Música e poesía para darlle vitaminas ao galego


A plataforma Vitaminas para o galego organiza un festival destinado a recadar fondos para os medios de comunicación en galego que conforman a plataforma. O festival terá lugar o vindeiro 27 de abril, ás 22:00 h, na Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela) .

O acto comezará cun recital poético a cargo de Olalla Cociña, Xia Arias, Alicia Fernández e Gonzalo Hermo, e a seguir actuará o grupo musical Terbutalina. As entradas teñen un custo de 4 euros (5 o propio día do concerto). Tamén se pode colaborar cunha achega de 10 euros a través da fila cero.