Premio Paraugas da Comunicación e do Márketing de Galicia para "Galego de peto"


Larissa e Leticia da Silveira, alumnas do Máster en Dirección de Arte en Publicidade da Universidade de Vigo, recolleron o venres, 13 de novembro, o Premio Paraugas 2026 na categoría "Estudantes". O proxecto co que gañaron foi Galego de peto, un minidicionario-chaveiro estruturado en catro capítulos (Saudar, Tempo e paisaxe, Á mesa e Sentir), que presenta unha definición sinxela e un exemplo de uso de cada termo. Este recurso parte da experiencia persoal das autoras cando chegaron a Galicia e está pensado para levar a calquera parte ou regalar a quen acaba de chegar.