Novo proxecto para a introdución do galego no audiovisual internacional


Miguel Ángel Lago e Pablo Salgado, estudantes do 1º curso do Grao de Enxeñaría Informática da USC, presentan o seu web Subtítulosengalego.com, un proxecto que ten como principal obxectivo introducir o idioma galego no ámbito do audiovisual internacional.

Os promotores da iniciativa poñen ao dispor do público os subtítulos en galego de diferentes series, documentais e filmes de referencia a nivel internacional, ofrecéndonos a posibilidade de escoitalos na súa versión orixinal. Actualmente xa se poden descargar, entre outros, os subtítulos de coñecidos filmes como O Padriño (1972) ou Cisne negro (2010), e de series actuais como The Walking Dead. O proxecto está en continua actualización polo que a listaxe de obras subtituladas incrementarase periodicamente.