Este documento de traballo recolle os principais datos das actividades culturais nas institucións encargadas da custodia e catalogación do patrimonio documental e bibliográfico. Os arquivos sustentan unha parte fundamental da memoria colectiva, ao mesmo tempo que constitúen o soporte testemuñal da historia. Deste xeito, amósanse como unha ferramenta de coñecemento común, posto que son depositarios de información de carácter social e cultural, funcionando como custodios da documentación da actividade dunha institución, unha empresa ou mesmo unha persoa particular. As bibliotecas, pola súa banda, seguen sendo un espazo central para a cultura. As transformacións sociais e tecnolóxicas favoreceron unha adaptación destas ás novas necesidades dos seus usuarios.
| Título | Arquivos e bibliotecas |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 11 p. (Edición dixital) |
| Notas | Non hai edición en papel |
| Depósito Legal | Carece |
| DOI | Carece |
| Colección | Datos & Informes |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|












