O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e a UVigo organizan Contos de Inverno, sesións pensadas para pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego.
O xoves 19 de novembro de 2026 estará dedicada a Bótalle un conto, un concurso de narración oral en galego promovido polo SNL de Pontevedra. O 25 de novembro e o 3 de decembro, finalistas do mesmo acompañarán á actriz e narradora oral Atenea García e ao poeta e narrador Celso Sanmartín.
Máis información aquí.

