OS FONDOS PATRIMONIAIS E CULTURAIS DO CENTRO GALLEGO DE BOS AIRES
Publicación
DOCUMENTO DE TRABALLO: ARQUIVOS E BIBLIOTECAS
Publicación
DOCUMENTO DE TRABALLO: OS ARQUIVOS E A PROTECCIÓN DO PATRIMONIO DOCUMENTAL
Publicación
INFORME: RECUPERACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E MEMORIA DO MOVEMENTO FEMINISTA ORGANIZADO EN GALICIA
Publicación
ACTAS I, II E III ENCONTROS O SON DA MEMORIA
Publicación