O proxecto "Modo galego, actívao!" continuará aplicándose en Ames e estenderase a Rois


A Real Academia Galega anuncia unha nova edición de Modo galego, actívao!, programa de dinamización e investigación do galego na infancia.

A colaboración entre a Academia e o Concello de Ames, iniciada en 2023, consiste nunha experiencia de inmersión en galego de tres semanas en todos os centros públicos de infantil e primaria do municipio, así como nos espazos de educación non formal (actividades extraescolares ou comedores). A seguir, o Seminario de Sociolingüística da Academia procede á avaliación científica de cada edición.

En Ames implica máis de 2 000 nenos e nenas e uns 200 docentes; en Rois participarán preto de 300 estudantes e uns 40 profesores e profesoras que permitirán analizar a efectividade do proxecto nun concello de menos de 5 000 habitantes e características diferentes en canto ao uso da lingua galega.

Podes coñecer máis detalles na páxina web da RAG.