Monografías

----

Monografías

O CDSG ofrece unha colección de sociolingüística galega que ten por propósito dar servizo a especialistas e persoas interesadas nesta área. Fan parte dela ensaios, estudos, informes, teses e actas de congresos que analizan a situación do idioma galego. Tamén obras lexicográficas e terminolóxicas ou manuais de carácter práctico relacionados con ámbitos moi diversos.

Ademais desta, denominada Colección Galicia, contamos tamén cunha Colección Xeral na que vas atopar, seguindo a mesma clasificación de materias, títulos sobre sociolingüística xeral e doutras linguas minorizadas.

Os fondos monográficos do CDSG poden consultarse en sala, con cita previa, e solicitarse como préstamo a domicilio. Tamén poden consultarse en liña no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia, do que forma parte o fondo do Consello da Cultura Galega.

Accede ao Catálogo de monografías.

Recomendamos: