Publicado o Real decreto que regula as medidas de promoción da diversidade lingüística no audiovisual


O Boletín Oficial do Estado do 13 de novembro publica o Real decreto 980/2026, do 11 de novembro, polo que se desenvolve o réxime xurídico da obrigación de promoción de obra audiovisual europea e da diversidade lingüística.

Con esta regulación, unha mellora para a lingua galega é que goza de concreción á hora de delimitar a súa presenza na televisión e as plataformas de servizos baixo demanda, o que supón un aumento desta. O mesmo acontece coas obrigas de financiamento anticipado, as cales incorporan a produción audiovisual nas linguas cooficiais.