Aberto o prazo de inscrición no concurso escolar de carteis da campaña para o comercio "Somos Boiro"


O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresarios organizan a primeira edición do concurso de carteis “Somos Boiro”, en colaboración cos equipos de dinamización lingüística do municipio. O premio está organizado en catro categorías por idades: ata 6 anos, de 7 a 9, entre 10 e 14 anos e para maiores de 15 anos.

“Somos Boiro” ten como finalidade sensibilizar os alumnos e a veciñanza na importancia do consumo local, o valor do patrimonio e da lingua galega.
O prazo para presentar propostas remata o 1 de abril de 2024. Tes toda a información na páxina do Concello.