A UVigo concédelle o «Gal Ego» 2026 á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía


A Universidade de Vigo concedeulle á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía o distintivo de galeguización «Gal Ego» 2026, deseñado para recoñecer anualmente a facultade ou escola universitaria que máis promova o emprego do galego. O distintivo ten unha vixencia de catro anos e, ademais dunha insignia para a exposición pública, os centros seleccionados reciben tamén unha contía de 3.000 euros, que poderán destinar a actividades de promoción lingüística.

Se desexas obter máis información sobre este distintivo, preme aquí.