Nace Ludogal, a plataforma de creación de xogos en liña en galego


Ludogal preséntase como a "maior plataforma de xogos en liña en galego", co propósito de converterse nunha nova ventá en lingua galega en internet. Para a súa estrea, lanza Xeogal e Xeobusca, ligados á xeografía, e Verbogal, á gramática. A estas novas ferramentas úneselles Pensatermos 2.0, un xogo que vén do que creara a Mesa pola Normalización Lingüística, colaboradora desta iniciativa.

O rexistro é de balde e pode orientarse ao lecer mais tamén ao uso educativo.