Artesa

----

Artesa

Artesa é unha exposición virtual centrada en dar difusión a recursos de interese para a dinamización do uso da lingua galega. A través de paneis, amosamos información sobre iniciativas, campañas, materiais ou proxectos de entidades e colectivos que teñen a promoción do galego entre os seus obxectivos.

Cada mostra está vinculada a unha edición dos Encontros para a Normalización Lingüística e relaciónase coa súa temática.

A través de paneis, amosamos información sobre iniciativas, campañas, materiais ou proxectos de entidades e colectivos que teñen a promoción do galego entre os seus obxectivos Cada mostra está vinculada a unha edición dos Encontros para a Normalización Lingüística e relaciónase coa súa temática



Artesa 2016

Os recursos dixitais. A primeira edición da Artesa pon o foco na variedade e calidade das ferramentas normalizadoras que podemos atopar en formatos accesibles. Ciencia, lecer, toponimia, difusión do corpus, educación, tecnoloxía… recollemos só unha pequena mostra do valioso labor que o tecido social galego realiza para prestixiar a lingua e promover o seu uso.



Artesa 2017

Os dereitos lingüísticos. Reunimos iniciativas orientadas a dar soporte aos falantes na demanda dunha aplicación efectiva do dereito a vivir en galego. Trátase de repertorios e actividades comunitarias; espazos de denuncia e contextos favorecedores; da ciencia e da música, pasando polo ámbito socioeconómico.



Artesa 2018

Deporte e lingua. Seleccionamos experiencias de intervención no ámbito municipal e no ensino. Tamén iniciativas de asociacións e institucións, manuais deportivos e medios de comunicación. Todas elas son exemplos exitosos da creación de espazos que reforzan a identidade colectiva e a lingua galega como a súa expresión.




Artesa 2019

Divulgación científica en galego. Nesta mostra destacan, por mérito propio, os recursos relacionados coa educación. Tanto proxectos dos centros de ensino coma moitas achegas de docentes e as asociacións que os agrupan. Amais, achegámonos ao labor de entidades e profesionais de referencia na produción científica en galego.

Recomendamos: