Outros fondos

----

Outros fondos

Lexislación e documentación oficial

O CDSG realiza compilacións de disposicións normativas a través do baleirado diario de diferentes fontes de información de ámbito galego, como o Diario Oficial de Galicia ou os boletíns das catro deputacións provinciais. Tamén revisamos periodicamente bases de datos en liña e outras publicacións especializadas en lexislación lingüística.

Como resultado deste labor, mantemos un arquivo con regulamentacións dos distintos ámbitos de decisión galegos. Exemplos desta documentación son as ordenanzas municipais de normalización lingüística, as convocatorias de subvencións para a promoción do galego, as RPT municipais con postos de perfil lingüístico ou, con carácter xeral, toda a normativa legal con algún tipo de regulamentación que afecte ao noso idioma.

Prensa

Conservamos novas, artigos de opinión, editoriais e entrevistas con contidos de sociolingüística dos principais xornais galegos. Temos ao dispor dos usuarios e usuarias cadernos de prensa do período comprendido entre 1987 e 2012 incluído; de elaboración propia e de entidades como o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela ou a Mesa pola Normalización Lingüística. Así mesmo, contamos con monográficos sobre temas de especial relevancia acontecidos neste mesmo período.

En 2012, o aproveitamento das novas tecnoloxías permitiunos comezar a ofrecer o servizo Lingua en Titulares, un caderno de prensa en liña diario no que compilamos as novas publicadas sobre lingua a partir dunha selección de máis de 30 medios destacados. En 2015 suspendeuse o servizo en virtude da Lei de propiedade intelectual que entrou en vigor o 1 de xaneiro. A base de datos, que comprende noticias ata 2020, e os cadernos de prensa poden consultarse en sala con cita previa.

Para manterte ao día da actualidade sobre sociolingüística galega, ofrecémosche o noso servizo de novas.

Recomendamos: