Publicacións periódicas

----

Publicacións periódicas

O CDSG conta nos seus fondos cun total de 512 títulos de publicacións periódicas, que se poden consultar en sala ou levar como préstamo a domicilio no caso de haber varios exemplares dispoñibles.

A hemeroteca está composta por revistas, boletíns e xornais editados por institucións, organismos oficiais e asociacións. A súa temática adoita estar relacionada coa sociolingüística, pero tamén dispoñemos doutras publicacións de temática diversa que conservamos como mostra, por seren pioneiras no uso do galego ou doutras linguas minorizadas nos seus respectivos campos.

Establecemos catro categorías para agrupalas:

- Sociolingüística: publicacións en curso con contidos de lingua, de sociolingüística galega e doutras linguas minorizadas.

- Publicacións de mostra: revistas de temática diversa recollidas como mostra do que se edita en galego ou noutras linguas minorizadas.

- Revistas escolares: boletíns e xornais elaborados polos centros de ensino ou polos seus equipos de dinamización lingüística.

- Publicacións pechadas: publicacións que se deixaron de editar.

Accede ao Catálogo de Publicacións Periódicas.

Accede ao Boletín de Sumarios 2021.

A hemeroteca está composta por revistas, boletíns e xornais editados por institucións, organismos oficiais e asociacións A súa temática adoita estar relacionada coa sociolingüística, pero tamén dispoñemos doutras publicacións de temática diversa que conservamos como mostra, por seren pioneiras no uso do galego ou doutras linguas minorizadas nos seus respectivos campos Establecemos catro categorías para agrupalas: - Sociolingüística: publicacións en curso con contidos de lingua, de sociolingüística galega e doutras linguas minorizadas - Publicacións de mostra: revistas de temática diversa recollidas como mostra do que se edita en galego ou noutras linguas minorizadas - Revistas escolares: boletíns e xornais elaborados polos centros de ensino ou polos seus equipos de dinamización lingüística

Recomendamos: