
Por unha peseta
O brinde. O conto. O canto. A peseta. A Pregunta.
O brinde. O conto. O canto. A peseta. A Pregunta. Cinco pílulas que teñen a aús orixe do traballo conxunto de Faia Díaz e Vero Rilo, onde voz narrada e cantada se achegan para atopar canto vale unha peseta.Son historias de vida que achegan a partes iguais o humor, a sensibilidade e a tenrura propias da xente. Por unha peseta fainos mirar atrás dende un punto de vista actual respectando saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.
Encargado polo Consello da Cultura Galega como peche dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística